IX ÉPOCA

10.8.08

A Alameda convertida en mercadillo

Ver reportaxe fotográfica ampla


C.Porro cravoulle á Alameda varias estocadas. Agora, o tenente Domínguez está disposto a darlle o descabello. Alguén debería parar a barbarie que se está a cometer nestes días coa instalación dun cutre mercadillo de "artesanía" e "gastronomía" no xardín histórico da Alameda.

Esta "actuación", ao parecer "organizada" pola Asociación Veciñal do Casco Vello por encargo da concellería de Cultura do Concello de Vigo, vén engadirse á brutal ocupación por parte desa mesma concellería do contorno do monumento a Elduayen cun tremendo palco (por chamar dalgunha maneira ao feixe de ferros e lonas alí malinstalado), seica para o Festival Folclórico internacional e ás desvencixadas casetas da feira do libro antigo e de ocasión. Unha magnífica imaxe sobre o noso nivel cultural para os turistas que nos visitan.

A Alameda non é unha zona verde ao uso. É o xardín histórico máis antigo de Vigo, delicado e extremadamente sensible e voluble ás barbaridades que contra el está empeñado o Concello en perpetrar. Xa son moitos os síntomas de degradación irreversible que se poden apreciar a simple vista. Non só se están a perder os sebes de aligustre e buxo (moitos substituídos por sebes de camelia, que nada ten que ver coa historia deste xardín), senon tamén, están a morrer árbores de moita idade e grande porte. Sen ir máis lonxe, na foto que encabeza este comentario, detrais do bonito forno portátil de "pan de millo", aparece xa morto un castiñeiro de indias que debe andar polos 50 ou máis anos de idade. É xa a segunda árbore de gran porte que morre dende a humanización de Corina e a enésima dende que a incuria dos distintos responsables municipais abandoaron á Alameda á súa sorte. Moito nos tememos que se alguén non toma nota antes e o remedia (se que aínda estamos a tempo e hai solución ás dentelladas que as obras de "humanización" deron ás raiceiras de case todas elas), estas mortes son só o comezo dunha historia xa anunciada.
Claro que entre cables, focos pendurados das árbores, vehículos pesados circulando polo seu interior, contaminación e mercadillos como este, axiña teremos unha magnífica zona aberta para as carpas do BNG. Estes que están faceno bó ao finado de Agustín Arca.

Como xa diciamos hai xa hai tres anos en VB e hoxe repetimos: Dende este medio pedimos que se remate con esta barbarie, (...) e se redacte por profesionais competentes e se execute un rigoroso proxecto de restauración, seguindo estrictamente os criterios internacionalmente admitidos para estes espacios e nomeadamente recollidos na Carta de Florencia.

Menos mal que o tenente Domínguez ten mando en tropa sobre a área de Cultura e Patrimonio Histórico do Concello, que se non, a cousa podía aínda ser pior, claro.

6 comentarios:

Marcos Andión dixo...

El tratamiento que han venido teniendo nuestros jardines, sean o no históricos, desde hace ya demasiados años, ha sido perpetrado por diferentes gobiernos, pero siempre bajo el mismo criterio de actuación: destruir lo que hay para que se vea que se ha hecho algo al sustituirlo.
Sobre la Alameda han pasado como el caballo de Atila desde Soto hasta Caballero. Con el primero, Agustín Arca "diseñó" una ristra de "tumbas etruscas" en un pavimento resbaladizo que hubo que picar luego, y Corina le dio el golpe de gracia con una "humanización" destructiva y a la medida de la capacidad intelectual de la rubia.
Y ya no es la capacidad mental sino que también la incultura impregna todas esas acciones estúpidas.
Dice el artículo 14 de la mencionada "Carta de Florencia":
"El jardín histórico debe ser conservado en un entorno apropiado. Toda modificación del medio físico que ponga en peligro el equilibrio ecológico debe ser proscrita. Estas reglas se refieren al conjunto de la infraestructura, tanto externa como interna (canalización, sistemas de riego, caminos, estacionamientos, tapias, dispositivos de vigilancia, atracciones para el visitante, etc.)".
Pues, como podrán comprobar, creo que no se han dejado ni una sola de esas "modificaciones" que debieran estar proscritas sin acometer: riego, caminos, enlosetados, estacionamientos, atracciones para el visitante...
Y el caso es que su penuria intelectual les aconseja ufanarse de lo hecho..., o permitirlo.
Llegado este punto, creo que será oportuno recordarle al alcalde que, sea de la fracción que sea lo hecho, es una responsabilidad del gobierno municipal. No vale mirar para otro lado, ni venir con las milongas de la "autonomía" esquizofrénica, para justificarse.
Efectivamente, ¡jo, qué tropa!

Pablo Eifonso dixo...

A ocupación extensiva do espacio urbano central da cidade nestes días de "Festas do CristO" (e que cristo!)é unha mostra de incultura e de ausencia extrema de criterios de boas prácticas en programación cultural. Incultura, porque pon de manifesto o absoluto descoñecemento do espazo urbano, da súa xerarquización, da súa escala, dos seus usos e fluxos. Unha concentración da máis variada caste de accións, executadas con ínfima calidade sobre o mesmo espazo, cunha infraestructura inadecuada e unha supervisión nula, está a provocar a conversión da parte central da cidade, da súa imaxe identitaria, nunha inintelixible sucesión de casetas, carpas, palcos, gradas, chiringos e músicas, as máis das veces incompatibles entre sí e co disfrute dunha zona que ten por maior valor o seu carácter monumental e de uso de "baixa intensidade". Hoxe mesmo, a esasos metros miles de rapaces disfrutaban de "O Marisquiño" (unha exitosa concentración de skaters, situada nun lugar completamente inaxeitado) e enchían os xardíns de Montero Ríos de resíduos que deixan ao botellón semanal como un mero anuncio, ao tempo que unha banda de música tocaba para uns par de centos de maduritos e turistas, e que na Alameda outros centos paseaban ansiosos entre bisuterías e cheiro a chourizo frito e pan de millo recén cocido. Ao tempo, os tripulantes dos máis de cen barcos recén chegados para a Regata maior de Vigo, a Rías Baixas, contemplaban polo medio do mogollón, a que se lles viña enriba, rodeados por un extremo polo marisquiño e polo outro polo concerto nocturno na explanada da Estación Marítima. Toda unha imaxe de marca para exportar da nosa dinámica cidade.

Incultura e falta absoluta de criterios de programación e de producción, que mesmo inducen a pensar que poida haber accidentes: non fai falta máis que ver dúas das "instalacións" montadas e accesibles para calquera se restricións: as gradas adosadas á piscina do Náutico (un esquelete aberto baixo o cal hai un par de toneladas de resíduos) para O Marisquiño, e o "palco" que permanentemente ocupará durante agosto a maltratada praza da Constitución (cheo de cables eléctricos baixo a súa estructura aberta "ao público de tódalas idades").

O espazo que se está utilizando á brava, nin é apto nin poderá resistir sen graves danos o impacto dunha programación aloucada e falta de criterio. É o que ocorre cando os que gobernan carecen dos mínimos culturais esixibles a un cidadán medio, sen a máis mínima sensibilidade e coñecemento do espazo urbano. É o que pasa cando se gastan os cartos en contratar máis e máis asesores que, seguramente por estar aínda por debaixo dos niveis culturais dos seus benefactores, entran na cidade como elefantes nunha cacharrería.
Deus os perdoe, porque, estou convencido, a estas horas aínda estarán todos contentes polo éxito de público (a medir en toneladas de lixo que ninguén recolle) das súas convocatorias.

Raquel López dixo...

¡Uf, Pablo! Un poco revuelto tu comentario ¿no? Un poco puedo estar de acuerdo contigo, y un mucho en desacuerdo. Para empezar, en no pocas ciudades a las cuales nos desplazamos 'de vacaciones' y de las que retornamos deshaciéndonos en loas a ellas, hay este tipo de usos de sus espacios públicos (eso sí, no siempre tan cutres en los medios y estéticas empleadas).
La identidad espacial hoy día está atravesada (su sustancia) por la movilidad y no por la permanencia de los usos. Otra cosa es la calidad de lo que se nos ofrece al desplegar la versatilidad de estos lugares.
Abrazos (sí, estoy de acuerdo contigo en que eso de cocer in situ pan de millo bajo un camelio...).

Pablo Eifonso dixo...

Os espazos públicos nas cidades teñen distintas xerarquías e graos de protección en función das súas características históricas, sociais, botánicas, urbanísticas... Non é o mesmo unha zona verde (poñamos Avda. de Castelao) que un xardín histórico. Cada espazo ten unha determinada "capacidade de acollida" en función da súa sensibilidade aos impactos sobre os seus elementos que atesouran os seus valores fundamentais. Manteño que o valor fundamental da Alameda, aquel que xustifica a súa protección e catalogación e que o diferencia esingulariza doutras zonas públicas da cidade, é o histórico (e, derivadamente, o botánico). O concepto de xardín histórico está xa consolidado en toda Europa e desa calificación se derivan (non porque sí, senon porque a experiencia e estudio sobre as súas carcterísticas así o recomendan) as carta de protección (nomeadamente a de Venecia, do ICOMOS). Claro que ti podes considerar que a Alameda non é un xardín histórico e consideres que é só un espazo verde que pode ser sometido aos usos destes quince días. Se cadra é un problema de información, se cadra de sensibilidade, se tal, un pouco de despiste. Pero non: a Alameda ten tódalas características de tal e así está catalogado no PXOM recén aprobado.
Eu respecto a miña cidade no mesmo grao que respecto as moitas europeas (perdoando) que coñezo: podo asegurarte que xamais vin unha agresión semellante en ningún xardín histórico ou xardín monumental de Europa.
Sen ir máis lonxe, en Madrid, prohibíronse todo tipo das variadas actividades que hai anos se permitían sen control. A única excepción (cos seus detractores, que defenden a integridade do parque histórico), a súa coidadísima e controladísima Feira do Libro.
Para mostra un botón (substitúe Retiro por Alameda e váleme): unha contestación a unha mera solicitude de colocación dunhas mesas de recollida de sinaturas contra a especulación por parte da Directora conservadora do parque do Retiro:
Los jardines del Buen Retiro tienen una declaración de máxima protección Histórico Artística y por su uso ya masivo mantiene una situación de sostenibilidad muy precaria. Por esta razón esta Dirección intenta evitar en lo posible todo acto que pueda aportar un flujo mayor de visitantes ya de por sí excesivo. Esta Dirección tiene la opinión de que toda actividad que provoque saturación en los jardines es incontrolable para los servicios actuales de
mantenimiento, siendo denegada de forma sistemática cualquier solicitud que altere el uso fundamental de este Parque y que plantee su utilización como soporte de actividad ajenas al mismo. Por todo lo anterior lamento comunicarle la no autorización para realizar el uso por Vd. propuesto

¿A que espazos públicos e cidades te refires que se permiten eses usos en xardíns catalogados? ¿en Burundi?... porque supoño que non te imaxinarás semellante ocupación, digamos, por exemplo, en Porto-Serralves, que sei que che gusta.
Se cadra, querida Raquel, aínda non teño viaxado abondo... deus conserve a Alameda.
Bicos

Pablo Eifonso dixo...

Onde dixen "Venecia" no comentario último, quixen dicir Florencia... Italia!... por certo, falando de Italia, recordo que en Palermo si vin unha ocupación dun bordo dun pequeno xardín histórico (Piazza Marina), urbano, preto da zona portuaria (que contén un par de inormes e vellísimos Ficus), por un mercadillo de antigüedades ao estilo sicilián. Iso sí, todo na rúa perimetral, sen tocar un só centímetro das circulacións interiores.

claudioataturk dixo...

La charanga y el chiringuito parecen formar parte de nuestra cultura; aquella que Soto nos importó desde el Madríd de vanguardia con la movida.Pero solo quiero hacer una pregunta: ¿se pueden vender y despachar alimentos al aire libre, polvo, con las manos, en unas instalaciones de cochanbre, sin que los inspectores sanitarios y de consumo digan nada ?. Esto es po mismo que los de trabajo que solo visitan a los que cumplen y no a los chinos, mercadillos, etc... Vale todo amigos y encima en la Alameda más emblemática de la ciudad.
Saludos.
Ataturk.