IX ÉPOCA

6.5.11

Comeza o espectáculo

O primeiro dia de campaña non poido comezar peor. Un periódico da mañán recolle unha foto cos tres candidatos á alcaldía da cidade. Non hai máis. Nen tan sequera o primeiro dia incorporan aos minoritarios.


O outro periódico seguindo a súa particular campaña "informa" sobre as perversidades dun candidato e non disimula quen paga.


Na radio, no primeiro debate, non acude Chema Figueroa. O PP emite un comunicado decindo que non está de acordo coas coalicións.. exceptp cando lles benefician.

Os medios e os partidos teñen un sentido particular da democracia. Os medios toman partido polo que son recompensados polas forzas políticas. Non hai igualdade real de acceso e para as empresas periodisticas ísto é un negocio. Neste momento os candidatos están negociando cantos fascículos van promocionar e cantos anuncios inserirán se son elexidos. Os medios esixirán ademáis exclusivas. Nos seus editoriais seguiran defendendo que a sociedade debe subvencionar os medios porque son de "interese xeral"

A falta de respecto polo cidadán chega a extremos vergoñentos. Isto son deficits democráticos.

Votarei a unha candidatura que se comprometa a non comprar espacios nos medios de comunicación.

5 comentarios:

Claudio Ataturk dixo...

No me cansaré de denunciar esta `partitocracia abusiva y antidemocrática que nos quieren colar diciendo que los ciudadanos decidimos. Pues no es cierto.
Cambiemos la Constitución y la Ley electoral y fuera tanto mangante.
Saludos.
Ataturk.

Ramón Barrientos dixo...

Está ben iso de cambiar a Constitución.... pero eu conformábame agora sobradamente con que os nosos representantes a cumplisen: polo menos aquelo de que "España se constituye en un Estado social y democrático DE DERECHO, que propugna como valores superiores de su ordenamiento jurídico la libertad, la justicia, la igualdad y el pluralismo político".
Como podemos comprobar na adxudicación do albergue, o de Estado de Derecho nin lle soa.

Anónimo dixo...

E qué pasa coa promesa de arboricidio da Avda. Castelao ¿non vai pasar nada?, despois a Gran Vía, Castrelos, o San Tomé e o Santa Irene, a Alameda, O Castro?,... Ninguén se vai organizar de forma inmediata para responder?.

Anónimo dixo...

Si deixamos morrer ós indixentes imaxina as arbores

Anónimo dixo...

El problema es que las empresas de comunicacion han dejado de ser "de comunicacion" para ser solo "empresas". Los directivos de tales empresas tiene claro que la información es una mercancia que se puede comprar y vender....