Nas mañás fermosas do verán é cando ún sinte máis o privilexio de vivir aquí.
Teño a ben considerar, cando o tempo mo permite, que temos moito que agradecer a non-sei-ben-quenouque, responsable do conxunto de cualidades favorables para a vida que nos arroupan. Falo das cualidades naturais, das que nos veñen dadas, das que non nos outorgan mérito algún, pois están independentemente de nós, por non dicir a pesar noso.
Polo demais, os habitantes desta zona do mundo aínda non paramos de escarallar o que temos diante, e mira que levamos anos no choio.
¡Que alegría!
Véñenme estes pensamentos ao lembrar unha divertida e non multitudinaria manifestación contra os recheos no mar de Vigo, hai uns anos, na que un grupo de rapaces con moita retranca berraba, cantaba, algo así como "qué alegría, aínda temos ría" cada vez que o mar era visible no seu percorrido, entre Bouzas e a Praza da Estrela. Non pensedes que esa sonora e positiva percepción das cousas tivo, precisamente por ese mínimo requisito visual, moitas ocasións de se escoitar, e iso que o mar cheirábase, sabíase todo o rato ao noso carón, e as gañas de cantar e de troula eran máis que evidentes.
A Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras terá ao galego Iván
López como novo presidente
-
A súa elección foi por unanimidade de todos os membros de ICFA, que
representan a asociacións pesqueiras de 24 países de todos os continentes,
e releva no ...
3 comentarios:
¡Qué paaaasa, Neeeng! Vaya subidón. Tenemos que quedar para que me digas dónde se pilla eso, porque, tal y como van las cosas, no va a ser posible volver a ver algo como lo de la foto, sin el socorrido recurso a los sicotrópicos, claro. Por cierto, alguien que yo me sé tendría que fumarse el apellido, y mejor nos iría a todos. Digo yo.
Comentario do fotógrafo.
Por planos, de máis lonxe a máis perto:
Illa Norte de Cíes e Cabo Home - Faro de Cabo de Mar - Faro de Punta Muíños (Museo do Mar, Alcabre) - Ponte cara ó recheo sobre a enseada de Bouzas - o que queda da enseada de Bouzas (por agora).
Ó fondo de todo: o sol no solpor. No medio: o ronsel sobre a ría que aínda queda(de aí viña o nome ó cine do mesmo nome).
Imposible volvelo a ver: a ría reserva cada día unha composición nova.
Un luxo ao que Pedrosa and Cia. queren meterlle non sei cantas miles de toneladas de entullo máis, para que nin cun tripi se poida ver... ou se cadra para que cun tripi se poida ver unha nova praia que agora só está nas calenturientas mentes dos especuladores de sempre.
Coincidimos na percepción do problema. A solución para a nosa señoritapepis, infumable; seica lle van máis as perlas.
¿A qué lle pegarán estes?.
Publicar un comentario