IX ÉPOCA

14.11.10

Guillermo Fariñas: a visión dende Cuba

Un pouco de contrapropaganda; ¿non é realmente sorprendente a atención extrema que prestan os medios de comunicación do mundo rico á situación cubana? Nonos sería máis útil que tivesen a mesma teima e capacidade de denuncia coa dictadura dos mercados?

3 comentarios:

andr dixo...

Recorda ó que decían no Franquismo co dos vagos e maleantes, para referirse ós opositores do Franquismo.


[A las declaraciones del actor español Guillermo Toledo, señalando que el activista muerto en huelga de hambre Orlando Zapata era en realidad un delincuente, el director de Greenpeace en España, Juan López de Uralde, responde categórico: "Todos somos delincuentes, sí. Marcelino Camacho también lo era en su momento".]

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/activistas/vulnerables/elpepisoc/20100308elpepisoc_1/Tes

Pablo Eifonso dixo...

Pero sabes cántos presos políticos hai en Cuba e canntos había durante a dictadura de Franco?
Sabes cómo vai a liberdade de reunión e expresión nos Emiratos Árabes ou en Arabia Saudí? coñeces algunha sanción internacional a estes países tan de(m)ocráticos? Cómo ves a mobilización internacional contra a democracia chinesa? e que me dis das sancións a USA por Guantánamo? Que tal ves o bloqueo a Israel polo apartheid cos palestinos... ah? nono hai?
Non che -canto menos- mosquea esa obsesión con Venezuela e Cuba?
Podería ser que son un mal exemplo para "os Mercados"?
É evidente que a democracia en Cuba é sumamente complicada: manter un sistema socialista nunha pequena nación no medio do Caribe, bloqueada economicamente e cos poderosos financiando a mans cheas a disidencia, debe facer difícil o exercizo das liberdades. Posiblemente Cuba non teña futuro, pero o futuro vai máis por un sistema semellante ao Cubano (iso sí, con liberdades). Os que seguro non ten máis futuro cá barbarie é o capitalismo. Se non, pregúntalle aos Mercados (con coidado, iso si, non vaia ser que se cabreen e fundan ao goberno democraticamente elixido por ti e por min).

Pablo Eifonso dixo...

Por certo, non recordo que durante o franquismo que eu coñecín, os opositores políticos fosen detidos baseándose la tremenda ley de vagos y maleantes: máis vén eran "procesados" en aplicación da Ley para la Represión de la Masonería y el Comunismo na psotguerra e, na última etapa "xulgados" polo famoso TOP -Tribunal de Orden público- encargado de la represión política (non por vagos e maleantes, senon, por exemplo, por asociación ilícita ou propaganda ilegal).
Non é conveniente reinventar a historia para apoiar as nosas opinións; as cousas, en temas tan graves como este, deberían citarse con propiedade.
Grazas por participar en VB.