Levamos en Vigoblog nada menos que 32 entradas directas adicadas ao tema dos vertidos industriais e da depuración de augas en Vigo. Trinta e dúas veces, dende hai máis de dous anos, denunciando a irresponsabilidade do/s gobernos municipais sobre este tema, e o uso puro e duro da propaganda para tapar temas de saúde ambiental por parte dos responsables ("técnicos" e políticos) municipais. Denunciando as cortinas de fume en forma de visitas con botas de auga e caxatos ao rio Lagares e reclamando que se cumpra a normativa de vertidos que dende o ano 1994 está vixente en Vigo.
Agora o Faro de Vigo descubre a pólvora e infórmanos do que xa sabiamos e informamos xa hai moito tempo: que as industrias nesta cidade están fóra de control no que se refire á xestión dos seus vertidos contaminantes, que se desfán deles non se sabe onde ou directamente sen depurar aos colectores e, destes, á depuradora. Unha instalación que tivo un custo millonario e que ten que apandar cunhas substancias que nunca deberían chegar a ela e que, con seguridade, son unha das causas evitables do seu mal funcionamento. O Faro orixina esta información en informes de inspectores municipais. Algo non encaixa nesta vaina: ou non había antes inspectores, ou non facían ou seu traballo, ou facían o seu traballo e non lles facían caso... Porque as industrias das que falan (e só falan dunha parte, das que están nas beiras do Lagares) levan moitos anos incumprindo.
A Unión Europea debería estar informada disto, antes de dar o entolecido paso de facer unha macrodepuradora na Xunqueira do Lagares. Non se pode arranxar o problema medioambiental e sanitario dos vertidos cunha "solución" ao final do proceso. Porque se non se pon orde no sistema de vertido a colectores, a macrodepuradora volverá a "botar por fóra", por máis moderna e soterrada que sexa, ao ser sistematicamente "atacada" pola diversa e descontrolada variedade de productos químicos e residuos industriais que diariamente van polos tubos.
Non é a primeira vez que apuntamos responsables. Existen, son coñecidos, están localizados e deberían xulgalos por xogar coa nosa saúde e coa do noso entorno.
Dende Vigoblog buscamos nas hemerotecas , axitamos a memoria, e afirmamos que o que acaba de declarar Chus Lago a Faro de Vigo é a mesma cantinela repetida durante anos polos responsables municipais de Medio ambiente e de saneameno dende a aprobación en 1994 de primeira ordenanza municipal de vertidos (Lola Villarino, Montero, Amador Fernández, Chus Lago) sen que nunca fixeran absolutamnete NADA para solucionalo, agás encherse a boca facéndose pasar polos descubridores de tamaña ilegalidade e firmes defensores da súa persecución.
Mágoa das hemerotecas...
Ninguén se anima a poñer unha denuncia na fiscalía ou un informe para a Unión Europea contándolles cómo se gastaron os seus diñeiros para Plans de saneamento en Vigo? máis que nada para que non sigan facendo o pardillo.
Sumar Galicia completa este sábado o seu proceso constituínte, liderada por
Paulo Carlos López e Verónica Martínez Barbero
-
Á clausura da asemblea, na Facultade de Psicoloxía da USC, está previsto
que asista a vicepresidenta Yolanda Díaz.
4 comentarios:
Non sei onde deixar este comentario, pero agardo que o blog se faga eco dunha nova que viña hai uns días no faro onde un concelleiro de BNG presenta o cartel do entroido de este ano... mellor dito, presenta o programa de actos do entroido porque o cartel non foi sacado a concurso público como os anos anteriores... vergonza dáme este cacequismo!! Agardo que se fagan eco desta nova e investiguen que axencia ou deseñador/a está detrás deste amiguismo a dedo. E este é o BNG que quería facer unha cidade para á xente? Pois ben non deixa que os vigueses e viguesas participemos da nosa cidade!
¡Ostias!. Apareciò Chus Lago.
Esta moza non estaba nas cumbres escalando pois para a política non parece valer moito.
Claro que si tratase de escalar a Don ABEL veñelle moi ben.
Saludos. Javier Sueiro.
Caballero la utilizo para arañar algunos votos igual que utiliza a todo el mundo ahora la dejo tirada y con el asunto mas peliagodo como denuncia Pablo.
Ella tendria que pasarse al grupo mixto y joderlo cuando quisiera para ver que cara les quedaba al Felpudo y al prepotente.
¡¡ANIMO CHUS, PAGALE CON LA MISMA MONEDA A ESE IMPRESENTABLE!! TE UTILIZO PERO TAMPOCO TE DEJES UTILIZAR POR ALGUNOS DEL PP QUE AHI TAMBIEN TIENEN MUCHA TREPA COMO LA MOLARES QUE ES UNA ARPIA DE COJONES
Publicar un comentario