IX ÉPOCA

31.1.08

Centralismo ilustrado?

“Estamos ante una doble crisis de gestión de la ciudad. Una está relacionada con el urbanismo y la economía y se manifiesta en una situación socialmente intolerable que es el precio de la vivienda. Y hay una segunda crisis más cultural y estratégica que consiste en que todo el sistema basado en la hegemonía de los planes generales no funciona” Son declaracións de Salvador Fraga, presidente do Colexio Oficial de Arquitectos que veñen coincidir co que afirmaba Vicente Guallart nun artigo que comentamos aquí. Confirman ambos os dous que estamos utilizando uns instrumentos de planeamento, e, por tanto, de definición do noso futuro, que non responden xa á realidade. Que podemos agardar entón senon máis desaxustes e inseguridades?
As novas normas preparadas pola Xunta parte, en palabras de Fraga, de constatar que “El fallo de los planes generales es que todo lo piensan, todo lo prevén y tienen unas enormes dificultades incluso de ser aprobados porque se cargan de una trascendencia innecesaria” para entrar “en una etapa posterior a donde el plan general lo decidía todo y se superponen otras actuaciones a través de planes sectoriales y programas supramunicipales. La consellería podrá ejecutar planeamientos y expropiar sin necesidad de que esté previsto en un plan.”

Enténdese que a autonomía municipal de planeamento colisiona coa súa incapacidade económica para desenvolver infraestructuras básicas. O que non queda tan claro é se as novas normas son un recurso ad hoc para poder implementar políticas que atopan nas forzas políticas locais forte oposición.
Vexamos outro exemplo. A Consellería de Industria anuncia unha nova Lei de Comercio na que asume máis competencias para a autorización de centros e grandes locais comerciais. Parece ser que tratan de loitar contra a modelo de centro periférico dominante, tentando diminuir o impacto nos pequenos comerciantes tradicionais, promocionando a normalización lingüistica e, como non, creando un novo corpo de inspectores que velen polo cumplimento da súa política.

Celebraremos desde logo que a Sra. Caride, se e quen de facelo, arranxe as falcatruadas do PXOM e tamén que o Sr. Blanco limite o número de centros comerciais que os seus colegas de partido autorizaron e alentaron mesmo con problemas legais. O que de seguro lamentaremos é a perda da autonomía municipal e, polo tanto, a continuación dun vello e perigoso razoamento que ven xustificar o centralismo pola irresponsabilidade dos gobernantes locais ou pola desviación das políticas correctas. Políticas que hoxe son unhas pero que mañán poden ser as contrarias. Parece necesario repensar os niveis e os tempos de decisión, mesmo habería que poñer en cuestión a estructuración xerarquica actual e pensar en formas de decisión articuladas donde o centralismo fora substituido polas relacións en rede que soportaran os servicios públicos esenciais. Trataríase de fixar aqueles temas que han de ser compartidos pola cidade, pola área, pola rexión e introducir mecanismos de decisión axeitados. Habería , desde logo, que delimitar a responsabilidade dos políticos obrigandolles a dar contas dos seus erros e ilegalidades. Pero as vellas receitas centralizadoras seguen tendo un cheiro a despotismo que ainda que veña ilustrado non fai outra cousa que enmerdellar a democracia.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

hoy en la voz aparece un ejemplo muy ilustrativo, el mapa de Galicia con la futura red del AVE dibujada ¿Y qué es lo que vemos? Que Vigo queda totalmente de lado. A un ciudadano de Villagarcía lo mismo le dará ir a la meseta partiendo de Vigo que desde Santiago.Nosotors tendremos que dar un buena vuelta...y también las mercancias!
Dicen que fue la UGT quien decidió que el Ave pasase por Cerdedo, desde luego Vigo no lo decidió ¿Y en qué se basaron? ¿Cualquiera puede decidir algo tan fundamental para Vigo sin contar con nosotros?
Lo sensato sería que viniese directamente desde Ourense a Vigo y desde aquí el ramal hacia Oporto.
Los políticos vigueses no parecen muy prácticos en general, mucho más espabilados los de A Coruña, allí si que saben lo que se traen entre las manos. Pronto lo veremos tendrán su ave, que va rapidito, con lo que eso supone y nosotros en un tren con asientos de madera y sin electrificar...como los de la conquista del oeste!!

Anónimo dixo...

Vigo no debe consentir que el ave no venga directamente desde Ourense
¿Tenemos claro lo que supondrá economicamente quedarnos sin ave?
Es una auténtica locura consentirlo.
En cuanto funcione el que va hacia Coruña y el de las Rías Bajas ya podemos olvidarnos ¿alguien piensa que se hará el ramal Ourense -Vigo?
Tendremos que ir a Santiago para poder ir a cualquier lado de la península. Una buena tomadura de pelo.
Nos dan de lado y nosotros callados

Anónimo dixo...

La mayoría de las buenas inversiones se van para Santiago y Coruña. Aquí quedan promesas difusas.
Esa es la pura verdad. Los números cantan

Anónimo dixo...

Victor Moro, un señor de derechas por cierto, es de los pocos que tiene una visión clara de Vigo. Al no tener ya intereses económicos es libre de decir lo que quiera. Muchos empresarios son oportunistas y no piensan en la ciudad, piensan más bien en sus bolsillos.
Vigo necesita políticos y empresarios libres, con iniciativas y generosos con su ciudad!!

Pablo Eifonso dixo...

A relación entre as distintas administracións está baseada, no ordenamento xurídico actual fundamentalmente no principio de competencia. Xeralmente o de xerarquía pertence máis á relación intradministrativa, entre órganos -e non sempre- da mesma organización.
Penso que temos un ordenamento xurídico administrativo que non está demasiado mal. Non é ese, para min, o problema, se non o seu funcionamento efectivo e o desastre do funcionamento dos mecanismos de control.

Dous son os mecanismos principais deste control do efectivo cumprimento das competencias de cada cal e un é o principio basico de actuación das administracións públicas.
O principio de satisfacción do interese xeral fronte ao de defensa ou favorecemento dos intereses particulares, é o elemento estructurador que orienta a norma legal administrativa, con maior ou menor éxito na súa formulación. Un segundo elemento estructurador é o principio de legalidade: non pode existir funcionamento da administración que non teña como eixe isto, ou o que vén sendo o mesmo, o de interdicción da arbitrariedade.
E os variados mecanismos de control: o que provén da propia esencia do aparato do Estado (das administracións, do goberno): o seu carácter derivado da vontade popular. O mecanismo eleitoral (falamos do seu estado puro, formal) é un elemento de control básico.
Os mecanismos intermedios entre eleccións, postos en marcha polas administracións, son os derivados do que se vén coñecendo como participación cidadá, que permitiría "vixilar" o cumprimento do principio de interdicción da arbitrariedade e axudaría a manter a raia as tendencias "naturais" a satisfacer intereses particulares ás persoas ou grupos que exercen "delegadamente" o poder.
O outro mecanismo "delegado" de control é a administración de xustiza, encargada de, en segunda instancia, intermediar tecnicamente entre o poder e a poboación para determinar a adecuación dos actos de aquel á legalidade vixente.

Pois moito me temo que os tempos que vivimos son de absoluto declive e perversión deste sistema de tan fráxil equilibrio. O desbaratamento dos mecanismos de control ao quedar escravos das prácticas xeralizadas de corrupción, impide o funcionamento da administración na satisfacción do seu principal obxectivo: a satisfacción dos intereses xerais. A partir daí, saltado pola torera o principio de legalidade, a estructura competencial deixa de funcionar e esa estructura baseada en saber e exercer o que corresponde a cada ún, transfórmase nun reino de taifas no que cada órgano só traballa para autoreproducirse, para lograr que os que o ocupan poidan permanecer nel o maior tempo posible para satisfacer -agora xa- os seus intereses particulares. Estamos no que noutro post chamei como ocupación parasitaria da administración pública. E tal estructura só pode funcionar a satisfacción dos seus protagonistas, baseada no principio da arbitrariedade.

Non estamos pois, penso , amigo LOrenzo, nun problema de crise derivada dun sistema fortemente centralizado e xerarquizado, porque nono é no noso ordenamento xurídico. Estamos diante dun grave problema democrático: o trunfo no goberno e a administración da protección dos intereses privados sobre os públicos; ou dito doutro xeito: o trunfo da corrupción como elemento crítico determinante en última instancia da actuación dos poderes públicos.
E tal cuestión vén, para min derivada, do adormecemento xeral da conciencia democrática na poboación, sometida á ocultación ou terxiversación da información ao non existir mecanismos democráticos que obriguen á absoluta transparencia nos actos do goberno e da administración. E se non hai "masa crítica", malamente ninguén reclamará nada máis que a queixa, a submisión ou o aproveitamente das migallas da mesa dos que cortan o bacallao.

Bueno, sinto o rollo, pero isto dá para moito debate e reflexión de dios... debate e reflexión imprescindible para trocar a queixa pola acción democrática.