IX ÉPOCA

2.2.09

Autoodio versión C.Porro

Ao parecer, a falta doutra cousa, C. Porro apúntase a adalid na loita contra a imposición do galego. Ela seica é bilingüe: algo así como unha especie de fusión entre Rosa Díez e Rosalía de Castro.
Debemos agradecerlle esta iniciativa, pois o monstroso idioma galaico está a contaminar gravemente as mentes dos nosos cativos, afogados na loita contra dous códigos lingüisticos, un deles inventado por Cervantes e o outro polo BNG. Un drama que non coñeciamos ata que xentes como C.Porro ou a asociación autodenominada Galicia bilingüe, formada por valientes amas de casa e eficaces oficinistas preocupados polo desenvolvemento intelectual dos seus fillos, nolo descrubriron. E chámannos, agora con Perli á cabeza, a unha cruzada contra esa lingoa de pailáns (en todo caso, bonita pero pouco práctica) que falaban os nosos abós e que algúns se empecinan en que perdure para os nosos netos, e así facelos uns incultos totais de todo.
Sabe C.Porro que se se ocupa o cerebro infantil con dous idiomas (e máis cando un deles, por máis que digan, é un dialecto inventado pola Real Academia Galega), non haberá sitio para o inglés e, sen inglés, os nosos fillos, ademais de manipulados polos malvados nacionalistas, terán que vivir e traballar en Galicia en vai ti a saber que choio manual, ou de chachas, que aínda é pior.
Mal sabe C.Porro que non debe temer a posición do BNG en política lingüística. Primeiro, porque a este partido (?) centrista lle debe que aínda exista ela na area política deste país. Foi este grupo, encabezado en Vigo por Xabier Toba Girón e Lois Pérez Castrillo, os que, horrorizados porque Ventura Pérez Mariño non daba aprendido o galego, decidiron que era mellor cambialo e poñer a Corina de alcaldesa. A eles hai que agradecer que hoxe non sexa un cadavre político, sen chalé e sen iate.
Mal sabe C.Porro que dende que o BNG está no Concello de Vigo o nivel de desgaleguización da administración muncipal é o maior, dende que Manoel Soto (supoñemos que para purgar tódolos seus pecados) galeguizouna modelicamente. Non sabe que non debe preocuparse, xa que nas oficinas municipais viguesas de Santiago Domínguez Olveira escóitase (non, non na intimidade, onde non deben soltar nin unha soa verba en galego) moito a lingoa de Cervantes (co seu lixeiro acastrapamento, iso si, porque tampouco son moi ilustrados), especialmente entre os seus múltiples asesores (isto se consideramos que o que fala o tenente Domínguez ou María Méndez, por exemplo, se poda considerar, en rigor, galego).
Tampouco debe temer a Porro/Puerro aos do PSOE, estes gánanlle en autoodio a boa parte dos militantes do PP: non hai máis que escoitar a Carmela Silva como, nun inútil intento de sacarse a bosta dos zapatos, mete e remete pretéritos perfectos a eito no seu castelán onde debera haber indefinidos, que non pronuncia nin de casualidade. Ou escoitalos desprezar o noso idioma como se fose patrimonio bloqueiro.

En calquera caso, dende aquí quero felicitar a C.Porro por ter atopado unha causa singular, á altura do seu intelecto e cultura, e o suficientemente perversa como para que encontre seguidores abondo que lle permitan seguir vivindo, un tempo máis, do choio da política parásita (perdón, dos seus derivados).

26 comentarios:

Anónimo dixo...

Os tellados de todas las obras publicas recontratadas voando po-lo vento por votar cal con area en vez de cemento e vos con estas mariconadas

Xa parecedes sindicalistas.

Anónimo dixo...

Ah, Eifonso, muchacho, ¿o debería decir autodenominado Pablo Eifonso?. Yo, como uno de tantos miles de gallegos durante cientos de años, sobrevivo con la ignominia que conlleva ser confeso de Auto-Odio.
Ud acusa, con bastante ligereza por cierto, a la Sra Porro de parasitar una causa "singular, a la altura de su intelecto y cultura", la misma que defiende esa "asociación autodenominada Galicia Bilingüe, formada por valientes amas de casa y eficaces oficinistas preocupados por el desarrollo intelectual de sus hijos". Supongo que se maravillará de que yo -un infiel lingüístico -pueda traducir su texto, por cierto plagado de errores sintácticos y gramaticales, yo, un miembro activo de una plataforma ciudadana que propugna la igualdad de derechos entre los hablantes de las dos lenguas cooficiales en Galicia.
Su problema, el suyo y el de otros "luchadores por la libertad" es que ya no saben de qué lado están. Supuestamente, siempre han defendido la libertad y los derechos civiles, pero en cuanto los que reclaman esa defensa no son de su cuerda, o simplemente protestan contra una imposición descabellada, entonces saltan los adjetivos que les delatan: "Valientes amas de casa...", ay Señor, Señor...
Probablemente Ud sepa a ciencia cierta cuántas personas viven en Galicia de las subvenciones al castellano; o cuántas almas sobreviven gracias a la lucha por la igualdad de derechos entre los hablantes de ambas lenguas cooficiales. Estoy convencido de que sabe también si existen asociaciones u organizaciones que envían cartas amenazantes a comercios minoristas, bancos, compañías eléctricas o industrias conminándoles a utilizar el castellano en su actividad diaria so pena de sanción.
¿Qué me dice? ¿Lo sabe? Bien, le echaré una mano ya que, aún siendo víctima del auto-odio visceral, todavía soy capaz de hacer un análisis mínimamente imparcial: NADIE, NINGUNA, NO HAY.
No hay subvenciones para ninguna actividad en castellano en Galicia, pero sí encontramos gentes variopintas que parasitan nuestros impuestos para crear asociaciones, mesas, circulos o forums que tienen como única motivación el erradicar el uso del castellano en la sociedad gallega. Los fondos otorgados asociados al uso del gallego en 2008 ascendieron nada más y nada menos que al 100% de las actividades subvencionadas por la Xunta de Galicia. Digame, autodenominado Sr Eifonso, ¿quien está parasitando la causa del gallego?
Por suerte para la plataforma ciudadana Galicia Bilingüe, la Sra Porro, cuya filiación política ni comparto ni apoyo, es sólamente una de las más de 95.000 firmas que sostienen la tesis de que en nuestra sociedad, debe primar la libertad de elección. No se puede imponer a los castellanohablantes aquello que no se quiere para los galegofalantes. ¿Qué dirían nuestros ínclitos nacionalistas si mañana se promulgase una Ley que obligase a todos los niños a hablar sólamente en Español en el 90% de sus horas lectivas? ¿Que obligase en Galicia a que todas las comunicaciones estuviesen en castellano? ¿Que impusiese el uso de esta lengua cooficial en detrimento de la otra?
Bien, pues esto es lo que nos sucede a los castellanohablantes todos los días en este país, en esta nación si Ud. lo prefiere: esta nación llamada España.
Cordiales saludos,


Fernando LAGO

pablo gonzalez dixo...

Estimado don Fernando,

Non se poña nervoso, home, que aínda lle quedan todos os medios de comunicación, os colexios concertados relixiosos onde se incumple a lei (que lle guste ou non, haberá que cumplila nun estado de dereito, digo eu, tanto máis cando estamos nunha democracia onde a maioría dos cidadáns decidiron que gobernaran os actuais), o 99% das rotulacións e anuncios dos comercios, a educación da xente (que, como nós, podemos falar en castelán a un texto escrito en galego e respostar en galego a un comentario feito en castelán sen que supoña ningún problema), etc.

Non me negará vostede que o galego é un ben que debe ser conservado e que, actualmente, corre o risco real de desaparecer. Quizás a lei á que alude sexa excesiva (eu non o entendo así), pero de aí a sentirse ameazado na súa libertade por pretender ensinarlle cultura (o galego é cultura igual que calquera outro idioma) ós seus fillos, pois hai un trecho.

A cultura nunca fixo mal a ningures, máis ben ó contrario. E o Estado deberá fomentar a presencia das culturas minoritarias, non daquelas que non teñan problemas, como é o caso do castelán.

Se non comparte os criterios pols que se imparten as subvencións (calquera delas), ten vostede as armas democráticas na man para cambialas, pero lle infromo dende xa que o feito de que o resultado final estea en galego non é un requisito imprescindible (a non ser que falemos de polítca lingüística ou cultura, claro). Os Ministerios correspondentes teñen as mesmas subvencións, so hai que informarse.

Outra cousa é que subvencionen feitos como facer a publicidade en galego, por exemplo. O que se apoia non é facer publicidade, senon comunicarse en galego, posto que estará dacordo conmigo en que faise menos en galego que noutros idiomas. En calquera caso ten vostede razón se pensa que é unha pena que teñamos que ter chegado a esta situación.

Respecto á escolarización espero que non lle preocupe que os nenos falen duas linguas. O castelán o aprenderán porque é practicamente imposible non facelo nesta sociedade. E galego o aprenderán na escola, igual que o latín ou o grego ou o inglés ou a alemán.

Entendo que teñen vostedes dereito a manifestarse polo que queiran (houbo quen se manifestou por sentir que se os homosexuais se casaban a súa familia rachaba), pero ó facelo expóñense vostedes a que a xente opine sobre vostedes.

E respecto á capacidade intelectual de dona Corina non penso engadir nada, non vaia ser que algún malintencionado teña o mal gusto de explicarsello á aludida.

Rafael dixo...

Eu teño escoitado a uns pais dunha rapaza que protestaban dicindo que a súa filla suspendía as matemáticas (en cuarto de EGB) porque eran en galego e a ela custáballe máis... En fin, que logo o pai espetábate: "E que... eu odio o galego".
Tamén está moi extendida a idea de que o galego non serve de nada, ¿se queres ir a traballar a Madrid vas ir falando galego? E os empresarios din que Galicia perde competitividade polo galego.
Eu estudiei na escola pública, nun colexio concertado e noutro privado, de curas. E teño que dicir que no que máis profesores falaban galego era no de curas. E ti, sendo neno, nin te das conta se unha asinatura dancha en galego ou en castelán.
O peor, é que con este tipo de iniciativas, por moito que se busque a liberdade lingüística, moita xente lle está collendo un odio visceral ó galego.

pablo gonzalez dixo...

Penso que o feito de suspender unha asignatura por ser impartida nunha lingua específica revela outro tipo de problemas que non teñen nada que ver coa lingua en cuestión. No rural, onde a maioría da xente é galega falante, hai tan bos estudantes como nas zonas urbáns, ainda que se dean asignaturas en castelán. ¿Deberíamos pensar que os galegos falantes teñen máis facilidades para aprender que os casteláns falantes?

Outra cousa é que exista unha mala actitude respecto a unha lingua, que é precisamente o que se intenta cambiar, facéndoa presente en ámbitos onde non son comúns. Se a idea é boa ou non, non sei. O que é evidente é que non se vai normalizalo galego gardandoo no armario, como unha ferramenta que se utiliza en casos específicos ou como unha lámina que se saca unha vez ó ano para mirar que bonita é.

Respecto ós empresarios, pois non sei moi ben qué dicir. Ó mellor se compararan o nivel de inglés dos estudantes de Madrid cos de Galicia, podería comentar algo, pero dar por suposto que a aprendizaxe dunha lingua interfere na doutra é algo que so din eles, posto que o resto dos elementos educativos están dacordo en que é precisamente ó contrario.

So podo dicir que coa lei non se pretende a liberdade lingüística, máis ben ó contrario. Se pretende normalizar unha lingua que agoniza, impoñéndoa na escola. É unha cultura o que nos xogamos. Se alguén non se sinte identificado con esa cultura é problema seu, do mesmo xeito que os emigrantes galegos chegaban de Alemania sen saber falar alemán despois de vinte anos. Lles poñían un xefe italiano que chapurreaba con eles no traballo e fóra ían á Casa de España. E no mercado se entendían por señas.

Penso que é unha obriga do Estado darlle cultura á xente, mesmo se non a queren. E a partir desa experiencia, que cada cidadán tome a alternativa que queira, pero negarse sen máis a aprender algo (o que sexa) é algo que non me entra na cabeza.

Se o debate fora a calidade desa cultura, por exemplo, o entendería, pero deso non se fala. Directamente lles da rabia que lle dean subvencións á xente por falar galego.

Anónimo dixo...

Estimado D. Pablo, gracias por su respuesta.
Vaya por delante que yo pertenezco a la primera generación que se examinó de gallego en la Selectividad, y como tal, domino -o mejor dicho, dominaba, ya que con el afán diferenciador de la RAG, cada día estoy más lejos de la Norma- el uso, tanto hablado como escrito del gallego. Nunca he considerado que el aprendizaje de una lengua sea algo malo, nocivo o molesto, mucho menos una lengua tan hermosa como el gallego, y que muchos hablamos, o cantamos más con el corazón que con la cabeza.
Me gustaría comentar sobre algunas de sus afirmaciones, espero hacerme entender.
1) "El Estado debe fomentar la presencia de las culturas minoritarias, no de aquellas que no tengan problemas": digame, esto, ¿en qué consiste? Se lo diré: exclusión total del castellano de cualquier actividad subvencionada o subvencionable por la Xunta de Galicia. Infórmese, y verá que tengo razón.
2) Da Ud. a entender que las subvenciones ligadas al gallego se circunscriben sólamente al ámbito de lo lingüístico o cultural. Le daré unos ejemplos de actividades cuya subvención va condicionada al uso del gallego:
* Desenvolvemento de programas para integrar no mercado de traballo a persoas en situación ou risco de exclusión social
* Contratación de técnicos para a aplicación de normas do habitat
* Bolsas de formación en empresas de acuicultura
* Subvencións en materia de consumo
* Lei de Vivenda de Galicia: "A garantía do exercicio dos dereitos lingüísticos no acceso á vivenda, xa sexa aluguer ou compravenda, no marco da promoción do idioma galego" (SIC)
* Plan de xestión do lobo en Galicia
* Para o "espallamento da cultura galega e da nosa identidade como pobo diferenciado"
Y así hasta 200 millones de Euros en 2008... resalto este último ejemplo donde se retrata el ideario nacionalista más rancio, utilizando nuestra tierra y nuestro bagaje cultural como elemento diferenciador excluyente: Hablamos diferente, actuamos diferente, sentimos diferentes, somos diferentes como "pueblo". Esta acepción no admite para los gallegos la pertenencia al todo "España", sino que invita a declararse "distinto" y por este motivo, a reclamar derechos "históricos". Tanto me recuerda esto a los postulados hitlerianos, Nación, Lengua, Tierra, Cultura... que me entran arcadas cada vez que veo a nuestros próceres de la diferenciación.
3) "E o galego aprenderano na escola, igual que o latín, ou o grego, o inglés ou o alemán"
Disculpe, pero no. Mis hijos no tienen sus clases en alemán, ni en inglés, ni en castellano. Mis hijos tienen, por imposición, como mínimo el 50% de sus clases en gallego; además de una asignatura de gallego, claro está. Aprender gallego es esencial, bajo mi punto de vista. ¿Más importante que el inglés o el francés? No estoy seguro. Si Ud. quiere trabajar en la administración de la Xunta, tendrá que dominar el gallego. Si quiere trabajar en un mundo globalizado, tendrá que dominar el inglés. ¿Son ambas cosas incompatibles? Y si no lo son, ¿por qué al gallego se le destinan 7 veces más horas que al inglés en el plan de estudios de mis hijos?
La vuelta de tuerca que el bipartito dió a la política lingüística en Galicia, era obligada por los resultados de la Ley de Normalización promulgada por los anteriores gobiernos: 12 años obligando a niños a estudiar asignaturas completas en gallego y ¿cuáles eran los resultados?: Oh sorpresa, el número de galegofalantes no sólo se estanca, sino que cae en picado en grandes núcleos urbanos (Vigo, La Coruña).
D. Pablo, el problema no es de promoción, apoyo o sostenimiento artificial de la lengua gallega; el problema, es que la gente ELIGE NO HABLAR gallego. Y a todos aquellos que, conociendo ambas lenguas cooficiales, nos decantamos por el castellano, se nos IMPONE desde la administración el uso exclusivo del gallego en nuestras relaciones con la misma.
Galicia, definitivamente, no es Cataluña. El gallego ha tenido casi 30 años para instalarse en las capas sociales de la clase media de esta región, y esto amigo mío, no ha calado. Por que los ciudadanos eligen libremente, y la mitad de ellos optan por el castellano. Y eso los nacionalistas no lo soportan, ni lo van a permitir, con la connivencia del PSdG.
4) "Outra cousa é que exista unha mala actitude respecto a unha língua, e eso é o que se pretende cambiar"
Esta frase podría haber estado escrita en la puerta de un centro de reeducación polpotiano. Todo está muy claro: los hablantes del castellano "odiamos" el gallego, y como el gallego está en los genes de los habitantes de Galicia, de ahí nuesto auto-odio. Magnífico. Sr. González, en Galicia la única lengua odiada de verdad es el castellano. Todos los días, políticos profesionales, chupópteros, asesores y funcionarietes se ven obligados a castrapear para demostrar su pedigree galleguista. Desde el Presidente al último conselleiro, la gran mayoría son hablantes de castellano. No sé como no se les cae la cara de vergüenza a los Touriño, Feijóo, Caballero, Dominguez y compañia. Bueno, para eso hay que tener vergüenza primero, virtud inexistente en nuestra clase política.
Continuen Uds malgastando el dinero de los contribuyentes en "reeducar" a sus hijos: Conseguirán sin duda, el efecto contrario.
Y por último, su gran perla (si esto es posible): "Directamente, lles da rabia que lle dean subvencións á xente por falar galego". Pero hombre por Dios, ¿Ud. en qué país vive? Yo vivo en España, y en este lugar, yo debería tener las mismas oportunidades de empleo en Galicia, en Extremadura, en Catalunya o en Murcia. En aquellas comunidades bilingues, debería acreditar el conocimiento de ambas lenguas, pero esto no debería ser objeto de puntuación extraordinaria... o es que en Castilla León se puntúa a los opositores por saber castellano? ¿Se da cuenta Ud. de lo ridículo de esta situación?
Le diré lo que me da rabia. Me da rabia que alguien como Ud, seguramente un inteligente y avezado trabajador, pueda escribir esta frase y creérsela al mismo tiempo. Demuestra que este país se ha quedado anclado en las luchas cainitas de hace 50 años, y ahí nos quedaremos hasta que no entendamos que todos pertenecemos a España, y que España no es del PP ni del PSOE, sino de los españoles. Y Galicia no es del BNG, si no de los gallegos, como Euskadi es de los vascos y Cataluña de los catalanes. Siempre habrá quien intente beneficiarse del odio y de las diferencias entre nosotros, si se lo permitimos estamos jodidos.
Le deseo un feliz futuro
Cordiales saludos,

Fernando LAGO

pablo gonzalez dixo...

Amigo Fernando,

Non creo que a presencia do galego implique a non presencia de ningunha outra. O que non se pode obviar é que as horas do día son 24 e hai que adicar algunhas a falar en galego. Evidentemente, se faise isto, non se poderá falar nin en castelán nin en ningunha outra que non sexa o galego. Se isto é unha imposición, pois ben, pero adicar tres ou catro horas do día a falar galego de 24 non son moitas. En calquera caso, penso que é unha boa oportunidade, non unha desgracia.

Que os galegos temos unha cultura diferente á do resto de España penso que é evidente. Non bailamos sardanas nin competimos levantando pedras nin cantamos por bulerías. Isto é unha riqueza e está na nosa man preservala. Que a Administración atopa que o "sentir galego" está na promoción da vivenda pública é como mínimo discutible (non o feito de que a Administración o faga, por suposto). Eu tampoco estou dacordo, pero penso que presentar a documentación en galego non é obstáculo para ningures.

Respecto á "utilidade" dunha lingua ou unha cultura fronte a outras, pois prefiro non contestalo, a verdade, permítame vostede esa frivolidade.

E en canto ós resultados da política lingüística da Xunta de Galicia estamos dacordo: son desastrosos tras trinta anos de gobernos de dereitas. Deixemos polo menos uns cantos a outras opcións. Noutras comunidades, como a vasca, o euskera era unha lingua practicamente desaparecida, e hoxe en día, sen ter unha situación brillante, é moito mellor.

Respecto á xente que escolle non falar galego, pois pouco podo dicir. Quen non quera falar unha das linguas do territorio onde vive pois creo que está a perder unha oportunidade. Como dixen, penso que é obriga do Estado darlle cultura á xente, e logo que ésta faga o que queira.

E en canto ó nivel de galego dos gobernantes é igual de malo que o seu nivel de castelán. Porro non é quen de facer unha entrevista en galego e pensar ó mesmo tempo (confesado por ela mesma), pero non o fai mellor en castelán.

Por último, penso que é obriga do Estado facilitarlle ó cidadán o acceso ás administracións. Se un quere facelo en galego, porque ten dereito, será obriga do Estado garantizarlle ese dereito. E o xeito de facelo é contratando xente que saiba comunicarse cos adnministrados. ¿De qué nos serve ter a Einstein dando clases na universidade se faino en alemán? A administración pública é para todos e, sobre todo, pertence ós cidadáns, non ós funcionarios.

E en canto ás loitas cainitas, non se preocupe. Non coñezo a ninguén que queira facerlle ningún mal por moito que fale castelán ou se manifeste polo que queira, faltaría máis. Aínda máis, anímolle a iso. É certo que cafres hainos en todas partes (en todas), pero penso que hainos haber de todolos xeitos.

Un saúdo.

Rafael dixo...

"Y por último, su gran perla (si esto es posible): "Directamente, lles da rabia que lle dean subvencións á xente por falar galego". Pero hombre por Dios, ¿Ud. en qué país vive? Yo vivo en España, y en este lugar, yo debería tener las mismas oportunidades de empleo en Galicia, en Extremadura, en Catalunya o en Murcia. En aquellas comunidades bilingues, debería acreditar el conocimiento de ambas lenguas, pero esto no debería ser objeto de puntuación extraordinaria... o es que en Castilla León se puntúa a los opositores por saber castellano? ¿Se da cuenta Ud. de lo ridículo de esta situación?"

Vostede ten que ter as mesmas posibilidades de emprego en Andalucía, Navarra e Aragón, así como os galegofalantes deben ter as mesmas oportunidades de que se van a facer calquer trámite na administración pública poidan ser atendidos na súa lingua. E para iso, é lóxico que un funcionario teña máis puntuación se domina o galego que outro que non o domina.

Anónimo dixo...

Hola Rafael
Creo que estamos de acuerdo en que todos los gallegos tenemos la obligación de conocer y el derecho de utilizar cualquiera de las dos lenguas cooficiales.
Si esto es así, ¿por qué se puntua extraordinariamente el conocimiento de una de ellas y no el de ambas? ¿Tienen acaso más derechos los galegofalantes que los castellanohablantes? ¿O no será que se está utilizando este criterio como barrera de entrada para aspirantes de otras comunidades autónomas? ¿Cómo es que para optar a una plaza de jefe de servicio de cirugía ortopédica se puntúa más el conocimiento del gallego que un Doctorado? ¿Cúal de las dos titulaciones garantiza mejor asistencia hospitalaria?
¿Quien será mejor funcionario, alguien que domine las dos lenguas cooficiales y pueda atender a cualquier ciudadano español, o alguien que se obstine por decreto en utilizar la lengua "que nos hace diferentes"?
Estoy sumido en un mar de dudas.
Saludos,

FL

Anónimo dixo...

El conocimiento y uso del gallego (o de cualquier otra lengua) no nos hace diferentes, sino más cercanos y más sabios. Y en el caso concreto del gallego, realizará mejor su trabajo quien mejor se lo explique al señor al que va a operar. La calidad de su trabajo se supone igual, a no ser que el conocer y hablar el gallego o el elegir trabajar en la tierra de uno suponga menor capacitación profesional.

Por cierto, que el conocieminto del castellano es OBLIGATORIO para trabajar en cualquier administración del estado.

Un saludo.

Anónimo dixo...

Caso paradóxico. Un mozo/moza decide facer Primeiro de Bachillerato en EE UU e incorporarse en España en Segundo de Bachillerato. O alumno, automaticamente ,queda exento de galego .Non conseguín que me expliquen a razón.
Pásalle a meu irmán o que oblígao a examinarse do Celga IV cando termine o Bachillerato.
Non pasa en ningunha outra asignatura.

Anónimo dixo...

Joder, canta xente intelixente perdendo ó tempo. Cando hai outra moita pasando fame y casi 3,5 parados.

Horacio dixo...

3,5 millons a escribir aquí da para moito. Se ve que os que escriben non están mui parados, están atentos.

Pablo Eifonso dixo...

- Galego e castelán non poden ser tratados da mesma maneira en Galicia, porque as dúas lingoas non se atopan en situación de igoaldade.
- En situacións de desigoaldade, en calquera política pública, establécense medidas de discriminación positiva. Iso é o que se espera da administración pública e se esixe, por exemplo, en materia de igoaldade e xénero, minusvalías, exclusicón social..)
- A planificación lingüística é a ferramenta política básica para os países nos que existen lingoas en contacto, en situación de conflicto. Esta planificación só pode ter como obxectivo, loxicamente, a pervivencia futura das dúas lingoas no ámbito da comunidade en cuestión.
- O idioma galego atópase en proceso de desaparición como consecuencia da súa falta de normalización (isto é do seu uso normal en tódolos ámbitos da sociedade).
- O carácter de lingoa cooficial debe ser garantido pola administración pública. Por esta razón é evidente que o acceso á función pública de calquera persoa deba estar condicionado (e aínda nono está, soamente puntúa!) a acreditar o pleno coñecemento das lingoas oficiais (por certo, coñecen vostedes a un só galego que non saiba falar, nun nivel medio abondo, o castelán?).
- Situacións lingüísticas como a de Galicia son sobradamente coñecida no ámbito dos estudios comunmente admitidos pola comunidade científica internacional en materia sociolingüística: forma parte dese coñecemento a caracteización como unha comunidade con dúas lingoas en contacto, con distinta valoración social e oficial, nas que unha delas é lingoa A (asociada á cultura, o prestixio social e o poder económico, plenamente normalizado o seu uso en tódolos ámbitos sociales) e outra é lingoa B (asociada aos estratos socioeconómicos máis baixos, cun baixo prestixio social, mesmo nos seus falantes, falta de cultura, ao mundo rural, e sen un uso normalizado nos distintos ámbitos sociais). Esta situación defínese como de diglosia e ten a súa plasmación a nivel individual no uso diferencial dunha ou outra lingoa nun mesmo falante ao dirixirse aos ámbitos familiar e aos considerados deprestixio ou poder social. A situación de conflito lingüístico prodúcese nos procesos de reequilibrio A-B e adoita manifestarse como resistencia dos falantes da lingoa A ao proceso de igoalación da B como consecuencia de políticas de planificación.
- Outra das manifestacións coñecidas desta dualidade, é o autoodio, que máis alá de corresponder a un acto consciente e activo, adoita referirse á actitude individual de desvalorización e mesmo desprezo da propia lingoa e cultura, mesmo considerándoa como pouco apta para "o mundo actual" e para o ascenso social. Esta manifestación do autoodio pode ter unha correspondencia (aquí cito directamente a C.Porro), nunha actitude consciente e belixerante, relacionada con intereses e aproveitamentos do conflicto lingüístico para fins doutra índole -neste caso para conquerir supostas vantaxes eleitorais-.

As expresións de Galicia bilingüe neste contexto de coñecemento das variables intervintes en comunidades nas que existe conflicto lingüístico sobre base diglósica, atrévome a dicir que son taxadas. É previsible, o uso do cóctel de tópicos que se usan nas posicións fortemente ideoloxizadas de asociacións como Galicia bilingüe. Este uso é analisable, por unha banda, dende a sociolingüística, como unha plasmación "estructurada" e condensada do prexuízo lingüístico e, por outra, dende a loita política partidista, cando a situación de conflicto lingüístico pode ser instrumentalizada para adquirir supostamente réditos electorais apoiados na interiorización por unha parte da poboación do prexuízo.
Neste último caso nos situamos novamente no contido do post, persoalizado en C.Porro, fiel representante de tal posición. Resulta paradóxico que esta política, sendo alcaldesa de Vigo durante case catro anos e concelleira no goberno e na oposición durante moitos máis, nunca expusera a necesidade de derrogar a Ordenanza de Normalización Lingüística vixente dende hai máis de unha década no Concello de Vigo, e que establece medidas rigorosas de discriminación positiva a favor do galego (v.gr. a obriga dos corporativos de empregar sempre o galego cando se manifesten en uso do seu cargo público).

Dito isto, que é moito máis extenso do que merecen intervencións tan ideoloxizadas e cargadas de prexuízos e tópicos de uso habitual nestes debates, para tentar desacreditar ao intervinte que defenda a normalización do galego, si me peta entrar, aínda que sexa brevemente, e con expresa intención de desacreditar, sen tópicos, ao que así se manifestou, nalgunhas cousas que se recollen nos seus comentarios:

- O uso do burdo latiguillo de que omeu texto "está plagado de errores sintácticos y gramaticales", debe ser, primeiro demostrado axeitadamente e, segundo, correctamente expresado. A afimación concreta recollida no comentario de Fernando Lago, demostra que repite ou algo que escoitou e o emprega sen facer ningunha análise gramatical do texto: Fernando, a sintaxe é unha parte da gramática, na súa acepción máis aceptada, ou, na máis restrictiva, equivalente ao nivel sintáctico-morfolóxico. Dito isto, dígame de que praga de erros está vostede falando e en que norma se fundamenta para dicilo (e non me veña co coñecido prexuízo lingüístico de que a RAG inventa unha língoa).

- É sinxelamente falso que nas normas legais citadas por "Anónimo" -supoñemos que de novo Fernando Lago- non relacionadas co ámbito da lingoa, o acceso á función pública ou á cultura, a concesión das subvencións obxecto da convocatoria específica, estea condicionada ao uso do galego. Ou é que cré que alguén se vai crér que se un lobo mata a un año a administración vai preguntar en que idioma ouveaba o cánido?. Tampouco están condicionadas (amos anda!) as subvencións relacionadas coa vivenda, e a cita que se fai completamente fóra do contexto refírese realmente a un parágrafo dos obxectivos xerais da Lei (moito máis interesante, por cero, a súa crítica dende o punto de vista da planificación urbana) que non se recollen en ningunha medida concreta no seu articulado... E así o resto das citadas. Por que mente?, se cadra contáronllo e non léu as normas legais que cita?

Para rematar aclaro que non vou entrar en debates ideoloxizados nos que os argumentos barallados non estean ao mesmo nivel da complexidade deste tema. Dende hai moitos anos defendo a normalización do galego dende unha perspectiva democrática, que contempla a obviedade de que a lingoa propia de Galicia é o galego e que esta lingoa se atopa nun grave proceso de perda de falantes, como consecuencia, sobranceiramente, da ausencia dunha axeitada planificación lingüística. Consecuencia da situación diglósica e da ausencia dunha política lingüística orientada a corrixir esa situación (ou da existencia en tempos pre-democráticos dunha política activa favorecedora da endofobia), a fractura na transmisión familiar da lingoa materna (auténtico bastión para que o contacto diglósico das lingoas non producise durante séculos o final do galego) producida especialmente a partir dos anos 60 do século pasado, pon en definitivo perigo de desaparición unha das lingoas oficiais. De nada vale o uso cínico do tópico habitual na expresión da avanzadilla da lingoa A para apuntillar á B, consistente na afirmación retórica da belleza poética do galego e do suposto respecto cultural por esa lingoa e os seus bucólicos e virxinais falantes. Só a plena normalización (e iso está ainda moi lonxe) provocada, entre outras, polo uso da capacidade normativa do Estado para poñer en práctica medidas razoables de discriminación positiva, especialmente pola súa eficacia, no ámbito do ensino e da administración pública e nos medios de comunicación, pemitirá a pervivencia do idioma. No momento actual do conflicto lingüístico e coa actual política lingüística -por chamarlle algo-, non teño a menor dúbida que o galego desaparecerá nun prazo non tan longo de tempo. E isto, señores, como non, é unha opción asumible e mesmo abertamente defendible, claro (non é nin será o primeiro idioma que deixe de estar vivo): pero que cada un asuma as súas responsabilidades, sen cinismos, retóricas nin "bilingüismos", na súa morte.

Saúdos

Pablo Eifonso dixo...

Algúns conceptos con definición precisa utilizados no meu comentario anterior:

- Diglosia
- Autoodio ou endofobia
- Conflicto lingüístico
- Planificación lingüística
- Prexuízo lingüístico
- Lingoas en contacto
- Lingoas A e B no contexto diglósico
- Discriminación positiva (ou acción afirmativa)

Anónimo dixo...

Autoodio ou endofobia poderíamos cambialo por colonización?

Pablo Eifonso dixo...

Pois non é o mesmo concepto.
Por se vai a cousa por aí, eu non considero que Galicia sexa un país colonizado, aínda que algúns comportamentos da poboación poidan ter concomitancias con mentalidades colonizadas, estas tamén se dan entre grupos sociais, sen que poidamos falar que o rural está -no sentido político "colonizado" polas cidades, por exemplo.

Arturo Souto Raña dixo...

Somos moitos os galegos que temos como primeira lingua o castelán. E non estou disposto a sentirme menos galego , nin por eso nin por nada.

havi dixo...

paréceme alucinante que alguén na Galiza poda sentir que o castelán está case que secuestrado...
hai algún comentario do post de D.Fernando que semella que os que falamos e tentamos promover o uso do galego somos terroristas!!
que haxa que presentar documentación en galego na Galiza é discriminatorio para os castelanfalantes? nada, home, que siga todo igual: discriminamos aos que falan na lingua da súa terra e deixamos que os que falan a outra lingua teñan o camiño expedito, que para iso se fixo "cama" durante 40 anos e non se vai desperdiciar todo ese traballo.
ogallá se dera o 50% das materias en galego, como está lexislado, porque a realidade é moi distinta: a maioría dos profesores/as pasan de facelo (nin nos colexios públicos).
que Galicia Bilingüe pase a preocuparse de temas preocupantes, que son outros. a ver ónde atopan casos nos que un castelán falante se pase ao galego cando alguén lle fale en galego; ao revés seguro que sí.
PD: se non falamos mellor o galego é porque nos tiveron amordazados durante xeracións. iso sí é unha desgracia, non as tonterías que prantexan nesa "plataforma".

Remo dixo...

Calamitoso sesulta escoitar a esta xentiña dicindo. "Yo soy tan gallego como el que más"! Coma a señora Corimaporro, balbuceando na radio, defendendo que se incumpren os mandados da UNESCO porque a lingoa materna da maioría dos galegos é o castelán. Renegando do galego, ela, con ese "acénto que te tiéne". Penoso! Non se decatan que á única seña de identidade que temos é a fala (só en feminino, ¿eh?). Se eu que ando un chisco por ahí fòra non digo nin pio, ninguén podería saber que son galego, porque raza non temos, agás a "Rubia galega" (que esa sí que está cáseque en extinción) e seica o can do palleiro.

Saúdiños!!

Anónimo dixo...

e a galiña de mos

Remo dixo...

...Tamén é verdade. Só que non é o Mos daquí de Pontevedra, queu sempre pensei que o era. É do Mos de Lugo, da Terra Chá. Claro, como onde as vin foi no zoolóxico de Vigo pois....

...Ben mirado, e agora que o dís, a tal dona Corinaporro cando fala na radio (en castelán, claro está), mesmo lle sae unha voz así chiona que semella a dunha galiña; non sei se de Mos ou de onde.

Saudiños, boas noites; bo descanso!!

Anónimo dixo...

E a galiña piñeira.E as imaxes, e o humor atlantico, e a querencias as brumas, e o optimismo de pensar que todo é posible e a vez, e que todo é relativo e...Deixar o ser galego solo no modo de expresar o mundo é non reparar que é a mirado sobre o mundo o que non constitue en diferentes, o fondo expresado no codigo de noso, o nun código máis amplo. Si falamos noutro idioma( chines, árabe, finlandes...) seguimos sendo galegos, deso saben moito os que foron polo mundo e voltaron sendo galegos, con máis miradas pero galegos.

Anónimo dixo...

Ola Pablo ( Eifonso )
Pudeche falar mais alto pero non mais claro. Poderianse engadir algunhas poucas cosas mais pero abonda cas tuas palabras, polo que non vou comentar nada respecto á valoración do por quë se pode e se debe facer esta discriminación positiva.
Estas miñas palabras son para aqueles que decidiron , coma min ,disfrutar e sufrir en galego.
Todos,castelán e galego falantes recoñecemos que o galego , a pesares das medidas tomadas por gobernos e concellos vai desaparecer en pouco tempo.
E a miña pregunta é si hai algo que facer para evitalo.
Ao declive do uso do Galego se acompaña agora , como podemos apreciar nesta sección, xa non o auto-odio como antes senón o odio mais absoluto cara a nosa lingoa.
Como lle escoitei a unha curmá ante os seus pais galego falantes nunha discusión sobre o nome da nena que espera - Un nombre gallego no. Los odio.- respostou berrando ante unha suxerencia miña. Ao final escolleu Carlotita.
Boa parte dos meus amigos son castelan falantes , como eu vou de moderno escollin amigos modernos, e xa sabes que a modernidade para moitos non se entende en galego. practicamente todos son fillos de galego falantes , somos os da miña xeración os traidores que rompimos a tradicion de falar a lingoa dos pais. Aproveitando esta situación empecei por facer pequenas incursións agarimosas perguntando por qué non falaban a lingoa dos seus pais. Lles dicía , imaxina que un dia te chega o teu fillo e te espeta : guten tag . e che di que a partires de agora che vai falar en alemán, ou en frances ou en italiano. ¿ Que pensarías?
Practicamente todos alegaron que o culpable foi a escola , como no meu caso . ( O desagravio do idioma galego é xusto e necesario)
Eu lles repliquei que aos 15 anos me fixen a primeira pregunta de por qué falaba unha lingoa diferente da miña nai e aos 16 anos aprendín a lingoa que tiña que ter falado desde que nacín.
Probei todo tipo de tácticas para convencer aos meus amigos pero despois de anos o único que conseguín é que algún me fale en galego sen deixar de falar castelán cos demais.Moi ao contrario, amigos galego falantes adoitan o castelán para adaptarse ao grupo.
Imaxinade unha galescola que se den as clases en galego.
¿ que idioma se fala no recreo? , ainda que algún neno sexa galego falante acabará falando en español para adaptarse ao grupo. Atopar un neno que fale en galego é case imposible.
Con esto quero dicir que enfrentarse ou misturarse co dominante remata por fundirte ou absorverte.
O bilinguismo non existe , eu falo sete idiomas pero só o galego é a miña lingoa, as demais me sirven para relacionarme ou traballar.
En suiza se falan varios idiomas pero cada un no seu sitio, non todos revoltos.
Pero a onde quería chegar é a situación de Bruselas unha cidade con duas lingoas pero para nada misturadas.
Sei que vos parecerá un disparate pero a única solución que lle vexo a salvación do galego é a segregación por lingoas. Millor duas escolas onde no recreo se fale en galego que duascentas mil onde no recreo se fale castelán.
¿ pensades diferente?
Cada vez tolero menos as agresións á miña lingoa. Perdín tres amigas porque alegaron que o galego só estaba ben para os grupos folcloricos. Cada vez tolero menos que nun negocio me contesten en castelán cando eu ,como cliente, falo en galego e tolero moito menos que se xustifiquen con que non saben falar galego. Cada vez tolero menos que por medo teña que cambear o idioma cando o medico me di : me puede hablar en castellano por favor.
Cada vez estou mais a favor de colocar carteis de "falase galego" nos establecimentos que si o falan.
Cada vez tolero menos que por falar en galego me asocien ao bloque ou a grupos terroristas.
Cada vez tolero menos a tanto renegado e a tanto fino que me fan sentir incomodo e acosado na miña propia terra.
Cada vez tolero menos esta impotencia de ver agonizar a miña lingoa.
Por iso Pablo e demais a pregunta é ¿ pódese facer algo sabendo que non se pode contar cos castelán falantes?
¿ Teremos que resignarnos?
¿ Vedes unha solución millor que a segregación?

Saudos e apertas do Pepinho.

Pablo Eifonso dixo...

Si, a solución está clara: unha planificación lingüística tecnicamente rigorosa encamiñada cara ao uso normalizado do galego como lingoa oficial e do castelán como segunda lingoa habitual para usos relacionais con outras comunidades. E a partir desa vantaxe psicolingüística dos habitantes deste país, unha terceira e mesmo unha cuarta lingua. Isto é perfectamente posible e é perfectamente posible que a poboación escolarizada nunha Galicia normalizada teña competencia abonda en canto menos tres lingoas.
Pero tal cousa depende evidentemente de que existise unha sociedade plenamente democrática que defendese o pleno acceso á cultura de tódolos seus habitantes, que impedise a "proliferación" de prexuízos que nada teñen que ver coa realidade dun mundo que pode ser perfectamente multilingue sen ter que perder para sempre un valor cultural de tal calado como unha lingoa.
Son, como noutras cousas que dependen da extensión da conciencia (do "en si") da poboación, moi pesimista sobre o futuro do galego. Mesmo eu síntome cada vez máis acosado, vexo máis interiorizada esta posición pesimista, falo menos en galego, adáptome a o grupo e tampouco levo ben o feito de que polo mero feito de falar galego se me asocie co Bloque. Pero éche o que hai, nun país fondamente inculto como este que nos tocou vivir.

Anónimo dixo...

A teoría está moi ben pero ¿pensas posible nesta sociedade na que vivimos que o galego pasará a ser a primeira lingoa ?
Eu penso que proceso é o contrario.
Como che dicía , cada vez atopo menos galego falantes e o peor e que á xente nova , en xeral, lle quedan moi lonxe os conflictos lingüisticos . Os seus pais e amigos falan en español, e o galego é algo que pertence a outros , A tvg, aos políticos e a catro exaltados.
Os amigos que eu che dicía que pretendín convencer para cambear de idioma , non só non teñen conflicto lingüistico senón que me ollan como dicindo - pobre-.
Do que si estou seguro é de que misturando galego e castelán falantes ( especialmente nenos) o resultado é que todos acabarán falando castelán. ¿ Non o crees así?. Non importa o idioma que se fale na escola. Non importa idioma que promovan na tvg.
Entendo a impotencia de amigos galego falantes ,cando escoitan aos
seus fillos educados en galego ,que despois de pasar pola escola acaban por falar español ,incluso na casa. Chegando incluso a odiar o galego cando llo intentan restablecer.
Eu penso que sin a segregación, especialmente na escola , en poucos anos non quedará un galego falante menor de 20 anos.
¿ Non cres?

Apertas
Pepinho