IX ÉPOCA

14.12.08

Miserias

A aparición no horizonte dunha importantísima cantidade de diñeiro do Estado para ser distribuído polos Concellos en función do seu número de habitantes, o chamado Fondo de Inversión Local, vén de poñer de manifesto novamente a miseria política, ética e mesmo persoal dos do bipartito local. No tanto mesmo de enteirarse do correspondía a Vigo, 52 millóns de euros para gastar en investimentos en 2009, Caballero e Domínguez amosaron, cada un coa súa vulgar particularidade, a súa faciana máis sectaria. En lugar dunha seria reflexión e traballo en común para determinar cales son as necesidades máis urxentes da cidade, en lugar de defenderen os intereses xerais que obrigarían a seleccionar, con independenza das áreas de goberno de cada quen, accións e proxectos a partires dunha seria análise de prioridades; en lugar de servir ás necesidades da poboación, apuráronse a pedir cada un a súa parte no botín. Como nos teñen xa afeitos, o reparto non se fará entre proxectos seleccionados por urxencia e prioridade, non. O reparto será coma nun barco pirata: tanto para o capitán, tanto para os mañiñeiros... e que cada un satisfaga, como mellor sirva ós seus intereses de grupo, ós da súa peña.
Claro que unha vez acordado tan miserable reparto, case é pior escoitar en que pensan gastalo. Caballero, sen preguntar a ninguén, xa o dixo cando aínda estaba quente a aprobación do Fondo: en beirarrúas (o que agora chaman humanización e en tempos de Agustín Arca e Soto se chamaba "aceras") e parques infantís (meu deus!, xa dixo publicamente que todo o que queira un, que o pida!). Respondía así o noso alcalde, sen máis preámbulos nin consecuentes, ao que semella ser a directriz do seu partido: obra, moita obra.. e que se vexa.
Tanto ten que o Decreto do Goberno indique un variado ámbito de actuacións como son a mellora dos espazos urbanos, rehabilitación de equipamentos e edificios municipais de uso social, sanitario, cultural ou educativo, do patrimonio cultural, saneamento e prevención da contaminación... pouco importan as graves deficiencias que en materia de saneamento e contaminación sofre a nosa cidade e que son de directa responsabilidade do Concello, tal e como vén de denunciar un informe de augas de Galicia no que se pon de manifesto a existencia de, nada menos, que 76 focos de vertido de augas residuais á ría producidos por deficiencias na rede municipal de saneamento. Tanto ten que o estado de conservación dos colexios sexa deficiente e que as queixas de pais e profesores caian sistematicamente en saco roto. Qué máis dá que Vigo só teña unha biblioteca pública e mateña unha ridícula oferta de actividades permanentes para os adultos ou que o seu patrimonio histórico e monumental permaneza no máis absoluto abandono...
Tanto ten: é que alguén cré que van gastar os cartos en "enterrar tuberías" na máis ampla interpretación desta frase?. Non. Serán aceras e máis aceras. Si, desas obras "por un Vigo millor" que Agustín Arca sabía que xeraban moito agradecemento na masa eleitoral das parroquias, e un amplo "marxe" noutros sitios innombrables.

Débese recoñecer que as primeiras novas de como se vai gastar o bigoberno-BNG a súa parte no botín, é algo máis esperanzador. Claro que non poden evitar gastar todo o que poidan no anaco de territorio que lles tocou, e xa manifestaron que as rúas do Casco Vello serán obxecto preferente. Claro que non sabemos por que nono fixeron antes, tendo en conta que xestionan uns cantos millóns de euros do Consorcio que, ao non saber cómo gastalos, queren fundir en funiculares. Claro que non sabemos se o que pretenden é -como xa teñen contratado na rúa Teófilo Llorente- rehabilitar rúas xa rehabilitadas para "hmanizalas" e convertilas en territorio cheo de xardineiras e banquiños, destrozando a estructura e materiais dos pavimentos tradicionais do rueiro da nosa zona histórica. Pero debemos recoñecer que o tenente Oliveira portouse e consultou ao seu equipo, resultado do cal será, afortunadamente, mesmo a construccón dalgunha biblioteca de barrio, na conciencia de que os vigueses, ademais de comer asfalto e pedra, tamén deberían meter na súa dieta algún que outro libro.

Resulta próximo ao patetismo que a noticia de que o Concello de Vigo recibiría para gastar nun só ano 8.000 millóns de pesetas, non xerase nos "axentes sociais" practicamente ningunha resposta, reflexió, análise, crítica, reivindicación. Resulta dramático pensar que estamos nas mans, realmente, de quen esta cidade se merece.

Non embargantes, señores, vixíen en 2009 os sumidoiros: é un bo ano para ver como circulan por eles centos de miles de euros. Al loro!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Magnífico artículo. Sabiendo como se sabe que el futuro está en la educación y en las nuevas tecnologías, no hemos oido nada sobre inversiones en mejora de la oferta educativa (segundas oportunidades para las personas que no lograron titulación, por ejemplo) ni sobre iniciativas para alfabetizar en tecnologías de la información y la comunicación reduciendo la brecha digital. Y sobre todo, ¿colaboran la iniciativas a crear y mantener puestos de trabajo duraderos?

Anónimo dixo...

Con esos antecedentes, non e de estrañar que eses dous se poñan esa gafas pra pasares desapercebidos como Alí Baba e os cuarenta ladrons.

Anónimo dixo...

Sobre el primer comentario de L. Otero, otrosí diría: Por ejemplo, La Escuela de Artes y Oficios, dejada de la mano de dios y del Concello. Cursos que desaparcen sin explicaciones, profesores con contratos interinos desde hace 14 años, sin presupuesto para reparaciones o sustituciones de material pedagógico... ¿sigo?
¡Que tropa!!

Anónimo dixo...

Y luego hablabamos de la época de Fraga y su censura de prensa...

jajajajaja

¿A que protexedes?