IX ÉPOCA

10.5.11

O virrei Ianni



Iste home que aparece na foto tan fachendoso é o virrei. No seu "pazo" de Balaidos (en fábrica) recibe a visita dos caciques locais que se achegan con ofrendas e regalos para aplacar a súa ira. Feijoo, o xefe da tribu, estivo hai uns dias cunha ofrenda de 11 millóns de euros. Antonte, Caballero, o xefe da aldea, achegouse con 3 millóns de euros. A cambio recibiron unhas contas de vidro: os futuros coches eléctricos levarán un distintivo de "feito en Galicia". Como sempre, o virrei e os caciques elevarons as súas oracións polo mantemento dos postos de traballo e tamén, por un transporte sostible, novidade liturxíca que pretende demostrar que ao virrei non só lle preocupan os beneficios.



Mentras, milleiros de xoves da tribu dos "ni-ni" pasan anos e anos no exercito de reserva agardando a chamada do virrei para entrar por uns meses no santuario (en fábrica) e ser botados á rúa no momento en que o virrei o decida.



Din que a cidade vive nun 60% de Citroën, pero Citroën vive nun 100% da cidade. Habería que darlle unha volta a ista cuestión. É o coche eléctrico o futuro? Queremos que sexa o futuro?



4 comentarios:

Anónimo dixo...

moi bo, parabens!

Ataturk dixo...

Corto, bueno y claro. Como en los toros, mejor no se puede decír y, encima,sin acritud, no vaya a ser que se juegue con las cosas de comer.
Saludos.
Ataturk.

Voz en off dixo...

Sublime. Viven das subvencións, pero se eu fose o sheriff da Xunta ou o da Praza do Rei tampouco sería quen de darlles ós do chêvron todo aquilo que pedisen. Imaxina. 9.000 persoas na rúa e os das auxiliarias tamén...Vigo non o pode permitir, polo menos de momento...

Anónimo dixo...

BdV:
Bos días amicus:
Manda carallo vintenove!!.
O fin isto é unha das cousas que demostran que todos sonche coma funcionarios...tamén os das fábricas de automoveis mamam das tetas dos impostos.
Vamos ter que trocar o chip da funzón pública e meter na mesma saca tamen a istos.
Pero o que non entendo é coma o Feijoo lévalles diñeiro da xentiña pra eles...¿o pobo de qué vive?.
Deica logo amicus.