IX ÉPOCA

8.9.09

Por fin descubrimos o síndrome dos de Galicia bilingüe: esquizofrenia

(clic na imaxe, amplía)

Recoñezo que estaba preocupado polas actividades desta asociación. Non me encaixaba esa deriva tan extraña en asuntos lingüísticos. Ao ver este anuncio no Faro de Vigo de hoxe, vin a luz: están realmente mal, pode ser esquizofrenia. Preocúpame.
Claro que coñecendo a historia persoal e "política" de López-Chaves / López-Llaves, adalid de Galicia bilingüe, debería haber sospeitado antes desta grave doenza. O que pasa que ata o de agora pensaba que era iso do fillo que non é tonto nin é listo, pero non, trátase, claramente dunha patoloxía. E iso, recoñezano, é case unha eximente. Meus probes!

17 comentarios:

Galopin dixo...

Gracias por el documento. Lo pondré junto con las cosas de Groucho Marx.
¡¡Que tropaaaa!!

Anónimo dixo...

les invito a todos a las jornadas, a ver si así aprenden algo.
pd: no insultaremos a la gente, ni entorpeceremos el tráfico,ni quemaremos banderas ni contenedores.
jorge

Pablo Eifonso dixo...

Ou sexa, que é un curso normal! non sabes canto nos alegramos, porque o anuncio deixounos realmente preocupados. Alí estaremos... podes indicarnos como conseguir o programa?

Pablo Eifonso dixo...

Ui! perdón, xa vin o programa en www.jornadasbilingues.com ouh! non, perdón, víno en www.xornadasbilingues.com, que eu son bilingüe pero así do país, xa me entendes.

Anónimo dixo...

Non entendo unha cousa (No entiendo una cosa).

Se din que os sistemas educativos bilingües existen e son posibles (Si dicen que los sistemas educativos bilingües existen y son posibles).

Por que a asociación en cuestión está a favor dun sistema educativo impartido exclusivamente nunha soa lingua a excepción da materia da outra lingua cooficial?? (¿Por qué la asociación en cuestión está a favor de un sistema educativo impartido exclusivamente en una sóla lengua a excepción de la asignatura de la otra lengua cooficial?).

Vaia... predican unha cousa pero realmente queren outra -atendendo ás palabras de Gloria Lago. (Vaya... predican una cosa pero realmente quieren otra -atendiendo a las palabras de Gloria Lago)

P.D. Esquecéuselles traducir e engadir ao apócope de calle o apócope de rúa. (Se les olvidó traducir y añadir al apócope de calle el apócope de rúa).

Mira que é canso ser bilingüe politicamente correcto con isto de escribir as cousas dúas veces por se non se entenderon á primeira. (Mira que es cansado ser bilingüe políticamente correcto con esto de escribir las cosas dos veces por si no se entendieron a la primera).

Anónimo dixo...

PD. Tamén esqueceron de traducir e engadir o SI afirmativo do español polo SI afirmativo do galego.

Xa vemos que o bilingüismo de Galicia Bilingüe non é equitativo e tan bilingüe como nos queren facer ver.

Anónimo dixo...

estimado anónimo,
la asociación NO está a favor de impartir el sistema educativo exclusivamente en una sola lengua.
está a favor de la libre elección de la lengua.esto quiere decir: si tú, para tus hijos, lo quieres en gallego pues en gallego. si yo, para mis hijos, lo quiero en castellano pues en castellano.
qué parte no entendéis de esto?
ven a las jornadas y te lo explicamos.
jorge

Anónimo dixo...

Jorge,

Pois o que non entendo é que iso non é un sistema educativo bilingüe, é un sistema educativo monolingüe como ti mesmo dis. E dáme igual que sexa monolingüe en galego ou en castelán, non estou a favor de ningún dos dous.

Entón, por iso, porque pedides unha educación para os "nosos" fillos na lingua que os pais elixan (por eles)... por qué dicides no anuncio que existen e son posibles os sistemas educativos bilingües se vós mesmos non é o que queredes para ós vosos fillos??

E que non o entendo, por máis que o intento, e lévame a pensar que si, con todos os meus respetos, padeces esquizofrenia ou, o máis "sano", e que mentides.

E grazas polo ofrecimento pero non vou ir ás xornadas porque non me interesan nin a educación monolingüe, nin os postulados de GB nin os pensamentos de Gloria Lago (á que teño escoitado varias veces en Televigo). E como non son masoca... pois non vou, pero grazas de todas formas.

Anónimo dixo...

Voltaire,

A min páreceme ben que cada quen defenda o que cre oportuno se o fai con respecto e de acordo a lei (que aquí tamén parece que se non estás a favor de GB significa que estás a favor dos que lles queman coches ou escriben pintadas ameazantes, como deixou patente Jorge falando de quemar contenedores ou banderas).

Agora ben, eu só digo que non entendo por qué lle chaman bilingüismo cando queren dicir monolingüismo.

Lalo (de día) dixo...

Eses non queiman "banderas ni contenedores", eses pretenden queimar cousas máis importantes.

Pablo Eifonso dixo...

A "esquizofrenia" (folga aclarar a retranca que se agocha no meu comentario) está unida a algo máis grave en termos de socioculturais: a ignorancia -pior, a ostentación da ignorancia- sobre o complexo tema das lingoas en contacto. Hai un sector de persoas, unhas con toda a boa intención (o que non exclúe que estea baseada en prexuízos) e outras que usan o tema lingüístico cun obxectivo puramente particular, "político" (no pior sentido da palabara), que establecen o debate de xeito parcial e, finalmente, caen no maior absurdo. Non se pode (ben, pódese, pero non deixa de ser un paradoxo), apoiar unha medida que é, permítaseme, tecnicamente prexudicial para os cativos (nótese que, conscientemente, non falo de perdas patrimoniais, aínda que as considere moi importantes tamén): o ensino en dúas lingoas que son habituais na comunidade onde se vive, é unha clara vantaxe psicolingüística. E esta vantaxe só é real na medida en que se utilicen procesos de inmersión. Ademais, tecnicamente, estos procesos de inmersión teñen un lugar idóneo para desenvolverse (ademais, obviamente, dunha familia estructurada): o sistema educativo.
Como indicador da bondade do sistema de inmersión que (para min con moitas deficiencias e indefinicións), se vén practicando no sistema educativo en Galicia a partir do desenvolvemento da Lei de Normalizacion, o informe PISA indica que teñen maior competencia lingüística EN CASTELÁN os rapaces galegos cós estudiantes de Castela. Isto non é nada sorprendente para os que coñecemos a base psicolongüística destes procesos, pois é sabido que a inmersión e o uso habitual de dous códigos lingüisticos favorece, sen ningunha dúbida a competencia nos idiomas habitualmente utilizados. Ademais, transfiere esas competencias a outras, pois, como se sabe, a lingoa é a base do pensamento, e se a códificación lingüística esta "engraxada", a "intelixencia" se beneficia.
A gran vantaxe das zonas con lingoas en contacto (no caso galego e en termos sociolingüísticos, en conflicto) é que ámbalas dúas están vivas no contorno dos rapaces, cousa que non ocorre cando se pretende que o ensino sexa en dúas lingas que non teñen esa caraterística, como sería o par inglés-castelán.
Que haxa pais que, por mala información e prexuízo lingüístico e/ou político, rexeiten esta evidente vantaxe que temos en Galicia, só demostra novamente, o grao de irracionalidade ao que se pode chegar na sociedade e no sistema político no que vivimos.

(a Voltaire), ti non te atopas en ningunha das categorías (non informados, prexuiciosos, manipuladores políticos) que veño de describir: o teu comentario achégase máis a aquel que, obsesionado por unha idea fixa, analisa orientado pola súa teima. Non é a primeira vez que o fas e, desgraciadamente para ti (e para nós que seguimos aceptando/borrando un comentario si e outro non teus en VB) non será o último.
Saúde

Anónimo dixo...

estimado Pablo Eifonso y demás defensores de la lengua gallega,
la pregunta es muy simple:
por qué os molesta que elija en qué idioma educar a mi hijo?
a mí no me importa si los hijos de Pablo Eifonso estudian en gallego unas asignaturas y otras en castellano, o si estudian todo en gallego o todo en castellano. por qué a vosotros os molesta en qué idioma estudie mi hijo?
por favor, dejadme escoger!!!
jorge

Anónimo dixo...

Jorge,

Repítoche que a min non me amola que os teus fillos estuden todo en castelán ou en galego (como se queres que estuden todo en saharaui, a min non me afecta e dáme totalmente igual). A min o que me molesta e que dende GB engánase e míntese. Non entendo por que non din as cousas como as pensan, coma vostede mesmo di, e en vez de falar de Galicia Bilingüe o de sistemas educativos bilingües, que falen do que verdadeiramente queren: un sistema educativo monolingüe.

E repito, que se é o que queredes para os vosos fillos paréceme perfecto, pero chamade ás cousas polo seu nome, se non tedes nada que esconder como vós mesmos dicides, e deixade de tratar á xente de parva.

Marcos Andión dixo...

Todo hijo de vecino tiene, supongo, la libertad de elegir el médico que le parezca mejor para cuidar de su salud.
Siguiendo el argumento, todo quisque tiene derecho (¿?) a elegir en qué idioma se instruya a sus hijos.
Sin perjuicio de que se pueda discutir este último derecho (que algunos quieren situar por encima del que hemos cedido al Estado para que nos proporcione a todos las mismas oportunidades de alcanzar el conocimiento, dentro del entorno social correspondiente), lo que no me parece discutible es que ese supuesto derecho haya de ser sufragado con el dinero de todos.
Y esta es la cuestión, más allá de piruetas ideológicas de andar por casa.
Mira, Jorge: parece claro que lo que molesta, a mí por lo menos, es que tu ideología particular grave sobre el dinero de todos.
De acuerdo con lo dicho, también podrías echarte al monte enarbolando la bandera de que entre todos te paguemos un lifting en la consulta del dr. Pitanguy, ¿no? Si lo que dispensa la Seguridad Social no te parece bien, nadie te impide gastarte los cuartos en un médico particular, ¿verdad?
Pues, eso: que la cuestión nada tiene que ver con lo que tú consideras adscrito al libre albedrío, sino con lo exigible a unos poderes públicos que han de administrar equitativamente los dineros de todos. Y elegir entre aprender en castellano o en gallego (¿por qué la libertad no alcanza al derecho a escolarizarse en inglés, o e swajili?), o segregar el alumnado por sexos, tiene más que ver con una opción ideológica particular que con la atención al exigible comportamiento de los poderes públicos. PÚBLICOS, ¿eh?
Pues, entonces, deja de enojarte porque haya quien defienda que no es un derecho sostenible con dinero público lo de escolarizar en "bilingüe", según creo yo que entiendes ese término.
Hace años también se decía que España era Una, Grande y Libre: UNA, porque si hubiera otra nos iríamos para ella; GRANDE, porque cabíamos todos los españoles y los yanquis de las bases, y LIBRE porque en las quinielas se podía poner, 1, X o 2. ¿Ves qué bien?

Anónimo dixo...

queridos contertulios,
(que conste que no pertenezco a Galicia Bilingue) pero: por qué anónimo dice que los de esta asociación mienten? si sólo piden la libertad de elección. es lo único que piden. te crees que les importa que a tu hijo le den las clases en gallego? claro que no!.
no digáis tonterías:el suajali o el saharaui son idiomas oficiales en Galicia o en España?por favor, no me hagáis perder el tiempo...

anónimo,tu decide lo que te de la gana que yo haré lo mismo. y tan amigos...
jorge

Pablo Eifonso dixo...

Jorge, Galicia Bilingüe insiste no do ensino bilingüe non só na liberdade de esoller idioma dentro do ensino. E iso de bilingüe é "en duas lingoas", non lle deas máis voltas. Logo, se estás pola separación dos nenos en centros distintos en función da elección de idioma polos pais, non estás por un sistema educativo bilngüe. E se insiste niso é que hai un evidente intento de manipulación (mentir, chámalle o noso anónimo). Penso sinceiramente que sobraba esta aclaración miña, pois o razonamento de "anónimo" (por certo, pon un nome, que así é máis doado citar) é impecable e unívoco.. e ti Jorge (que non queres perder o tempo) segues afuciñando no mesmo, sen importarche para nada o que el argumenta e di.
Saúdos

Anónimo dixo...

Yo lo tengo claro. Que pasaría si un padre quisiese que su hijo estudiara todo en inglés?. Pues que pague un centro privado para él solito. Que pasa si un padre quiere que su hijo estudiase solo en castellano? Centro privado, nada de dinero público. Que pasaría si un padre quisiese que su hijo estudiase solo en gallego? Idem. Centro privado.