(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
IX ÉPOCA
17.1.08
Pola supresion da festa da Reconquista,abrimos o debate
Para iniciar o debate permitimonos a licencia de reproducir un artigo do Ferrín
Os que se chamen demócratas non deben esquencer que tal festa da Reconquista foi e é unha celebración nacionalcatólica e de raíz reaccionaria desde as orixes | X.L. MÉNDEZ FERRÍN
X.L. MÉNDEZ FERRÍN Desde o século XIX (coido) vense celebrando en Vigo unha festa chamada, con toda a intención ideolóxica, da Reconquista. Nela conmemórase a tomada da cidade, daquela en mans do exército bonapartista e leal ao Rei Xosé, por parte dunhas forzas comandadas por militares, frades e fidalgos que estaban polo vello absolutismo borbónico en días nos que xa lanzara a súa mensaxe á Humanidade a Revolución Francesa. Non hai dúbida de que se contrapuñan dúas concepcións do mundo: a bonapartista (laicismo, igualdade, ensino universal, centralismo, sanidade pública, código civil...) e a absolutista (privilexios nobiliarios, estamentalismo, monopolio ideolóxico da Igrexa Católica, Lei das 7 Partidas...). Naturalmente houbo tamén liberais que se uniron aos absolutistas tacticamente e por patriotismo, pro no Vigo da época non se notaron.
No franquismo recibiu moito impulso esta festa, que o pobo ollaba con receo. O alcalde Soto, que tanto símbolo franquismo eliminou, aceptou sen embargo a continuación da Reconquista, data na que se conceden os títulos de Vigués Distinguido. Os seus sucesores mantiveron a continuidade e, nos últimos tempos e copiando das Marías Pitas vazquistas, escenificaron tamén festa de disfraces da época. Durante os anos da monarquía vixente nunca se lembraron no Concello de Vigo, para os títulos de Vigueses Distinguidos, das víctimas do franquismo, cousa que este ano si queren facer os partidos democráticos da desmemoria anterior. A alcaldesa, do PP e polo tanto da tradición franquista, oponse a que no elenco de Vigueses Distinguidos do día da Reconquista se inclúa nada relacionado coas víctimas de 1936. Dos antifascistas presos, fuxidos, torturados, exiliados ou fusilados entre 1939 e 1975 e despois, digamos só os vigueses X.R. Reboiras, Humberto Baena ou Sánchez-Bravo, nin o BNG, nin o PSOE nin o PG queren saber nada: nunca existiron, deben de pensar estes demócratas e nacionalistas.
En todo caso, a todos lles desexo un bon Día da Reconquista, e que lle aplaudan ben a Pablo Morillo, quen uns poucos anos despois da fazaña entraba triunfalmente en Vigo ao mando dunha unidade francesa dos Cen Mil Fillos de San Luís, pro, desta vez, reaccionaria e bencida polo Papa. Mais, os que se chamen demócratas non deben esquencer que tal festa da Reconquista foi e é unha celebración nacionalcatólica e de raíz reaccionaria desde as orixes. Os que participen non deben ignorar que están a honrar figuras que fixeron aquela acción contra a Constitución de Baiona que lle outorgaba a Vigo o título de cidade capital de provincia (ou departamento), isto no caso dos asistentes seren viguistas. Haberá que lembrar que os asaltantes empuñaban as armas para impedir a liquidación do Tribunal da Inquisición e a separación da Igrexa e do Estado consustancial co bonapartismo: a aqueles cavernícolas da estatua da Praza da Independencia vai render homenaxe o Concello de Vigo! Era o municipalismo, a igualdade perante a lei, a noción de cidadanía o que o Rei Xosé quería implantar na España (así dicía el). Os partidos que hoxe se reclaman da tradición democrática e liberal e republicana e galeguista e nacionalista e progresista en Vigo deberán lembrar diante da estatua de Pablo Morillo que no acto central da festa da Reconquista están a renderse ao partido que hoxe representa a tradición do absolutismo, do carlismo, do anti-nacionalismo e do franquismo, partido que parece estar moi feliz da ignorancia dos seus contrarios e que insiste con arrogancia en ignorar as nosas víctimas, aínda sendo só unha parte das nosas víctimas.
Deica a procisión do Cristo da Victoria!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
19 comentarios:
o artigo foi publicado no Faro de Vigo o 27 de marzo de 2.006
E ten toda a razón.
Eu, que tería sido bonapartista e afrancesado durante a Guerra da Independencia e que son un dos poucos españois que lle ten lei ao Rei Xosé I, sería tamén partidario de que Vigo inscribise no seu calendario festivo a gloriosa data do 14 de Xullo, día dos feitos coñecidos como toma da Bastilla e símbolo da Revolución Francesa.
Pero vivimos nunha sociedade pluralista e democrática e, de momento, non pode ser. En realidade, a inmensa maioría dos vigueses nin honran nin deixan de honrar a Pablo Morillo, pois ninguén sabe quen é. Nin sequera saben qué coño de Reconquista é esa que se celebra. Eu creo que hai moitos convencidos de que é a Reconquista dos mouros, outra que tal baila. E qué lle imos facer!
De maneira que o importante é que haxa festa e que o pasemos todos ben, cada un á súa maneira. Hala. Bicos para todas.
o máis importante e facer dunha data unha reconquista o casco vello e deixarse de darlle voltas e instrumentalizalo todo.
E a historia non se olvida, e ogalla aprendamos dos erros pasados.
Pasadeo ben e fagamos das festas da nosa cidade a nosas festas.
Buffffffffff, puede resultar paradojico que una ciudad cuya población en gran medida "come" de una multinacional francesa celebre una fiesta en honor a la expulsión de los susodichos. De todas formas no olvidemos que son pocos los simbolos de identidad de la ciudad. Coincido en gran medida con anonimo la reconquista puede servir para disfrutar del casco vello, aunque antes hay que procurar que este en "condiciones". Por cierto alguien dijo alguna vez que el atraso de España en algunas cosas se debe que a que no hubo las tres erres, esto es Renacimiento, Revolución industrial y revolución francesa.
P.d.para la gente de Vigoblog :¿para cuando un articulo sobre la brillante gestión de Xulio Calviño? que consiste en anunciar una cosa y poner en práctica la contraria.
Estou de acordo co Sr. Ferrin, eú como núnca fún a esa festa, non estoú manchado é mais, debo denunciar .................. que na devandita festa, un francés, de Francia, empreñoú unha rapaza. Discúlpas po-lo m eú galego, soú da aldea.
Perdón por la interrupción y cambio de "mensaje", pero debo comunicar y según noticias de última hora en los mentideros financieros de la úrbe, hay preocupación por la situación económica de la empresa Karpin. Ojo, sr. Domínguez.
P.D. También es cierto, que són varias las promotores y grandes, de ésta ciudad con problemas, no se pueden pagar los solares, tan caros, que ahora no los quieren ní a mitad de precio.
Muy pocas ideas o ganas de entrar en ellas tienen quienes dignifican las páginas de los periódicos con sus firmas, porque fijarse en si una fiesta sí o una fiesta no, parece un poco frívolo, cuando hay miles de problemas cotidianos más acuciantes y sin resolver.
Salud
Supresión.
Chicos, veo cierta apatía,¿Q pasa?
Olá!!
A ver... que carallo pasa?!... estamos a falar dunha movilización cidadán que non se deu ata o do "desPrestige" (e nin desa). Todo o que queira o señor Ferrín e queno secunda, pro as cousas non se fan dese xeito, quero dicir que non se fan como o quixeron facer os franceses pra impoñe-la "liberté igualité e fraternité", así como penso que tampouco se debe impoñe-la democracia en Irac a base de tirar-lle toneladas de bombas aos cidadáns indefensos dese país, ou sí?
Xa vedes, os franceses invadiron-nos agora doutro xeito máis intelixente coa Citroên, Carrefour etc. e non pasa ren, agora paz e despois gloria; todos contentes! É ou non é??
Pra unha ves que os nosos antergos fixeron algo con dignidade.....
Saúdos!
pois estou de acordo con largala festa e ós franceses detrás dela. Ferrín é un tipo intelixente e sabe ben que postos a celebrar hai en vigo mil cousas máis relevantes. Xa está ben da reconquista, do cristo da victoria e das festas fachorras dunha falsa historia.
E que o anónimo conspiranoico ése que se las sabe todas conte algunha, como cando soto gastou os cartos dos pobres en mercar xamón para o psoe ou príncipe pasou tres días peiteándose o tupé sen sair do baño xunto co presidente do porto da época.
Machiño a rapaza preñada, é afillada do Sr. Ferrin. Nin Soto, Principe, Caballero, teñen categoria pra merecer que lles adique tempo, os seus delitos que por certo son moitos, é cousa das autoridades i de vostedes, que poden denunciar.
Pois vamos a pedir perdòn a os gavachos e sa està, pra que non se leven a Citroen ou o Carrefur.
E envez de celebrare a reconquista podemos celebrar os fusilamentos de A Concheira e os de Paracuellos, que no fondo de iso se trata. De revolver pra pescar.
Oes, pois entón suprimide o da reconquista e faceide unha festa pra inaugurar o mamotreto ese da Laxe. Pensades que os vigueses, ou millor dito os das alarmas do Fragoso e os paisanos da comarca ían consentir un atropello como consentides agora??...Viva Zona Franca!!! Viva Citroen, que vos ten a todos acolloados ameazando cada dous por tres con irse ou reduci-la plantilla se reformades o estadio ou se non lle quitades o terreo e as casas aos de Matamá e Valladares e non lle-lo dades a eles!! Vivan!!!
Que tendrá que mirar ó touciño coa velocidade.
Olá!
Non terá nada que ver pro sí moito que mirar, e hai que ollar ben as cousas, porque precisamente aí na Laxe, no sitio que ocupa ese "mamotreto", foi por onde os paisanos guerrilleiros e algún que outro oportunista que aparceron ao final (pra foto) botaron aos franceses invasores (sí, invasores), e agora resurdiu docemente unha nova invasión desa peste que son os centros comerciais (as novas catedrais en forma de adefesio), que tan doadamente deixástedes facer.
Eu tamén digo: Viva Zona Franca, o novo Luís Candelas que lle-lo tira aos pobres pra dar-llo aos ricos!!
Saúdos!
Preocupados de que se celebre la Reconquista o el paseo del Cristo de la Victoria. Pero no se preocupan de que a los marinos subsaharianos les pagan 200E por marea. Segùn TVE dixit.
Manda carallo!!!!!!!
Esquéncese o señor Ferrín do nepotismo de Napoleón ò enchufar ò seu irmán como rei. Está ben tamén, iso de apoiar o pacto de "Bayonne" pro...non queda abondo lonxe Madrid pra dictarnos como temos que convivir?....
Un cordial saudo!
Tes razón. Non creo que aos paisanos da comarca de Vigo e do Fragoso daquela época lle importase moito o tema do rei, o que non querían consentir era ser invadidos nin soportar os abusos, nin ter que obedecer ao rei de Napoles (irmán do autocoroado emperador), imposto pola forza das armas, aínda que fose o exército máis poderoso do mundo naquelas datas...amáis de que os franceses, estábanlle finiquitando tódalas reservas de alimentos que tiñan os paisanos pra se manter eles e os seus animais.
Publicar un comentario