IX ÉPOCA

7.10.09

Caso Gürtel, outra inSignificantia (caso Vigo)

Caso Gürtel: regalos, contratos a dedo, contratos menores millonarios,  fraccionamento de contratos, merca de actos publicitarios, financiamento do partido, enriquecemento ilícito... Espoleados pola nova do coñecemento do sumario Gürtel, animamos a investigar outros asuntos en Vigo, por aquelo de darlle un maior toque galego aos escándalos e acompañar coa gaita do PP local a Pablo Crespo.

Para comezar, unha boa fonte de información é o arquivo de Vigoblog. Por só poñer algún datos publicados en VB, aquí denunciamos como determinadas empresas de publicidade vinculadas ao PP, nomeadamente Canal Uno e Significantia, ou medios de comunicación como Faro de Vigo, facturaban centos de miles de euros a base de facer fraccionamento sistemático de contratos. As cantidades dividíanse en porcións de 12.000 euros, en moitos casos descaradamente co mesmo epígrafe, cambiando só o mes de cobro do "servizo". Aquí publicamos como a axencia de publicidade de Juan Martínez Herrera, ex concellal do PP, nos anos 2005 e 2006, sendo alcaldesa Corina Porro, facturoulle ao Concello canto menos 856.605 euros, dos cales, alomenos 636.000 foron formalizados a base de contratos de menor contía, sen publicidade nin concorrencia, e adxudicados a dedo á empresa amiga. C.Porro pagou tamén neses dous anos, mediante a fórmula do "contrato menor" á empresa Significantia (relacionada coa súa xefa de gabinete no Concello, Pilar Egea), un total de 112.577 euros, e 60.000 máis polo mesmo método en 2007.

O goberno de C.Porro pagou ao Faro de Vigo nese mesmo período, a base de convenios (que ocultaban realmente contratos de publicidade) e contratos menores sucesivos fraccionados, 490.381 euros.

Corina Porro, alcaldesa de Vigo polo PP, hoxe presidenta da Autoridade Portuaria, asinou un convenio, aínda secreto, coa promotora ING Real Estate -beneficiaria de licencias para a construcción e explotación do Centro Comercial Gran Vía (operación Finca do Conde) declarado ilegal por sentencia xudicial-, para a realización de diversos actos da famosa saída da Volvo Ocean Race 05, por un importe de 1,5 millóns de euros: deste millón e medio, 677.625,50 euros euros foron cobrados polas empresas Significantia e Abano, directamente vencelladas á xefa de Gabinete de Corina, Pilar "Mapi" Egea.

Nin por asomo se nos ocorre pensar que o iate de 160.000 euros que lucíu Corina Porro no verán en que deixou a alcaldía, ou o seu chalet de Vilaboa, poidan ser froito de algo distinto ao seu esforzo e ganancias profesionais. Eis a diferencia fundamental cos escandalosos regalos do caso Gürtel; que en Vigo sómosche moi decentes, non si?

6 comentarios:

Anónimo dixo...

E moi sinxelo, so hai que revisar os contratos menores que se adxudicaron nestes dous anos nas concellerías que controla o SANTIDOMINGUEZ, e sumalas cantidades, en segundo lugar ver a que empresas lle esta a adxudicar as obras (pode ser unha mesma empresa con varias caras). Sorprenderedevos.
Segundo escoitei esto o teñen preparado para sacalo antes das municipais.

Anónimo dixo...

Siiiiii, diana, vas muy bien anónimo. Hay que estar atentos porque se están cociendo varias cosas:
La primera es la adjudicación de las piscinas, no esta adjudicación que es un paripé, la que viene.
La segunda es la subida de sueldo al técnico conocido como ELOREJAS.
La tercera es dejar colocada a la secretaria, mas conocida como SECRETARIACONDESPACHO.
en fin el escándalo va a ser mayúsculo. Creo que incluso en el BNG están afilando los cuchillos, y es que este chico la ha hecho muy pero que muy gordas.

Anónimo dixo...

Nesa mesma liña, investigade o Padroado de Turismo Rías Baixas, agora con Chema Figueroa coma presidente, xerente e acomodador se fai falla.
Facturas que directamente pagan a un proveedor (esta é a parte legal) e despois a este proveedoor lle empaquetan facturas de gastos de campaña que á súa vez debe pagar a imprentas, periódicos, etc.
O de Santi, comparado con esto, é un xogo de nenos.
Investigade.

Anónimo dixo...

É desolador todo o que está a suceder.........a Sra. Porro e a Sra. Mapi Egea aínda non son conscentes da súa responsabilidade en todo isto. Seica alguén ten unhas facturas moi interesantes destas dúas preas.......... pero tranquilidade....... todo no seu momento.

andresrguez dixo...

Entre Corina e Louzán, Camps queda coma un rapaciño aprendendo

Vigoblog dixo...

Xa que falamos da Volvo Ocean Race, é interesante ver como o "evento" tamén foi unha gran oportunidade de negociete entre amigos e demais medios de cimunicación dende a Fundación do Deporte Galego da Xunta de Galicia. Así se recolle neste comentario do blog "Desvelando las mentiras de Feijoo" que toma coma fonte documental o informe do Consello de Contas de fiscalización da Fundación para o Deporte Galego nos anos 2004-05, no que se adica un longo e xugoso apartado aos fastos da Volvo... que non ía ser só C. Porro e Mapi Egea as beneficiarias. Polo que se ve, houbo para todos.

Para cando os informes do Consello de Contas pasarán de ser meramente consultivos?. Hai neles materia abondo para levar a algúns perante da Xustiza.