IX ÉPOCA

30.1.12

Hai moitas máis Deputacións

Que un pai deixe o negocio aos fillos é cousa normal na nosa sociedade. Que o tal negocio sexa unha institución pública xa non é tan normal. Que se faga cumplindo tódolos requisitos democráticos esixidos e  en contra do criterios do jefe do seu partido non deixa de ser unha ironía. Pero tamén pode servir para ver o  que  está  a pasar  noutras institucións, organizacións e empresas  donde os tales requisitos democráticos nen existen nen existiron.

A resposta á crise que a dereita europea está impoñendo so ten como obxectivo aumentar as desigualdades. E , entre outras, a desigualdade no acceso ao posto de traballo fai que a sociedade sexa cada vez máis inxusta. O 50% dos mozos e mozas está no paro: adiviñan como se reparten ?  Certamente inflúe a formación (ainda que este pais está sobrecualificado), tamén inflúe o territorio pero aposto a que inflúe máis a rede social donde esta instalada a persoa. O discurso da igualdade de oportunidades queda rachado cando factores como a existencia de familiares na empresa é unha condición preferente de acceso ao posto de traballo ou cando o acceso á información é un factor determinante. Se a isto sumamos a desaparación do emprego público donde, case sempre,  deciden mérito e capacidade, temos o adianto da sociedade  que están a construir.
Por iso, porque non poden  nen saben mellorar a situación de todos, deben marchar Feijoo, Rajoy e compañía.

2 comentarios:

xos dixo...

Pois para iso hai que ir votar, aínda que non nos guste a oposición,pero é a única forma.

Ataturk dixo...

Votar si pero sin una ley electoral que falsea la representación a favor de los poderosos y con financiación discriminada para la continuidad del sistema de la partitocracia mayoritaria.
PP y PSOE nos engañan y por aquí decimos que chove. Así nos vá.
Saludos.
Ataturk