IX ÉPOCA

26.11.10

¿Por que se funde Marqués de Valladares?

E por que se funde Carral e se fundirá Velázquez Moreno e a Praza de Compostela... As obras de "humanización" de Corina Porro, con toda a súa decoración de caro granito rosa venezolano e do traballo case esclavista de mociños portugueses, son pura decoración, pura epiderme. Así o denunciou Vigoblog, entre outros, nun post do 19.7.2005 que, baixo o título "Obras na Alameda, cloaca máxima" denunciaba a estafa dunhas obras de urbanización que deixaban sen tocar os sumidorios de pedra decimonónicos que quedaban por debaixo dos mal colocados lastros da superficie.
Para cando os responsables políticos e técnicos municipais -que os hai e que seguen a dirixir impunemente obras de urbanización no Concello de Vigo-  pagarán co seu patrimonio e co seu posto de traballo este latrocinio?

3 comentarios:

L. Pardavila dixo...

Por certo, que fai o valedor do cidadán? Por qué non abre unha investigación de oficio para aclarar estes fraudes ós cidadáns? Non será acaso que o propio valedor é un fraude?

Ramón Barrientos dixo...

Espada Recarey??? é mesmamente un fraude. Non hai máis que ver a quen encarga os seus estudos sobre ruido pagados con cargo aos presupostos municipais.

Marcos Andión dixo...

O que a min gustaríame saber é quén é o cidadán ese que ten valedor, porque os demáis semella que non temos ren.
Se chego a dar có fulano es que ten valedor voulle preguntar para que lle valeu o valedor. En caso de resposta satisfacotoria, propondrei ó Concello (¿Alcaldía?, ¿Tenencia?) que faga rotacións, como Guardiola, por ver si nos toca ós demáis por turnos.
E, a pregunta do millón: ¿para que vale o valedor?
(Non puntúa dicir que lle vale a el, que iso xa o sabemos).
E unha nota de actualidade: cando vexas as barbas do tripartito rapar, pon as do bipartito a remollar.