IX ÉPOCA

8.8.08

Expropiacións temporais

O Concello vén de dotarse dunha ordenanza que permite a expropiación de fincas cando os propietarios non acometan as necesarias reformas. O instrumento legal ten apariencia de ser lento e , como moito, initmidatorio polo que a súa eficacia será reducida.
O problema é grave e ten repercusións importantes como se pon de manifesto nocaso do abandono dos montes e o conseguinte aumento de perigo de incendio. Na cidade, os perigos de derrumbamento e os riscos sanitarios xuntanse coa contaminación visual orixinando un empobrecemento do contorno urbano que acaba tendo repecusións sociais. Pero é que ademais, en moitos casos o abandono ten causas especulativas cando os donos agardan modificacións das normas que valoricen as súas propiedades.
Tendo en conta esta situación parecería máis axeitado desenvolverconvenios de ocupación pública temporal de solares de maneira que, cunha pequena inversión pública, quedaran para o disfrute público mentres non se acometeran obras de acondicionamente ou de nova construcción. Dado que os retrasos na planificación e execución son a regra e non a excepción, permitiría que os cidadáns disfrutaran de zonas verdes, sen perigo de ratas e nun entorno agradable ou que o Concello dispuxera de espacio para almacenar coches retirados polo grúa sen ter que pagar un elevado aluguer a Fernández Alvariño. Así, poderíamos ter fermosos xardíns no solar de Casa Mar, en Bodegas Bandeira no Calvario, en Serafín Avendaño en Teis e mesmo na Praza de España.

Evidentemente os convenios Concello-propietarios terían un límite temporal pactado e , estou seguro, que alguén pensará que non paga a pena facer instalacións temporais. Sen embargo, se se paran a pensar un pouco vivimos nun concello -nunha sociedade? - que cada vez máis invirte no efímero e que desenvolve tecnoloxía para elo. Vexan:

- invertimos máis de millón e medio de euros na efímera preparación duns efímeros xogos universitarios
- invertimos non sei cantos millóns de euros en festas e festivais que duran horas ou dias
- montamos carpas, inflables, carteis e bandeirolas con caducidade
- somos quen de trasplantar árbores das nosas beirarrúas sen problemas (ou iso din)
- incluso abrimos oficinas, contratamos asistencias técnicas e pagamos informes de obras e proxectos que nunca se realizan
Así que facer zonas verdes provisionais en solares abandonados tería unha rentabilidade económica semellante as actuacións ennumeradas e, os cidadáns maiores e pequenos quedaríamos agradecidos de atopar catro bancos, unha pérgola e media ducía de árbores en vez de muros e vallas publicitarias.

Claro que, de quén sería a competencia: da Alcaldía ou da Tenencia?

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Señores,

xa temos unha nova especia dentro da urbana fauna de Vigo, que sumar ao Sireno e a Dragona: o Can-buho do C.C. de A Laxe.

Pasen y vean:
http://img149.imageshack.us/img149/19/93190759oo9.jpg
http://img149.imageshack.us/img149/8885/1buo2.jpg
http://img149.imageshack.us/img149/3599/38285661mj2.jpg

Att. Raposo

quevigo.blogspot.com dixo...

Efímero lo es todo ¡incluso la vida! Mas lo que no parece efímero es el sr.Caballero; fue ministro, eurodiputado... y ahora tararea (de ¿tarar?) estúpidos proyectos grandilocuentes.

Ad astra per aspera dixo...

me pregunto si quienes le votan se han dado cuenta de que sus grandilocuentes proyectos portuarios se han quedado en nada...

Lavadores Concello Xa. dixo...

Bueno, perdón y hablando de expropiaciones quisiera manifestar que pueden empezar por los mamotretos que va a dejar en Vigo y como nidos de ratas -las buenas están vendidas- el Sr. Karpin, que en ésta aldea grande tiene de todo, amigos y detratores, yo, simplemente quiero dejar claro y por lo que se comentó siempre en los círculos financieros, puesto que era sabida hace mucho tiempo y en algúna ocasión tambien dejé constancia de ello en este distinguido foro, es que Karpin, ní tanto ní tampoco, era y es un simple testaferro, que ahora le dan otro destino. Creo, que a buenos entendedores pocas palabras bastan. Pero por favor, que no instauren otro martir, que no es asi y se sabia. Incluso, se buscaba la presidencia del Celta, que salió mal y ahora no interesa. Gracias y perdón, si hiero la sensibilidad de alguien.

Galopin dixo...

¿Esto se refiere también a los impresentables que dejan abandonadas sus propiedades? ¿Sí? Pues que vaya tomando nota el mentiroso alcalde Caballero.
Una conocida líderesa vecinal del PP, y dama de mucha prosapia, Marina Tomé, dejó abandonada su vivienda en Canadelo Baixo 27, hace como cuatro o cinco años. La casa se cae de puro vieja, pero lo peor es la finca anexa, entre dicha calle y la autopista. Aquello parece la selva amazónica; enredaderas de varias especies alfombran el alto muro que da a Canadelo, habiendo llegado ya a la propia calzada; las ramas de los muchos arboles que hay en la finca ya hacen una especie de bóveda sobre la calle, unido todo ello, además, a que los "diligentes" empleados de Cespa se "olvidaron" el otoño pasado de podar los plátanos que allí hay.
Hace dos años, aprovechando la estancia de la Sra. de Palmírez en el concello, "casualmente" del mismo partido que la interfecta, apareció por allí una brigada municipal con ordenes de limpiar la finca. Algún vecino llamó al Concello para interesarse por tan insólita eficacia, y no pasó ni media hora y la dicha brigada municipal esfumóse cual humo.
¡Jooo que tropa!!