Non pensen que marchamos. Non estamos abraiados polo triunfo do PP. Xa pasou outras veces. E tamén coñecemos os vasos comunicantes PSOE-BNG. E en Vigo tampouco cambiou gran cousa.
Poida ser que algo se mova na concepción das coalicións ou bipartitos. O fracaso da política de visualización da alternativa co reparto orzamentario e territorial xa non lle gusta ao BNG (non sei a Lores) É posible que asistamos a unha nova relación que, agardemos, estea equidistante entre o bipartito tipo Quintana e a oposición á moda Castrillo (Corina soña cunha moción de confianza de Caballero). Sería desexable un pouco de debate entre os que apoian ao goberno de maneira que se visualizarán as diferentes políticas pero mantendo uns mínimos que fagan funcionar á cidade.
O que sí foi unha pena - 500 votos o impediron- foi a non entrada da "cuarta pata" . Esquerda Unida estivo a piques de entrar a dinamizar o Concello. Deberían aparecer non só nas campañas electorais e pensar que refundación da esquerda ten unhas fronteiras máis amplias.
Claro que para "cuarta pata" a de agrupación electoral de Redondela ou os Democratas de Ourense. O movemento 15-M asoma.
Paulo Carlos López, Sumar: "Ante os que dicían que eramos flor dun día,
aquí estamos"
-
Verónica Martínez Barbeiro e Paulo Carlos López, elixidos por unanimidade
para liderar Sumar Galicia. Co apoio de Yolanda Díaz, comprometéronse a
implantar...
3 comentarios:
Creo que a agrupación electoral de Redondela e a Democracia Ourensana son grupos opostos. O primeiro seica asambleario semella de esquerdas e o segundo un grupo de amigos que aproveita a propiedade da televisión local ourensana que ten un lixeiro arrecendo a populismo simplicísimo.
Esa "cuarta pata" dinamizadora ten moito que pulir e refundar e, sobordetodo, non aparcer en escea só cando hai "festa". Coñezo un pobo no que na anterior lexislatura estaban gobernando co PP e noutro ata cos falaxistas só pra desbancar ao SOE.
ATENCIÓN!!! Se o BNG non entra no goberno de Vigo, propoño que contraten a Paco Vázquez como concelleiro non electo.
Publicar un comentario