O espírito da Asemblea Nacionalista de 1918, vivo en 170 localidades galegas
-
Houbo un izado da bandeira galega en conmemoración da I Asemblea
Nacionalista.
IX ÉPOCA
16.5.11
Non somos mercadoría
Foi a primeira, pero non será a derradeira. Eramos uns tres mil, pero seremos moitos máis.Non se miraron nin as perennes bandeiriñas, nin as pancartas e os globos de axencia de publicidade.
A manifestación de hoxe expresa o que expresa: indignación, descontento, fartura, si: pero non só iso; de xeito moi difuso, si: pero isto non fixo máis que comezar. Xa pode a esquerda consciente organizada (¿existe?), abrir os ollos e as orellas e ver un pouco máis alá dos seus estreitos intereses partidistas e sectarios. As persoas que estaban hoxe na rúa expresan unha conciencia cívica indubidable, que ninguén que realmente pretenda cambiar esta inxusta sociedade, pode ignorar.
A segura agudización da crise e as medidas antisociais que seguirán impoñendo brutalmente, ordeadas polo FMI e pola oligarquía financeira, os seus intermediarios políticos nos gobernos, farán aumentar un descontento cidadán que debe ir atopando un discurso claro nese camiño de protesta e rebelión: pode ser este o dun populismo sen saída, ou o dunha conciencia anti-capitalista con forza transformadora.
Moitos dos que non estiveron hoxe na manifestación teñen xa a responsabilidade de que o camiño sexa un ou outro. Algúns, enquistados nas súas estructuras partidarias, vinculadas a intereses concretos de poder funcional, parasitador das institucións e dinamitadores do Estado de Dereito, van ter que facer auténticos malabarismos para non ser varridos do mapa no proceso que parece soamente terse iniciado.
Editado 16.05.11
Unha análise sobre Democraciarealya, dende a esquerda (Kaosenlared.net)
Editado 18.05.11
15M: ya no tenemos miedo (Rebelion.org)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Repercusión en los medios igual a cero patatero, como se nota que la prensa y televisión solo informa de aquello que le indica los que los financian, politicos y banqueros, esta democracia es sin duda una dictadura encubierta.
Evidentemente, esta democracia NON é unha dictadura encuberta. Ou non viviches a dictadura ou debes repasar o que significa ese termo.
Os medios de comunicación teñen dono e este non son "os políticos". Os "políticos" (supoño que te refires aos corruptos, non aos que nono son) só colaboran comprando espazo publicitario para manterse na parasitación do Estado. Nono esquezamos, teñen DONO.
La manifestación cívica fué un éxito a pesar del silencio de los medios.Es un primer paso.
Los medios tienen dueños, que son los responsables, pero usan nuestro dinero público por el conducto de una simulada democracia.
Esto no es una dictadura, pero empieza a parecerse peligrosamente y los ciudadanos cada vez están más engañados.
¿ Cual es el problema de esta desinformación que lleva a aceptar lo que nos dan trucado ? En mi opinión la falta de ideas alternativas que debemos trabajar con altura de miras y sin monopolizarlas a izquierda o derecha, sino como personas responsables y con sentido crítico.
La esperanza e ilusión tienen que ser bandera para que nazca algo nuevo, basado en mucha juventud de años, pero sobre todo de propuestas inteligentes y positivas.
Es posble el cambio y lo vamos a conseguír entre todos.
Saludos.
Ataturk.
Existen moitas ideas alternativas na sociedade e múltiples colectivos formados xa hai moitos anos, que seguen a traballar contra a barbarie ambiental e económica deste sistema. Existen tamén aqueles que loitan contra a corrupción e denuncian aos políticos corruptos (que non a os políticos polo mero feito de selo). A convocatoria do día 15 aglutinou a algúns destes colectivos e a outra moita xente que normalmente non participa de convocatorias que teñen, en xeral, a mesma motivacion transformadora.
Non acepto que a loita contra a inxustiza, a explotación e a corrupción, una á dereita e á esquerda. A saída que plantea a dereita á crise, é a política ultraliberal, con recortes drásticos do gasto público e práctica desaparición da intervención do Estado na sociedade, deixando que todo se autoregule polo "mercado" (mentres non haxa perdas que, entón, tócalle á poboación, como agora, financiar a os Mercados). Ou sexa, xusto contra o que saímos a protestar o día 15M.
Os partidos políticos son necesarios, por máis que saibamos que os que actualmente detentan o poder transformáronse en maquinarias parasitadoras da Administración e, finalmente, en intermediarios das políticas económicas implantadas pola oligarquía financeira a través do FMI aguilloadas polos especuladores dos "Mercados".
Contrariamente ao que propugnan expresa ou implicitamente as posturas populistas, creo que, xustamente, este é o momento da Política: do exercizo do poder do pobo e das súas organizacións, mediante o exercizo dunha democracia sen adxectivos, con auténtico respecto ao Estado de Dereito, fronte ao poder antidemocrático das multinacionais, do capital financeiro e das súas organizacións de clase (G8, FMI, Banco Mundial...).
Espero que a manifestación do día 15M sirva para implicarnos máis nas loitas que cotidianamente fan honestamente moitas persoas nesta cidade por transformar este inxusto sistema.
Eu tamén estou movilizado ainda que non podo evitar estar ollo avizor, porque, xa hai moitos que se queren facer amos desta manifestación; ata os da Confederación de Empresarios.
Saudos!
é chamativo como os mesmos que botaron pestes contra a 2ª folga xeral convocada por sindicatos "non maioritarios" (que tiñan as mismiñas reivindicacións que 15-M) sexan agora os defensores deste movemento.
http://www.youtube.com/watch?v=jPMdx9nqlc8
¿E estes mendas son os líderes disto?
A Sindy Cal:
Quedarás máis tranquilo co teu comentario; sentiraste máis seguro persoalizando e reducindo o que está a ocorrer en "os mesmos", como se os coñeceses de algo: eles mesmos están aínda na experiencia de coñecérense, de organizárense, de establecer o seu propio programa como víctimas do sistema e actores necesarios para a súa transformación. En lugar de descalificar con tanta alegría, participa, debate con eles, critica os seus planteamentos.
Dá igoal que haxa ou non "defensores" do movemento... eppur si muove: cómpre non ser tan alegre nas descalificacións. Observa, lé, analiza sen prexuízos e, seguro, sacarás algo máis en limpo, para ti e para a sociedade.
Xos: seguro que lles fará moita ilusión que ti os consideres líderes: aconsélloche botar unha ollada a estes outros líderes, a ver que che parecen. E, de paso, como deberes para os dous, consultar e lér a web duns dos principais impulsores e dinamizadores do 15M: Juventud Sin Futuro.
Despois de perder un pouco do voso tempo informándovos de fontes directas, preguntádevos que pasa coas organizacións sindicais que non son quen de mobilizar nin ao seu "público" obxectivo.
Xa o dixen, isto pode derivar nun populismo sen saída, ou ser o aire fresco imprescindible para que as consecuencias da crise non sexan tan salvaxes como prevén "os Mercados".
Ben, polo de agora hai máis aire fresco que populismo. É indudable, hai unha marea de xente que berra dignidade. Iso é positivo e punto. A ver que pasa.
Publicar un comentario