IX ÉPOCA

16.8.10

Hosteleiros avispados

Vigo conta cunha escola oficial pública de hostelería de alta calidade educativa, na que se imparten ciclos de formación profesional que capacitan para o exercizo das distintas profesións vinculadas a este sector. É o Instituto de Ensino Secundario Manuel Antonio que leva xa moitos anos impartindo unha formación de calidade da que saen numerosos titulados.
A patronal da hostelería viguesa leva moitos anos tratando de resucitar unha escola privada de hostelería, de carácter non oficial, explotada por eles, pero financiada graciosamente polo Concello de Vigo. Naturalmente, para conquerir formación sen títulos e así non ter que asumir a categoría dun profesional titulado. Periodicamente volven á carga para ver quen traga o anzó do seu negociete: a última vez, onte mesmo.
Nesta cidade aínda hai memoria e moitos saben da estafa desa Escola de Hostelería que funcionou (?) durante uns anos no Berbés e que agora tentan recuperar. Unha Escola que puxo en marcha aquel concelleiro tránsfuga, maragato,  vendedor de cociñas, que se facía pasar por alcalde de Vigo nas comilonas que en Castrillo de los Polvazares, se daban algúns populares vigueses "invitados" por Manuel Alvite.

Ningún comentario: