Que un pai deixe o negocio aos fillos é cousa normal na nosa sociedade. Que o tal negocio sexa unha institución pública xa non é tan normal. Que se faga cumplindo tódolos requisitos democráticos esixidos e en contra do criterios do jefe do seu partido non deixa de ser unha ironía. Pero tamén pode servir para ver o que está a pasar noutras institucións, organizacións e empresas donde os tales requisitos democráticos nen existen nen existiron.
A resposta á crise que a dereita europea está impoñendo so ten como obxectivo aumentar as desigualdades. E , entre outras, a desigualdade no acceso ao posto de traballo fai que a sociedade sexa cada vez máis inxusta. O 50% dos mozos e mozas está no paro: adiviñan como se reparten ? Certamente inflúe a formación (ainda que este pais está sobrecualificado), tamén inflúe o territorio pero aposto a que inflúe máis a rede social donde esta instalada a persoa. O discurso da igualdade de oportunidades queda rachado cando factores como a existencia de familiares na empresa é unha condición preferente de acceso ao posto de traballo ou cando o acceso á información é un factor determinante. Se a isto sumamos a desaparación do emprego público donde, case sempre, deciden mérito e capacidade, temos o adianto da sociedade que están a construir.
Por iso, porque non poden nen saben mellorar a situación de todos, deben marchar Feijoo, Rajoy e compañía.
Un preso trata de agredir sexualmente a unha funcionaria no cárcere da Lama
-
Segundo fontes sindicais, chegou a morderlle na boca.
2 comentarios:
Pois para iso hai que ir votar, aínda que non nos guste a oposición,pero é a única forma.
Votar si pero sin una ley electoral que falsea la representación a favor de los poderosos y con financiación discriminada para la continuidad del sistema de la partitocracia mayoritaria.
PP y PSOE nos engañan y por aquí decimos que chove. Así nos vá.
Saludos.
Ataturk
Publicar un comentario