Anova non descarta a unión co BNG e lembra que o seu apoio axudou a Pontón
nos resultados das eleccións galegas
-
Antón Sánchez e os alcaldes de Rianxo e Sada, entre as persoas que
acompañarán a Noriega na dirección de Anova.
IX ÉPOCA
31.8.08
Defender a costa, planificar o futuro
Os depredadores inmobiliarios puxeron o berro no ceo co anuncio da protección fronte á construcción nos primeiros cincocentos metros do litoral de Galicia. Para eles, o modelo a seguir é o que agora morre: o destrozo masivo da costa do mediterráneo español. Nada menos. Para os axentes económicos, a protección do litoral é incompatible co desenvolvemento turístico, que eles seica só conciben como a acumulación de apartamentos, hoteis, adosados e chiringuitos varios a pé de praia.
Sen embargo, precisamente en Galicia é aínda posible e viable un turismo sostible, mesmo ese que, planteado en exclusiva, tamén vai en decadencia hoxe, de sol e praia. O que non é viable é acometer un turismo deste tipo a base de cargarse o valor que se pretende vender, a praia (o sol, porque non poden).
Planificar o futuro neste tema tan transcendental, debería pasar pola comprensión global do territorio de Galicia, dividido cada vez máis entre unha poboación interior que se morre e desaparece, deixando tras de si terras de cultivo, vilas pequenas e aldeas de altísima calidade ambiental e paisaxística, e unha costa "rica" que sofre unha cada vez maior presión inmobiliaria e deterioro ambiental. E esta compresión debería levar a acometer políticas que estructuren e cosan o territorio na súa totalidade coa finalidade de acadar, á vez, a rexeneración do interior e o uso sostible do litoral.
Como se logra isto?: cunha cobizosa planificación do territorio, baseada na salvagarda e potenciación dos valores que singularizan a Galicia, que prevexa unha rede de comunicación interna de carácter intermodal, rápida, limpa e eficaz que relacione racionalmente o interior e a costa. Por que non vai ser un lugar de residencia turística "litoral" unha aldea rehabilitada no interior das provincias de Coruña, Lugo e Pontevedra que se atope comunicada con praias de referencia a menos de media hora de traxecto? Por que non planificar as "urbanizacións" para turistas ocasionais ou residentes (eses vellos europeos cos que soñan os promotores galegos que decidan pasar a súa xubilación por aquí) rehabilitando e rexenerando a estructura tradicional do territorio en abandono e proxectando sobre o futuro un panorama de altísima calidade rural-litoral?.
Unha planificación territorial decidida e complexa, lonxe dos reduccionismos normativistas que nada suporán de cambio nas tendencias especulativas e destructivas que se albiscan, e atenta a facer realidade un desenvolvemento económico realmente sostible que compatibilice o inorme potencial turístico de Galicia con, xustamente, os elementos paisaxísticos e patrimoniais que están na base do seu atractivo.
P.S. Claro que nisto dos 500 metros, sempre existirá a famosa excepción do "solo urbano consolidado" que os PXOM especulativos como o de Vigo, extende a boa parte do seu litoral, e que produce pelotazos planificados, como este escandaloso, hoxe mesmo, na praia do Vao.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Y digo yo, si a Carmela la han nombrado portavoz del Senado por heroicidades como ésta, ¿qué harán con Chemita? ... ¿Qué os parece conselleiro de Política Teritorial con Núñez Feijóo? Talentos tan desprendidos como el suyo no se pueden desaprovechar. ¡Faltaría más!
Entiendo que los promotores estén preocupados, pero se equivocan cuando intentan convencernos de que construir a pie de playa beneficia al sector turístico. Se equivocan por que la conservación de los recursos naturales para el disfrute de los visitantes, retiene cada vez más prestigio y potencial comercial dentro de los destinos turísticos. Un litoral completamente edificado sería para el Turismo como una silla sin patas.
Muy acertada tu opinión Pablo. La compartimos plenamente
http://turismodepontevedra.blogspot.com/2008/08/liberar-la-costa-de-la-construccin.html
Publicar un comentario