De repente uns milleiros de persoas deciden materializar unha mensaxe que xa estaba nas enquisas e nos medios de comunicación:
- que estamos fartos de que a democracia sexa un formalismo atacado pola corrupción.
- que estamos fartos de que o diñeiro pese máis que os votos
- que estamos fartos dun sistema que só funciona afondando na desigualdade
- que estamos fartos de ver aos culpables da crise seguir sentados nos seus sillóns despedindo traballadores e traballadoras
E un longo etcétera que todos podemos alongar. E agora que fan? Agora é o momento de defender as súas políticas. Agora deberían defender que é moi xusto que os cartos dos cidadáns sirvan para manter ás caixas e bancos que fixeron ricos a uns promotores, que expropiaron a milleiros de persoas deixandoos sen piso e coa hipoteca sen pagar e botaron á rúa a centos de trabalaldores. Agora é momento defender que as consignas do FMI son as que hai que seguir. Agora é o momento de defender que non importa que un candidato estea imputado ou que unha secretaria xeral cobre un salario escandaloso. Deberían achegarse ás concentracións e decirlle a eses pobres incultos e manipulados de que vai a política que eles manteñen. Para que o entendan e volvan ao bon camiño. Va que non se atreven? Non. Mandarán a Policia e ao servizo de limpeza. Como se fora un botellón.
Pero andan un pouco cagados porque hai votos polo medio. E o 15M demostra que hai máis batallas que a do PP, PSOE e BNG.
4 comentarios:
As cousas como son, iso é certo. De feito, ninguén repara na campaña.
Non só están fóra de xogo, senón que en menos de 24 horas tódalas mensaxes da campaña electoral quedaron reducidas a PATÉTICOS TÓPICAZOS aos que xa ninguén presta a mínima atención!
Lástima de cartos desperdiciados, estarán pensando os membros da Xunta Electoral Central!
Os twitter dos candidatos por Vigo son tan patéticos...!
TwitterCampaña
INDÍGNADEVOS, xa ían sendo horas!
Propóñovos enviarlle algunha mensaxe ao ideologo 'na sombra' xa que nunca publica os comentarios que se fan no seu blog...
Xa está ben de aturar consellos parternalistas coma se fósemos nenos!
http://mendezromeu.blogspot.com/2011/05/democracia-real.html
Saúde!
Os xoves, como é normal, mostraron o enormemente caduco que está o sistema. Políticos
Sindicatos
Xornalismo ...
Publicar un comentario