IX ÉPOCA

25.8.08

Máis recheos en Bouzas (R)

Remitido por Bouzas-móvete:

Os entullos do aparcadoiro soterrado de Pintor Colmeiro están sendo utilizados para facer un recheo no asteleiro Lagos. Non se almacenan para facer un futuro recheo, como sinalaban o sábado algúns medios de comunicación, senón que se está facendo un recheo xa. Anexo duas fotos do novo recheo.
Non hai máis que seguir aos camións desde esta obra para darse conta que a constructora minte ao afirmar que os entullos só se trasladan a vetedoiros de Redondela e Mos e ao Porto de Marín.

Nas últimas décadas os recheos na Ría de Vigo foron modificando a liña do litoral o que provocou cambios na dinámica de correntes afectando ás praias que van quedando sen area como Samil ou Alcabre, aos bancos marisqueiros e a toda a vida mariña. De seguir así a Ría de Vigo será un enorme Porto bañado de aguas completamente mortas.
Por cada recheo que se fixo, nas últimas décadas, as autoridades, tanto municipais como portuarias aseguraron que era o último, que non se ia a rechear máis na Ría, pero parece que nunca teñen suficiente, parece que até que maten a Ría por completo non van quedar tranquilos.
O espazo portuario está infrautilizado e mal xestionado, utilízase para todo tipo de actividades, que non teñen nada que ver co porto.
Os recheos fixéronse, até agora sen ningún tipo de planificación e séguese actuando do mesmo xeito. Xusto ao lado onde se está a rechear, ao outro lado do embarcadoiro dos botes de remo do Nautico, hai unha esplanada rodeada por un muro que nunca se utilizou para nada, durante os máis de 50 anos que leva esa superficie gañada ao mar. Sería lóxico que se o asteleiro Lagos precisara de máis superficie, a Autoridade Portuaria lle cedera está superficie valeira e non autorizara un recheo novo.
Ademáis que pintan en superficie portuaria unha escola de imaxe e son (feita hai catro anos e que tapou a única abertura ao mar do centro de Bouzas), un instituto, un polideportivo, un centro social, un almacén de veículos, fábricas de conservas, un campo de futbol, as oficinas, sala de exposicións e almacenes da Zona Franca, unha empresa de fritidos, e todo un sinfín de naves, industrias e oficinas que poderían estar en calquera polígono industrial dos arredores?
Como se atreven a decir que precisan espacio portuario e que hai que facer recheos?
A Ría de Vigo é un dos ecosistemas mariños de maior produción biolóxica do mundo, e en vez de aproveitar esta regalo da natureza están empeñados en destruila por completo no nome dun falso progreso que nos vai levar á ruina.

FOTOS: Bouzas-móvete

1 comentario:

Anónimo dixo...

Los maestros -que hay muchos, porque se trabaja poco- tenían que concienciar a los niños ya, en la escuela de éstos problemas y que amasen el medio ambiente, en vez de andar de colegas con ellos a fumar porros. No se enfade nadia. Pues entonces, hagan lo que digo yo. Y así nos iria mucho mejor, porque el problema empieza en la mala enseñanza y pésima calidad de la misma existente hoy. Maestros que no solo es cobrar y vacaciones. Perdón. El que quiera que entienda.