Aquil home estaba ao día. Na súa casa todo funcionaba seguindo as regras de austeridade, eficencia e defensa do interese xeral. Para fomentar o emprego decidiu subcontratar unha coidadora para os nenos; a limpeza sempre estivo en mans dunha contratada por horas; a súas contas levábaas un asesor fiscal que enchía puntualmente a declaración de facenda; a súa axencía de viaxes organizaba o veraneo e de cando en vez contrataba a un xoven veciño que limpaba o seu ordenador.
A súa sorpresa foi grande cando o sabado pola noite atopou no seu dormitorio a unha persoa descoñecida.
- Bois noites. O meu nome é Encarna e pertenzo a Axencia Pleasure de servizos sexuais. Dispón vostede de 45 minutos. Os minutos adicionais según tarifa express. Se vostede gaña menos de 3,5 o o salario mínimo ten dereito a unha subvención da Consellería de Benestar. Aqui ten o contrato asinado pola súa esposa que, por certo, dixo que non a espere para almorzar.
P.S. E se contratáramos a un presidente da Xunta externo?
Mortes no traballo en Galicia: non importan as vidas das persoas
traballadoras?
-
Os sindicatos alertaron a mediados de ano que as cifras de sinistros
laborais graves e con morte aumentaron. A falta de verdadeiras políticas de
prevención...
Ningún comentario:
Publicar un comentario