Dentro de nove meses a cidade parirá un novo/a alcalde/sa. Deberíamos estar ilusionados pero non. A verdade é que xa coñecemos as posibilidades e tanto nos dá que sexa neno ou nena. Tampouco confiamos en que traia un pan por baixo do brazo. Como moito haberá algúns cambios no cuarto do neno/a e teremos que rascar o peto para darlle uns antoxos.
Estes nove meses serán noxentos e teremos que escoitar, de novo, os bos desexos dos que xa poderían facer balance de realidades. Aparecen, iso sí, personaxes conxelados que aproveitan o ruido da festa para facerense notar.
E os encargados de contalo xa toman subvencións, digo, posicións. Na Voz hai un moneco de Caballero donde non cabe un alfinete mais e a ilegal TeleVigo acapara audiencias con "Aló Alcalde" mentras o grupo RadioVigo cobra a todos e aloumiña a Corina, Chema e Louzán.
Nalgún lugar hai sete ou oito mil cidadáns e cidadás que agardan para atopar a cuarta pata do banco.
Núñez Seixas, historiador: "A memoria tamén se constrúe cos lugares
esquecidos que cómpre recuperar"
-
O coordinador científico do proxecto 'Lugares de memoria de Galicia'
insiste en que "non se trata de reconstruír a historia única, senón de
entender a plur...
Ningún comentario:
Publicar un comentario