Eu non sei que complexo agachan os nosos gobernantes que cada pouco nos prometen "colocar a Vigo no mapa". Hai pouco foi Corina coa Volvo e agora tócalle o turno a Domínguez coa Universiada. En ambos os dous casos trátase de eventos que , ganacias aparte para a hostelería e fotos para as autoridades, pouco ou nada deixaron ou van deixar para o deporte local.
Hai moitos modos de colocarse no mapa. A min, por exemplo, gustaríame moito que Vigo aprendera de Rovigo. Atopeina no mapa porque organizan un congreso internacional sobre como as comunidades de tamaño medio e pequeno poden encarar o cambio climático. Deben estar preocupados polo tema e xa ven, por só iso, xa me gustaría vivir en ROVIGO.
Ver o mapa mais grande
Hai moitos modos de colocarse no mapa. A min, por exemplo, gustaríame moito que Vigo aprendera de Rovigo. Atopeina no mapa porque organizan un congreso internacional sobre como as comunidades de tamaño medio e pequeno poden encarar o cambio climático. Deben estar preocupados polo tema e xa ven, por só iso, xa me gustaría vivir en ROVIGO.
Ver o mapa mais grande
14 comentarios:
Bueno, tambièn hay un Vigo di Fassa en Italia y otro Vigo en Illinois. Me inclino por mandar para Illinois a nuestro rey Caballero I, es un condado agrìcola y alli solo se puede trabajar.
Pide demasiado: non estamos diante de calquera vila, senón dunha zona das máis fértiles e ricas de Europa. Entre Ferrara e Vicenza, na desembocadura do Po, varias veces modificado ao longo da historia, co mar adriático (a bela cidade de Chioggia) a un paso, comunicado co mundo enteiro porque pasa por alí o tren Venezia-Roma. Eu que sei. O Rovigo non é o mellor exemplo: é moito.
[Tamén hai por aí prantas azucareiras e en Ferrara unha fantasmal e xigantesca refinería: todo hai que dicilo]
hay poca reflexión y no se busca hacer un buen tejido que impulse de verdad el deporte en nuestra ciudad.
Parecen más bien asuntos para quedar bien. Sin fundamento
¿En qué se ha notado la volvo en el deporte de la vela en nuestra ciudad?
¿Sirvió de aliciente a alguien o más bien fue una sangría para todas las instituciones públicas y una manera de tapar un asunto muy feo feísimo del urbanismo municipal vigués de entonces?
El Bng, tenia el mecenazgo de Karpin, para crear ese tejido de impulso del deporte en nuestra ciudad -en realidad solo mantener a cuatro carcas como Alvaro Pino, Marcos SErrano, el de Chapela, que compra y no paga, etc. - pero ahora que Karpin, está en bancarrota, que pasará, Sr. Dominguez, por cierto que el solar de Cluny, es un estercolero en el centro de la gran urbe.
Lo del patio de Cluny es de juzgado de guardia: un depósito ilegal de escombros y almacén al aire libre. A poquitos pasos de El Corte Inglés
Arume, bueno, se non é Rovigo, que sexa, por exemplo, Mánchester, con ese precioso eslogan: "Vigo é o meu planeta".
Bueno, tampouco Vigo é calquera vila, ;-))) senon a zona máis rica e bella de Galicia, entre Santiago e Oporto, na desembocadura do Lagares, ben jodido varias veces a través da historia e a punto de ser definitivamente jodido coa instalación dunha macrodepuradora no seu estuario; co océano Atlántico mesmiño ao seu carón, comunicado co mundo enteiro cun porto nas rutas de comercio mundial, cunhas aitividades únicas como a Volvo, o campionato de motoras con motor, a Universiada e o bigoberno; un aeroportiño no mesmo municipio e outro a menos dunha hora de viaxe se hai sorte; con moitas carreteras cunha forte capacidade futura de desdobrarse para facer máis carreteras...
Tódalas cidades son moito, e Vigo é pouco porque está directamente chuchada por intereses especulativos, particulares, cacos varios e oportunistas ignorantes supostamente levando as súas riendas.
No sistema mundial de cidades Vigo pode ser, coa súa singularidade, o Rovigo ou o Mánchester que queiramos.
O malo é que, a este paso, a nosa cidade de referencia non vai ser nin Rovigo nin Manchester, nin tan sequera A Coruña, senon Nápoles ou Palermo...
Non podo estar en desacordo con vostede, amigo Pablo. Mesmo no emprego da ironía, única táboa de salvación para contar o desastre.
Home, decir que Vigo vai quedar a o nivel de Nàpoles o Palermo e muito rebaisar. Eu dirìache mais ben como Gijòn, que xa e muito pedir.
Supoñeo elvis que te refires a que é moito rebaixar a Nápoles e Palermo ;-)))
Xa me gustaría a min estar en moitísimas cousas ao nivel de Gijón, aínda que só fose en comercio e bebercio... qué raciones, señores!!!
Agora que o penso, cando se come e se bebe ben nunha cidade, xeralmente outras cousas funcionan tamén ben: en Gijón percíbese un proxecto de cidade, as institucións funcinana máis ou menos, teñen unha magnífica rede de bibliotecas, hai aparcamentos verdadeiramente municipais (e non en mans dos tabeiróns das concesionarias), hai espazo público de gran calidade e foron quen de verdade "abrir Gijón ao Mar" sen perder de vista o Musel. Están orgullosos e promocionan o seu pasado romano (Gigia) que teñen transformado nunha fonte de recursos culturais e turísticos (recentemente inauguraron unha estación histórica máis, a villa romana de Veranes...). Miman a súa historia dentro da Asturiana e non hai máis que ver o seu Museo do Ferrocarril (pequeno, precioso) ou o recente proxecto e xa realidade en crecemento, de parque botánico Atlántico, unh modelo de tratamento educativo e de conservación da natureza. Se a isto lle engadimos que ten máis ccafeterías con soleira e bares con boas tapas e bo servizo, e menos confiterías que Oviedo (a capital! como POntevedra!)... por dios, dádeme, a falta de Manchester, Gijón (Oviedo non, iso déixollo para Santi Domínguez que é máis amigo das cousas vestustas).
Chigres, amigo Pablo, chigres con sidra. Cun deseño espectacular: de teitos grandes, amplos, cun surtido de tapas e cun cheiro a ourizos e andaricas que "quitan el sentío". Unhas auténticas catedrais do gusto. Viva Xixón, que hostias.
En voz baixa: un pouco de Oviedo tampouco nos viría mal, pero eu sonlles dos "del culu mollau", como chaman aos de Xixón.
en todo Asturias se respira un buen aire. Si vais al interior, a la montaña, podreis comprobar como se recuperan pueblos preciosos respetando su esencia.
Los asturianos aman su tierra, están orgullosos de ella, y eso se nota.
Aquí hay más partidarios de dar el gran pelotazo aunque se destruya por ello lo mejor.
No hay conciencia cívica en general
Alli no hay tanto ignorante y destructor nuevo rico como aquí.
La vida es más tranquila en general
Pues eso: GIJON
Así, ¿sen til?
Publicar un comentario