Condenado a 14 anos de prisión por abusar sexualmente da neta menor da súa
parella durante seis anos
-
Durante o tempo en que duraron os abusos, desde que contaba con 8 anos ata
preto dos 15, a nena non contou o que lle estaba pasando "porque tiña medo,
sent...
IX ÉPOCA
5.1.08
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
11 comentarios:
non estaria de mais reflexionar sobre o que pasou ese día ,como se chegou a él , quen matou ese movemento - nunca mais - e... ¿ por qué ?
¿Por qué? Estaba demasiado politizado y monopolizado por un sector, que con mis respetos, no es el más adecuado. No hay más qeu ver TVG, que es demencial, no hay iniciativa, ni arte, ni nada de creatividad, solo dar trabajo a los esperan instrucciones ó se suman en estos casos, pues saben que siempre sus servicios prestados, seran renumerados. Me entendeis, pues podia ampliarmente mucho más. Pretendo no ofender, pero es lo que hay.
NM foi unha grande oportunidade de rexeneración democrática, infelizmente perdida grazas a aqueles que se desenvolven mellor nun ambiente de participación democrática restrinxida e "controlada". O "movemento" con grandes doses de espontaneidade e frescura, pivotaba sobre dous elementos, dende o meu punto de vista, "críticos" para "tocar" o cerne da corrupción:
-a defensa medioambiental de Galicia, dun desenvolvemento sustentable (pensemos agora na corrupción urbanística municipal tan vencellada ao esnaquizamento da costa e de espazos naturais);
-a defensa democrática da poboación: non arbitrariedade, transparencia, non censura, responsabilidades políticas ós cargos electos...
Tal movemento non podía prosperar, naquel preciso momento asociativo, sen a "xenerosidade" e visión estratéxica honrada e coherente, das organizacións políticas de esquerda, nomeadamente do BNG, pola posición (canto menos imaxinaria) que ocupaba esta organización no panorama político galego.
Pero o BNG, ao que lle tocaba "liderar" esta ocación democrática, actuou exactamente ao revés: primeiro capitalizou groseramente o movemento situando nas coordinadoras, sen o máis mínimo pudor, a persoas publicamente vencelladas a ese "partido". Inmediatamente pasou a "capitalizar" a "imaxe" pública de NM nas manifestacións e accións deste movemento, enchendo cada unha de símbolos partidistas (a bandeira galega coa estrela), mentres o resto dos "non-alineados", conformabámonos coa nosa creatividade, cabreo e espontaneidade, alomáis cun disfraz, cunha pegatina de NM ou coas nosas propias mans "al vent".
Nun "movemento" que emerxe como NM, só os que tiñan unha capacidade organizativa alta (neste caso en Galicia o BNG) podían articulalo cara un ou outro lado -especialmente en Galicia onde a "masa crítica" é mínima e o esfarelamento do compromiso persoal das tradicionais organizacións sectoriais, máximo-. Non creo que o BNG se propuxese acabar con NM, senon que a "modulou" (a palabriña está de moda) e instrumentalizou en función non dos intereses xerais -que apuntarían ó maior aglutinamento organizativo posible das persoas (que con graos moi diversos de "conciencia") mobilizadas- senón dos seus propios intereses corporativos (isto non é nada novo, non hai máis que ver a actuación das centrais sindicais dentro do movemento obreiro, o papel de defensa corporativa dos liberados sindicais case vitalicios...) e da súa concepción "substituísta" (clásica na esquerda herdeira do estalinismo) na que existe unha identificación esencialista entre os intereses de clase e os da propia organización. É nesta lóxica na que se utiliza NM cun carácter esencialmente eleitoral: convócase mesmo unha nova manifestación de NM en Compostela pouco antes das eleccións, -para obrigar tamén ó desmarque do PSOE- na que asistimos, "incomprensiblemente", moita menos xente cá nas anteriores, cando o problema que suscitou o movemento é igoal ou maior cá no principio, reducindo o problema a que o goberno sexa do PP ou do BNG.
Ao final, un dos berros máis propiciados nas manifestacións era pura propaganda electoral "A culpa de quen é?: dos que votan ao PP"...
O interese do bloque pola defensa medio ambiental quedou de manifesto cando preferiron gobernar os centros de maiores antes que o desenvolvemento medio ambiental do pais.
Respecto á búsqueda de trasparencia, simpemente lembrar aquela asemeblea nacional de nomeamento de King Tana en pleno auxe de NM ou as palabras tan aplaudidas da ex-edil viguesa Silvia Bermudez de que as fiestras abertas están ben sempre que non entren moscas por elas.
Entre o bloque asambleario e o réxime de partido pechado actual foi crucial a política de sindicato amarelo que levaron acabo neses tempos.
Lembro ver unha reportaxe sobre o movemento social nacido despois do desastre do Erika, a seis meses do Prestige e que pensei "nós nunca seremos eses vellos mariñeros
agochados nunha taberna".
Eche o que hai os do Bloque, maís caciques que Fraga y os do Psoe, os pobriños amén de caciques, con tal de tocar poder ó que faga falta,-són a oficina de empleo maís grande de Europa, iso si pidenche o voto - así nos vai, pra que nón pensedes que soú do PP, direi que está todo dito sobre eles.
Olá!!
Concordo cos "Pablos", só que tiraría a palabra "modulou" e deixaríaa simplesmente en "instrumentalizou".
Saúdos!
Las cofradías de pescadores todas se entregaron al pp. Un escándalo que en la mayoría de los pueblos de la Costa da Morte saliera el pp en las elecciones.
Demasiado tejemaneje en la sombra mientras la izquierda dejaba pasar la oportunidad
Ola Remo!. Non hai máis que relér os foros de NM-Burla Negra ;-) cando, diante de calquera proposta de tirar para adiante con NM como movemento asemblario de base moi ampla, respostábase dende os ardentes defensores da "ortodoxia" frontista: iso é o BNG... y al carallo!
Realmente e visto con perspectiva, a instrumentalización de NM consistíu na súa desactivación como movemento de base e a utilización oportunista da "marca". A tal cousa se prestaron cunha inxenuidade que co tempo mesmo me semella mesmo, chamémoslle, sospeitosa, algúns "intelectuais" e "artistas". Dos restos da Burla Negra afíns ao BNG estructurouse o modelo artístico-clientelar-carpista deste Bloque populista-centrista na Consellería de Cultura: todo sexa por dar púlo á industria cultural galega (pero galega-galega).
Pero, xa o comentamos no Blog algunha vez: os grupos políticos realmente existentes están homologados ben polo poder, ben pola perspectiva de lograr poder. E tal homologación só persegue "alimentar" a unha nova caste de parásitos que ocupan -con siglas diferentes e cun case idéntico xeito de actuar adornado cun elemental discurso pseudoideolóxico diferenciado- os gobernos e a Administración Pública (cada vez menos pública).
Por iso, penso, era tan importante o aspecto democrático-radical (de raiz) da mobilización NM: o desenmascaramento dos auténticos intereses desa estructura parasitaria, esencialmente manipuladora e mentireira.
Daqueles polvos... estas lamas...
Núnca Maís tendriamos que soportor un alcalde como Caballero, anti-democrata, ó fixo él núnca se atreveu a facelo a PP, tendo motivos e ocasions, un plenoa porta pechada, contasllo os de fora é alucinan.
e Santi...tragando e o BNG...cobrando...e todos contentos.
Así foi, Pablo, porque un movimento coma NM que surde de forma espontanea (alomenos no meu caso e en moitos que coñezo, que non nos movilizou ninguén, movilizámonos nós sós ou a triste circunstáncia) non pode estar ceibo e sen control por parte dos titulares ou aspirantes ao poder, resulta-lles incómodo cando non perigoso. O poder, exérzao queno exerza, quer xente mansa, doméstica.
Saudiños, boa noite, bo descanso!!
Publicar un comentario