IX ÉPOCA

19.8.08

O Señor Presidente da Rede de Cidades polo Clima

Hai un mes celebrouse en Donosti a III Asamblea de Ciudades polo Clima. O Señor Presidente da tal rede ven sendo o noso alcalde e da súa participación enteirámonos porque marchou sen avisar e Santi tivo que dar un golpe de estado -legal, iso si- para gobernar a cidade.

Xa temos dito que a Presidencia da Rede foi un premio de consolación ó non ter conseguido a Presidencia da Federación Española de Municipios, posto que fora ocupado por Paco Vázquez e que cadraba coas aspiracións do ex-ministro Caballero. Aínda así , era de esperar que tan digno posto axudara a que en Vigo se levarán adiante políticas de loita contra o cambio climático e polo aforro enerxético. O Sr. Alcalde tivo ocasión de ver como o seu compañeiro Odón Elorza conta cun programa de actuación medioambiental e leva adiante a Axenda 21 que o noso Eixo Atlántico foi incapaz de sacar adiante.
Aqui non dubidamos da responsabilidade do Sr. Caballero que, na citada asamblea, firmou un Manifesto adherindose ó Pacto de Alcaldes promovido en toda Europa e a partir do cal deberían incrementarse as iniciativas para densenvolver a cidade de forma sostible. Deixando aparte as incoherencias - depuradora, construcción de parkings, etc- que pode agachar no saco da "herdanza dos gobernos anteriores" hai unha característica determinante das políticas mediomabientais que resulta incompatible coa concepción do poder que ten o alcalde. Trátase da necesaria participación social e a conformación de equipos que sosteñan tales iniciativas. Caballero ven demostrando que por non contar, non conta nen cos membros da súa candidatura e ven refuxiandose nun estreito círculo de colaboradores -Font, Regades- marxinando e mesmo atando ó resto. Sería democraticamente saudable saber que pensan membros da súa candidatura como Nelly Pérez Giraldez, presidenta do GECMA ou a propia Chus Lago sobre estes temas.
O que non dubidamos e que na próxima campaña publicitaria que xenerosamente pagará a Alcaldía aparezan destacados os grandes logros da cidade no terreo medioambiental. Por certo, sabemos de boa tinta que nun descanso da Asamblea Caballero, diante da sorpresa de Odón Elorza pola construcción de parkings no centro de cidade, confesou que se trataba de obras camufladas da primeira liña de Metro.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Falando ésta mañan nuha oficiña importante de Vigo, una segredaria dun executivo que todos coñocemos, dixome que ó sr. Caballero, daballe pena, que a parte, do que coñoce, xa ó viú po-la rúa soio moitas veces. Home penso que cando estaban na oposición andaba os domingos po-las mañas con Elenita Espinosa po-las cafeterias, tramando i outras cousas, tamém andaba por Baladios,perto da casa da su "compañeira", agora as duas están situadas. Tamén empeza a darme pena, moi listo non parece. Perdón

Anónimo dixo...

Línea de metro, que fácil es vender humo..