IX ÉPOCA

4.10.09

Adeus ao sendeiro Eifonso


Isto de facer obra sobre a xa feita e gastarse os nosos cartos en -como di un bo amigo en insuperable expresión-  peoras, parece que se vai implantar na cidade. A Xunta de Galicia e o PP, para non ser menos có Concello e o PSOE-BNG co seu beirarruísmo do Plan E, dedícanse a malgastar os nosos impostos con barbaridades que só teñen por obxecto facerse unha foto.
Pois existe (existía?) e é utilizado por centos de vigueses dende que se deu a coñecer s se sinalizou como PR-G 5 hai máis de 15 anos, unha preciosa senda na beira do río Eifonso, na parroquia viguesa de Bembrive. Un dos seus principais atractivos era o seu carácter natural, a sensación que tiñamos de ter o privilexio de andar unha serpenteante senda de pescadores, de mollarnos nalgún tramo os pés, e de ter, noutros poucos, que irmos en fila india, ou todo o más en parella. Alucinábamos con estar en Vigo como se estivésemos no Courel e tiñamos a sensación de disfrutar dun entorno case virxe, só tocado pola man da cultura tradicional en forma de muíños (algúns rehabilitados con esmero hai algúns anos xa), pontellas e zonas cultivadas á beira dun río aínda de augas limpas.
Pois o Faro anúncianos hoxe que o Sendeiro Eifonso acaba de morrer asasinado polos brutos de sempre, transformada a súa senda de pescadores nun camiño remarcado, sen lama nin fentos e espiñosas silveiras rurais, xa apropiado e tuneado para non lixar os spais de Lucía Molares e sobre o cal o alcalde pedáneo de Bembrive poderá sacudirse a bosta das súas primeiras botas.

Así describen a peora en La Voz de Galicia de hoxe:

La recuperación del sendero del río Eifonso presenta numerosas novedades. Se acondicionó el firme del camino y se desbrozó sus márgenes; se realizó una reforestación con especies autóctonas; se construyeron tres pasos sobre el río; se construyó una plataforma para observar la cascada; se colocaron barandillas, bancos de piedra y escaleras de madera en diversos tramos; se señalizó todo el recorrido; y varios paneles informativos e indicativas.


Mentres que fan estas barbaridades "gratuítas" e absurdas, o gran e maltratado sendeiro de gran percorrido de Vigo, o GR-53, permanece coas súas sinalizacións abandoadas ou desaparecidas e sen que ninguén se ocupe, de cando en vez, de pasar por alí a ver se fai falta arranxar algo.

Só desexo que a ninguén se lle ocorra nunca máis popularizar unha senda natural ou rural, non vaia ser que cheguen anos despois estas bestas a urbanizala. Estamos rodeados!

FOTOS: A primeira, un tramo do sendeiro Eifonso, antes da súa "mellora", sen desbrozar, sen acondicionar o seu firme, sen barandillas nin máis bancos cás pedras e os tocóns de vellas árbores. Tomada da web do proxecto "Natureza viva". A segunda, o sendeiro urbanizado, na foto que presenta hoxe o Faro de Vigo.

6 comentarios:

Marcos Andion dixo...

Jolín con el otoño y la caída de la hoja; no vamos a dar abasto con los funerales.
Pero ellos son así: no saben lo que hacen, ni lo que dicen, ni escuchan a nadie a quien no paguen; ni les importa un bledo que se muera lo que se muera, con tal de que ellos se crean que les creemos que lo hacen para mejorarnos la vida.
Un día es un banco marisquero, otro una ladera arbolada, otro un sendero natural...
Además de soberbia, algunos están anegados de "horror vacui" y les espanta que la hierba, los matorrales o las piedras no sean sometidos a control.
Su concepto de naturaleza es la clásica "Naturaleza muerta", tan bien controladita en su marquito colgando de la pared.
Si no sospechara que son algo peor, les diría: ¡paifocos!

Galopin dixo...

¡Vaya personajes! La delejada de la Junta, divina de la muerte (súbita), el correspondiente funcionario de la Caja de Jayoso, parece que también apareció el Santos Héctor, aunque La Coz lo da por desaparecido. Todos ellos conocidos caminantes de moquetas con zapatito de finas pieles de las cajas de ahorros, Juntas y cortesingleses...
Por cierto, ¿andandará la concejala de Medio Ambiente, antes conocida como Chus Lago de los cisnes?
¡Ahh yaaaa, es que esto no es medio ambiente!!
¡¡Vaya Tropa!!

Bareixa dixo...

Desde que conocí ese sendero ahce unos años lo he recorrido en infinidad de ocasiones solo, con mi mujer, con mi perra, corriendo, con mi bebé en la mochila...vivo cerca y siempre había pensado que hacia abajo, cerca de la confluencia con el Lagares, hay unos prados preciosos con el río serpenteando junto a unos viejos molinos. Ahora que lo han ampliado y "humanizado" el sendeiro perderá parte de su encanto. Dentro de unos años seguro que estará cubierto de losetas.
Bueno, eso será si el sendeiro existe cuando coloquen los pilares del viaducto previsto de la autovía Vigo-Porriño. Qué triste.

Remo dixo...

De seguir asi, dentro de non moito teremos que botar man das fotografías pra saber o que é a natureza. (como xa aconteceu no caso deste artigo)

Saúdos!

Reimone dixo...

Asco sencillamente asco.

Desde hace años solía ir por el sendero dos "ramallos" o Eifonso. Primero con amigos, despues con los perros y ultimamente con mis hijos.
He visto como lo limpiaron, como construyeron la autovía y tuve que modificar el recoorido.
Pero la última vez que fui había una cuadrilla de trabajadores poniendo escaleras, tractores arrastrando grava, etc...Lamentable.
Si quieren humanizar que gasten en la ciudad, en poner aceras en Bembrive, pero que dejen el monte como está.
Y lo que es peor, en la Capilla el letrerito con el "orzamento"...
Entre las Comunidades de Montes y los pailanes metidos a Arquitectos van a acabar con todo...

Anónimo dixo...

Penso que somos todos os " amantes da natureza "os que compartimos a mesma opinion, coma ben dicides o monte , e monte, un lugar donde pasear o can, esvarar con alguna raiz, equivar os toxos etc. Por suposto un letreiro na entrada, prohibido bicis, cabalos e todo isto que " atenta contra a natureza " . lamentable¡ o do orzamento non e menos, 100,000 euros por votar zaorra e clavas 15 estacas de madeira, lamentable¡
son venciño de bembrive e dende a inauguracion a senda parece a rua do principe. parece que para que a xente se achegue o monte, ay que convertilo en cidade . .