IX ÉPOCA

26.2.09

Contra os vertidos incontrolados á ría de Vigo

Dende o inicio de Vigoblog, defendemos unha ría libre de vertidos incontrolados, libre de contaminación, defendemos a adecuada xestión dos vertidos líquidos industriais, e unha depuración racional e eficaz das augas residuais urbanas e denunciamos aos responsables da desfeita actual. Consideramos unha opción completamente desaxeitada a macrodepuradora na Xunqueira do Lagares. Mañán estaremos aquí:

25.2.09

Esto é abstencionante

Xa non caben máis milongas. Que os outros sexan piores non o fai a ún bo.

Evidentemente, pois xa pasaron polo poder tódalas opcións “dispoñibles no mercado” para ocupalo (vamos sabendo o que realmente fan, non só o que dín que farían), achegarse nos tempos actuais á política profesional non parece sinónimo de servizo público e dedicación á mellora das condicións de vida dos cidadáns-contribuíntes-electores (de eficacia e eficiencia en administrar o noso, como diría o amigo Andión).

Parece sinónimo, para todos ou cáseque todos, de procurar manterse no poder por TODOLOS medios dispoñibles (e por dispoñer) e, por ende, nas respectivas situacións persoais de privilexio multirremunerado. Nese momento, os intereses xerais e o ben común pasaron a mellor vida.

O “tingladillo” está montado para permitir que tal situación se dea, hoxendía de xeito escandalosamente evidente, coas conexións xeralizables de tramas corruptas entre a política e o poder económico. O incríble é que se segue a dar co noso coñecemento e consentimento periódico.

Que se voten eles mesmos, e os seus beneficiados, pero que conmigo non conten.

(Primeira medida terapéutica: Listas abertas para unha eficaz fiscalización dos nosos políticos e, se o sistema non lles gusta, que se dediquen a outra cousa, os que podan).

24.2.09

De encuestas y otros numeritos

Bajaba por Urzaiz para asistir a la reglamentaria "tenida" de la Logia Vigo-Centro de VIGOBLOG, cuando me tropecé con Pereira, el semiólogo ese que trabajó sin contrato para nosotros y que se dedica a desentrañar las señales y los signos de todo lo que se mueve.
--Coño, Pereira, ¿cómo estás?
--Pues anda que tú...
--Ya empezamos...
Bueno, salvado el saludo de mosqueo, charlamos sobre sus últimas pesquisas, que resultaron ser sobre lo de las elecciones y las encuestas, con las clásicas conclusiones del semiólogo acerca de los comportamientos de los candidatos.
Sostiene Pereira que las encuestas resultan favorables a todos y cada uno de los principales candidatos...
--Hombre, no será a todos.
--A todos, ¿o has visto alguna vez que un candidato afirme que la encuesta que maneja le sea francamente desfavorable?
Pues va a ser que sí; que Pereira tiene razón, porque nadie está dispuesto a aceptar que lo de los porcentajes le sea adverso.
Partiendo de esa constatación, Pereira afirma que ha logrado conocer el estado de ánimo y la dirección estratégica de las campañas de cada uno de los tres principales candidatos, atendiendo a cómo se manifiestan según se acerca la jornada de reflexión.
Sostiene Pereira que la encuesta que maneja Feijóo le impulsa a creer que en unos días será Fraga por mayoría absoluta. Y se mete cada día con el bipartito, porque, efectivamente, aquí no hay un gobierno, sino una Presidencia y una Vicepresidencia, con sus tecores particulares y sus licencias de caza privadas. Y les dice a los que no votaron al PP antes que lo hagan ahora para tener un sólo gobierno al que dirigir las quejas.
Del mismo modo, sostiene Pereira que Touriño anda crecido y, después de cierto tratamiento versallesco con su socio de gobierno, se ha lanzado a la palestra para reconducir el discurso de Feijóo diciendo que ya no necesitará la "muleta" de Quintana y quiere gobernar solo, "sin ataduras".
Y Quintana, según Pereira, recoge el guante y se lo devuelve a la cara a Touriño para recordar a los suyos y a los que espera que lo sean que, de no ser por el BNG, Galicia y el gallego seguirían en Babia para el gobierno español. Pero, sostiene Pereira, Quin debe sospechar que el electorado que espera captar está más cerca del PP que del PSOE y pasa de puntillas por la crítica a su socio de gobierno, a la espera de que los enmierdes del PP le permitan recoger algunos votos que nunca irían para "el socialismo". Y me recuerda que, en plena campaña, el de Allariz se permitió mentar la "bicha" y hablar de socialdemocracia. Paco Rodríguez debe estar que bufa, sostiene Pereira.
O sea que aquí hay dos frentes de campaña: los otros son malos y perjudiciales para Galicia, y un gobierno o dos.
Y sostiene, finalmente, Pereira que, con respecto a la segunda cuestión (la madre del cordero de estas elecciones), Quin tiene claro que no hay vicepresidencia que valga sin el éxito del PSOE; Touriño cree ver un horizonte de gobierno socialista en solitario, mientras que Feijóo no se cree nada pero insiste en que el único gobierno en solitario puede ser el suyo.
Mientras tanto, las encuestas a lo suyo, con la peculiaridad de que todas han sido hechas a la medida, de modo que haya "items" que permitan una lectura conveniente.
Y, como telón de fondo, la abstención o el ns/nc, porque aún hay un montón de peña que a la pregunta "¿A quién piensa votar?" todavía responde: "¡A ti te lo voy a decir yo!".
También sostiene Pereira que todo está patas arriba porque, con tres meses de previa a la precampaña, precampaña y campaña, sólo nos dejan un día para la reflexión. Y es que, sostiene Pereira, aquí nadie quiere que se reflexione, no vaya a ser que todo lo gastado en la campaña se vaya al garete por culpa de esa funesta manía de pensar.
Para semiólogos está el patio...

19.2.09

Flora e fauna eleitoral


Destrozos no mobiliario urbano en Cangas: téñeno doado as autoridades dese Concello: os autores están perfectamente identificados. Ademais actúan co agravante de exerceren cargos públicos.
Pero aínda podemos explicar a falta de respecto polo público e o incivismo de diversas sesudas maneiras... E mesmo multar a quen se porte mal (sempre e cando nono faga por unha causa xustificada, como presentarse a unhas eleccións, claro).

18.2.09

Lechuga

Vigo é un maná para os espabilados oficiais. Unha serie de individuos atopan aquí un lugar onde vender productos variados, e a un comprador que por ignorancia pura e dura ou interese particular variado, sempre está disposto a mercar -cos cartos públicos, claro- o fume que lle queiran colocar.
José Enrique Lechuga non é a primeira vez que lle coloca o seu producto a un alcalde de Vigo. Con ocasión das montaxes variadas daquel V Centenario, Soto encargáralle a este señor, se non lembro mal por un importe de 20 millóns (!) de pesetas daquela, un choio semellante ao que agora lle reencarga Caballero. A estas alturas descoñecemos cal foi o resultado daquel encargo do compañeiro, pero estamos convencidos de que Lechuga cobrar, cobrou. Volve agora o Almirante Caballero a picar do mesmo anzó e véndenos outravolta a nova de que vai buscar el tamén o mítico Santo Cristo de Maracaibo. Seica vai cobrar Lechuga tamén por traballos que xa están feitos pola Consellería de Cultura e por ideas xa lanzadas hai tempo por reputados arqueólogos en relación co xacemento arqueolóxico subacuático dos pecios de Rande. Vése que para Lechuga, trescentos anos despois, a batalla de Rande segue a reportarlle beneficios, se non en ouro e prata, si en pesetas e euros, tanto ten que sexa con Soto como con Caballero.

E é que isto do naval éche así. Por exemplo, hai anos, o concelleiro de cultura da época Soto, Francisco Santomé tamén mercara por outra cantidade millonaria unha colección de maquetas de barcos a un coleccionista que non tiña onde gardalas. A colección andará almacenada nalgún faiado municipal. Tamén o pediatra e malacólogo Emilio Rolán chegou a asinar un convenio co Concello de Vigo, con Santomé novamente, polo que, a cambio dun suposto depósito futuro da súa colección de cunchas, que nunca se chegou a producir, o Concello comprometíase a aportar unha cantidade fixa anual dalgúns centos de miles de pesetas daquela, "para a investigación" e fornecemento, por eses mares do mundo de diós, da colección de Rolán que logo acabaría nun museo (?) en Vigo.

Vése que esta xenerosa e inveterada afección viguesa a mercar variados tipos de productos que ninguén querería, débeseche ser cousa dun nordés que entra polo mar e que senta mal aos apoltronados okupas das cadeiras municipais e pior aos nosos petos de contribuíntes.
Aínda que, probablemente, a nova de hoxe do alcalde e Lechuga sexa sinxelamente un lucrativo gol que este último lle mete directamente pola ampla portería da incultura e ignorancia que rexe os destinos da alcaldía de Vigo. A cousa terá consecuencias: ¿canto tardará o tenente Domínguez en reclamar que Lechuga é do ámbito da súa competencia?

Antroido, campaña electoral, garotas do país ou tamén... ¿qué miras Albertito?

16.2.09

candidato diante do espello

14.2.09

Adoquíns

Se paseas por Policarpo Sanz entre a Porta do Sol e o cruce de Colón, podes ver un interesante corte xeolóxico que mostra a historia recente da cidade, do corazón mesmo da cidade, unha especie de agasallo extra por parte da sufrida, esforzada e cáseque desinteresada concesionaria do “necesario” parking-urbanizador. Pasando por alto os anárquicos tubos e canles que parecen vir de ningunha parte cara ningures, chama poderosamente a atención a ordeada e pulcra ringleira de adoquíns que sirven de contundente base para as sucesivas capas de asfalto coas que, a modo de mala laca, se lle foi afeando o aspecto.

Unha vez que volvo a este século, a este ano, a este mes, a estes tempos que vivimos agora, non podo evitar pensar: “Como non tapen esto pronto, vexo neses adoquins moita munición de dioss para as lexións de parados que comezan a cercar á cidade”.

E que ninguén faga, porque non procede, o fácil xogo do “adoQUIN” porque el será todo o espartaco-reguetoon que esixa o guión, pero é bo rapás.

Glups

13.2.09

As causas da crise


Subo ó vitrasa e sinto como un cabreo xordo xorde do meu interior. Non, non son as obras dos parkings innecesarios que o Concello terá que recuperar dentro de tres anos para facer un empresa pública de parkings deficitarios. Tampouco son as repetidas inauguracións da Cidade do Mar que Touriño adoita facer en visperas electorais. Nin tan siquera son as declaracións de Quintana falando de manifestacións a favor do galego. Por un momento pensei se serían as vibracións da miñoca, a tuneladora quero decir, que vai furgar media cidade por que custa moito tela parada. Non, pois tampouco vai ser a tuneladora, nin os anuncios de Feijoo porque esta crise xa me viña dende hai tempo.
Deixo a mente en branco para ver de tranquilizar. E entón escoito unha voz escura, deprimente, sen gana, triste
-“Parada..................Urzaiz...............sesenta e cinco.” (ler con pausa e voz de pésame)


Coño! Era isto! Escoitar estes anuncios recorda as letanías de semana santa, os avisos dun tanatorio; é como si lle sacaran as verbas con tortura.


-“Parada..................Urzaiz................corenta e tres.”


Pero como non vai haber crise!. Unha parte do fondo local debería empregarse en grabar uns novos anuncios cunha pouca alegría, como os de Renfe ou os de Balaidos.

-“Parada..................Urzaiz................vintesete.”

Non sei se baixar ou botarme a chorar no bus.

12.2.09

Tranqui, Mariano, aún van por la C

La renovación en el PP, con visos de "regreso a los orígenes", ha iniciado su andadura por el estrecho carril que significan los "ajustes de cuentas" internos. Para mí que la "renovación" ha elegido perder elecciones como forma de acabar con el reinado de Mariano, "El Breve".
Es lo único sensato que se me ocurre desde que, con aquel "push" del birrete contra la boina, Mariano colocó a los suyos al frente del PP gallego para que fueran perdiendo y pudiesen salvarse de la quema los de siempre.
Nadie me quitará de la cabeza que toda esta barahúnda de espías, tramas corruptas y escandalosas grabaciones telefónicas tiene su origen en las cloacas de Génova. ¿Será coincidencia que en cuanto se convocan elecciones salen a relucir las navajas traperas entre fracciones del PP? Ya daba para sospechar el que, cuando faltaba un poco más de un mes para las generales, se montara la trifulca aquella de Gallardón y Espe. A nadie con dos dedos de frente se le ocurre montar un sindiós como aquel cuando se está a punto de pedir la confianza de los electores. En buena lógica, el asunto se habría mantenido durmiente a la espera de los resultados, para armarla después, si hiciese falta. Pero, no; parece que se trataba de montar follón para que el Mariano perdiese las elecciones y, consecuentemente, dejase paso a la "renovación" de los de antes. Y ya no sé si pensar que lo del helicóptero con Espe y Mariano formaba parte de la trama.
Ahora, con las gallegas y las vascas a la vuelta de la esquina, nuevo follón interno en el PP. Porque, por mucho que el follón pudiera beneficiar al PSOE, lo cierto es que el escándalo se montó entre los de aquel partido: populares y ex populares contra populares y ex populares en los periódicos, en los juzgados...
Para mí que, fracasado el intento anterior de barrer a Mariano (porque no ganó las elecciones pero sí muchos votos), el viejo aparato aparentemente sujeto aún a los hilos del Don Aznar vuelve a la carga. Todo vale, con tal de perder de vista a Mariano.
El caso es que me ha dado por fijarme en que el asunto va por orden alfabético: primero la A (Aznar, Aguirre), luego la B (Botella, Baltar) y ahora le toca a la C (Carrera, Correa, Cortés). Tranquilo, pues, Mariano, que para la R todavía queda. Y todavía habrá que pasar por las europeas antes de que haya otras generales con las que lograr la tan esperada "renovación".
Por si acaso, Rajoy ya tuvo cuidado con que su "segunda" fuese alquien inequívocamente situada al final del abecedario: Soraya, Saéz de Santamaría (con tres eses, a ver quien le tose).
Lo del Garzón y el Bermejo me huele a "colada" como la del Wyoming a Intereconomía.
Los subterráneos de los partidos son, como los caminos de Dios, inescrutables.

2.2.09

As nóminas da alpinista ou cartas cainitas ( II )


Carisimo professore Abel : levo varios diás sofrendo unha teimuda discusión feminina na hora do bocata dunha temática insignificante para quen coma vos ocupa as vintecatro horas do día en arranxar todos os proxectos xa en marcha no voso reinado mais velando pola súa rapida execución cual centinela público (auditorio..cidade do mar...chegada do AVE..Ikea..metro lixeiro...etc...etc ). Tamén hai quen dí !lajarta,lajarta! que mais ben pasa o día diante do espello preguntandolle polo ben que o fai para vir de Puentearenas pasando por El Porrito antes de subir Pucheros e a resposta ,asegúranme é sempre positiva...y sino llamo a un par de ministros y ya está.
Pero o asunto que debaten as colegas no bocata é outro ¿ cales son as retribucións que cobrou a concelleira Chus Lago na sua ausencia do seu posto de traballo durante a aventura polar/polaroid ?
¿podería carisimo professore facer públicas as nóminas dos meses correspondentes incluida a paga extra? Se non é así dinme as do bocata que é facil dar con elas...pero entre nos non imos andar con esas vainas...¿ non sí ?

Autoodio versión C.Porro

Ao parecer, a falta doutra cousa, C. Porro apúntase a adalid na loita contra a imposición do galego. Ela seica é bilingüe: algo así como unha especie de fusión entre Rosa Díez e Rosalía de Castro.
Debemos agradecerlle esta iniciativa, pois o monstroso idioma galaico está a contaminar gravemente as mentes dos nosos cativos, afogados na loita contra dous códigos lingüisticos, un deles inventado por Cervantes e o outro polo BNG. Un drama que non coñeciamos ata que xentes como C.Porro ou a asociación autodenominada Galicia bilingüe, formada por valientes amas de casa e eficaces oficinistas preocupados polo desenvolvemento intelectual dos seus fillos, nolo descrubriron. E chámannos, agora con Perli á cabeza, a unha cruzada contra esa lingoa de pailáns (en todo caso, bonita pero pouco práctica) que falaban os nosos abós e que algúns se empecinan en que perdure para os nosos netos, e así facelos uns incultos totais de todo.
Sabe C.Porro que se se ocupa o cerebro infantil con dous idiomas (e máis cando un deles, por máis que digan, é un dialecto inventado pola Real Academia Galega), non haberá sitio para o inglés e, sen inglés, os nosos fillos, ademais de manipulados polos malvados nacionalistas, terán que vivir e traballar en Galicia en vai ti a saber que choio manual, ou de chachas, que aínda é pior.
Mal sabe C.Porro que non debe temer a posición do BNG en política lingüística. Primeiro, porque a este partido (?) centrista lle debe que aínda exista ela na area política deste país. Foi este grupo, encabezado en Vigo por Xabier Toba Girón e Lois Pérez Castrillo, os que, horrorizados porque Ventura Pérez Mariño non daba aprendido o galego, decidiron que era mellor cambialo e poñer a Corina de alcaldesa. A eles hai que agradecer que hoxe non sexa un cadavre político, sen chalé e sen iate.
Mal sabe C.Porro que dende que o BNG está no Concello de Vigo o nivel de desgaleguización da administración muncipal é o maior, dende que Manoel Soto (supoñemos que para purgar tódolos seus pecados) galeguizouna modelicamente. Non sabe que non debe preocuparse, xa que nas oficinas municipais viguesas de Santiago Domínguez Olveira escóitase (non, non na intimidade, onde non deben soltar nin unha soa verba en galego) moito a lingoa de Cervantes (co seu lixeiro acastrapamento, iso si, porque tampouco son moi ilustrados), especialmente entre os seus múltiples asesores (isto se consideramos que o que fala o tenente Domínguez ou María Méndez, por exemplo, se poda considerar, en rigor, galego).
Tampouco debe temer a Porro/Puerro aos do PSOE, estes gánanlle en autoodio a boa parte dos militantes do PP: non hai máis que escoitar a Carmela Silva como, nun inútil intento de sacarse a bosta dos zapatos, mete e remete pretéritos perfectos a eito no seu castelán onde debera haber indefinidos, que non pronuncia nin de casualidade. Ou escoitalos desprezar o noso idioma como se fose patrimonio bloqueiro.

En calquera caso, dende aquí quero felicitar a C.Porro por ter atopado unha causa singular, á altura do seu intelecto e cultura, e o suficientemente perversa como para que encontre seguidores abondo que lle permitan seguir vivindo, un tempo máis, do choio da política parásita (perdón, dos seus derivados).

1.2.09

Campaña preelectoral (II)