IX ÉPOCA

22.1.12

Non, non nos van deprimir

Este discurso plano cheo de anuncios ameazantes, de constatacións da realidade adversa que nos toca vivir, de obstaculos xigantescos que atrancan o camiño, de aprazamentos ineluctables para tempos mellores, de sacrificios inaprazables que “todos” debemos facer, de posturas heroicas dos que saben que facer e están determinados a facelo custe o que lles custe...Este discurso que agacha a crise da mesma maneira que o facía o optimismo histórico, que repite unha e outra vez a mesma receta expedida polos omnipresentes mercados, que presume de transparencia amosando a realidade tal como queren que a vexamos... Este discurso, en fin, que trata de ocultar aos responsables que pretenden viaxar co IMSERSO cos petos cheos de cartos roubados aos parados, aos activos e aos hipotecados, que trata de impedir que sinalemos ao monicreque-presidente desnudo de ideas , que mantén ao gran executivo ao frente do “noso banco” a pesares de incumplir o seu traballo, que propaga explicacións localistas como unico argumento fronte a manobras de ocupación do poder.....
Este discurso que busca que nos instalemos na impotencia para seguir fabricando beneficios a costa dos servizos públicos e das vidas privadas, este discurso, digo, non nos vai deprimir.

Asi que dados os tempos de complicacións, tendo en conta a herdanza recibida, , en beneficio de todos, coa vista sempre fixa no interese xeral, co obxectivo de lograr a reducción do paro e a recuperación económica, nos veremos obrigados a esixir que Rajoy e todo o seu equipo recoñezan a súa ignorancia e deixen o seu sitio a outros, que cesen a Castellanos e que devolva o cobrado por levar un banco público directamente ao fracaso, que Abel, Santiago e Chema dimitan e xoguen as súas partidas de cartas no Centro Social de Teis, que as garderías sexan gratuitas,que ...non, non nos van deprimir.



1 comentario:

ataturk dixo...

Y ahora una delegada de la Xunta ¿ para qué? Para cobrar y nada más que encima tienen la provincia dividida en dos representantes para más gastar.
¿ A quien desean engañar estos señores?
Basta de bromas y a rebajar y recortar puestos y sueldos.
Saludos.
Ataturk.