IX ÉPOCA

5.10.09

Circulos viciosos. A depuradora de Vigo.


Neste asunto da depuradora asistimos a voltas e mais voltas que, de momento, non da máis resultado que o diario aumento da contaminación na ría. E o momento xa ven durando anos. O vello truco do peloteo entre administracións fai que todos laven a cara e a ría siga enmerdándose.
O ministerio de Elena Espinosa, a vista de que non poido executar o orzamento do ano pasado, decide rebaixalo para iste ano. O Concello ainda non está contento co Convenio entre as tres administracións. E a Xunta, di que non ten cartos para financiar a súa parte. O cálculo que fan, supoño, que terá en conta que este tipo de obras non dan moitos votos e que de cara ó final da lexislatura fai falla líquido suficiente para engraxar o aparato electoral.
E agora, o conselleiro Hernández, ven de propoñer o último dos círculos viciosos de moda. Se non entendín mal, trátase de pedirlle a constructora que adiante os cartos que lle serían reembolsados co interese correspondente nos próximos anos. A constructora non contará cos cartos necesarios pero pode pedirllo a unha ou varias entidades financieiras que dado que existe un aval da Xunta non terán inconveniente en deixarllo a un interese axeitado. Pero como estamos en época de crise, as entidades financieras acoden ó estado para que lles “inxecte liquidez” ou o que o mesmo, que lle deixe diñeiro a intereses baixos. Se non entendo mal, o único que sae perdendo aquí é o Estado (Xunta, Ministerio, Concello). Pero xa sabemos que o Estado, cando se trata de cartos, somos eu e maís vostede. É decir os mesmos cidadáns e cidadás que vemos cada día a ría enmerdándose ...e temos que decir que chove.

3 comentarios:

Marcos Andion dixo...

Pos chove, Lorenzo, chove. Aquí xa vai facendo falta que se depure algo máis (ou en troques de) ca auga; había aquelo de "depurar responsabilidades", ¿non si?
E quén lle vai pedir contas ós nosos munícipes polos asulagamentos que as choivas de onte e hoxe produciron en lugares impensables da cidade?.
Hay anos (antes das humanizacións) as escorrentías producían asulagamentos no Berbés ou, no peor dos casos, na Alameda; pero hoxe (despois das humanizacións" a auga estáncase xa na rúa Venezuela, en Camelias, Urzáiz, Colón ou Policarpo Sanz. É que choveu moito?
A algúns haberá que recordarlles que xestionan as cousas de Vigo, non de El Rif, e que aquí adoita chover moito máis do que o fixo estes días.
E caense cachos da A-59: onde pensaban que construían esa vía os que a fixeron?, no deserto?
imos ter que cambiar o dito e afirmar que "chove por nós e temos que dicir que mexan".
Nen sequera nós os merecemos.
(...)
¿Hay alguien más ahí?

Remo dixo...

Eu co choio ese da depuradora -e con corentamil máis- tiña un dito que se podería enmarcar e poñelo coma aqueles que había nalgúns establecimentos e que dicía: "HOXE NON SE FÍA, MAÑÁN SÍ". O meu dito era: "EN GALIZA AS INFRAESTRUCTURAS NON SE FAN PRAO FUTURO, FÁN-SE PRAO PASADO!".... Agora con estas catro choivas que cairon xa no podo dicir que as obras se fan prao pasado, pois non creo que no pasado ocurrisen cousas tan parbas coma as que están sucedendo agora cos asulagamentos. É que antes asulagában-se as partes baixas, como ben di "Marcos Andión", porque había escurrentías, lobadas ou torrenteiras e cando a maré subía, a auga non baixaba prao mar. Agora, non sei que carallo fixeron que, con catro gotas, se asulaga ata nos sitios altos e máis inpensábels e, con un desnivel considerabel coma por exemplo (a parte dos que él cita) en Navia sendo obra recente, e o máis chocante queu vin hoxe, un no Vial a Universidade (que non sei por qué non lle seguen a chamar así na vez de "Clara Campoamor") Pois ben, alí nese vial, na rotonda que está enriba do Río da Barxa (enrriba dun río!!!) estaba todo asulagado, cousa que pasa cada vez que chove dende que a fixeron (que tampouco hay tanto), xa que a construiron mal; custará tanto abrir un buraco pra que desaugue prao río?.....Non sei quen se fará cargo dos cingo coches que alí había accidentados, supoño que por causa desa auga estancada que só se ve cando xa estás dentro da rotonda!?....

Galopin dixo...

Con tanto "tésnico" que pulula por el concello, no sería de extrañar que uno por otro, alguien se haya olvidado de que debajo de las aceras humanizadas hay que hacer las correspondientes alcantarillas. Esto lo puso de moda la Sra. de Palmírez con la humanización de la Alameda por aquello de la Volvo, y parece que el tío Abel-Pagafantas sigue la moda.
¡¡Vaya Tropa!!