IX ÉPOCA

15.7.08

Usted no sabe con quien está hablando, oiga! (2)

María Méndez deu o espectáculo en Príncipe. O seu ataque de nervios diante dun policía que cumpría co seu deber, foi tan sinceiro como descontrolado: desesperada ao constatar que a súa autoridade non é absoluta, senon que está perfectamente modulada pola legalidade e a racional distribución de atribucións e competencias na administración pública.
La Voz de Galica dá hoxe unha versión interesada e unilateral do que ocorreu en Príncipe, que moitos puideron ver en directo e que aquí en VB xa adiantamos o venres. Pesie ao que alí se recolle, outras fontes apuntan claramente aque a policía local, esta vez si, cumpríu co seu deber. A performance montada por Médicos do Mundo carecía de autorización para instalarse en Príncipe. E María Méndez non ten competencia ningunha para outorgala, por máis que fose coñecedora ou mesmo organizadora da mesma. Tal autorización ten un procedemento establecido, a través do departamento municipal de Seguridade, no que non se inclúe a posibilidade dun permiso verbal ou persoal dunha concelleira, por máis que berre na rúa e trate de impoñer o seu criterio coas típicas advertencias tipo "non sabe con quen está falando". Ao parecer, foron comerciantes do Príncipe os que deron o aviso á policía local, cando Médicos do Mundo representaban unha especie de reality para concienciar sobre a problemática da drogadición. E a Policía actuou perfectamente acorde co regulamento, que non inclúe entender que ocupa algún lugar na cadea de mando a primeira concelleira que, sen identificarse debidamente, ordee a berros que se retiren, que alí manda ela.
Pero se patético é o de María Méndez, patético é que outro concelleiro, este si con competencias na seguridade municipal, entenda que a forma de dirixirse á policía local é a través do teléfono móbil dunha compañeira de Corporación fóra de si. Semella descoñecer que el é o primeiro que debe respectar a cadea de mando e os medios establecidos para a comunicación regulamentaria. Se quería realmente dar unha orde á Policía e non só tranquilizar e quedar ben coa Méndez, unha soa chamada á xefatura houbera sido suficiente, regulamentaria e efectiva.
Nesta cadea de descoñecemento dun sistema baseado no respecto de todos ás normas e regras establecidas, a intervención do tenente Domínguez (o que faltaba) colocouse na mesma liña despendolada: esixíu a Xulio Calviño castigo inmediato e exemplar ao policía que ousara negarse a obedecer ordes de María Méndez. Nada menos que situou o incidente no máis alto lugar dunha crise do bigoberno, de non escarmentar debidamente ao protagonista involuntario da movida da Méndez.
Se as actuacións de Méndez e Domínguez poñen de manifesto a súa escasa vocación de servizo público e o seu descoñecemento do entramado normativo que dá sentido á acción de policía das administracións públicas, e a súa ignorancia verbo da prevalencia dos principios de legalidade e competencia entre distintos niveis da administración, pior case resulta a actitude do goberno municipal, prestándose a abrir un expediente disciplinario (aínda que só sexa no seu primeiro nivel de dilixencias previas), sabendo que actúa exclusivamente por presión irracional do seu socio de goberno, incapaz de comprender que o poder entregado polos cidadáns está modulado polo imperio da lei.

Incompetencia e autoritarismo mesturado cunha boa dose de chantaxe. Un espectáculo á vista de tódolos cidadáns que ateigabamos ese día a rúa do Príncipe. Un espectáculo que, os que a coñecen e a sofren, saben que non é unha reacción excepcional nesta personaxe.

17 comentarios:

Chapela dixo...

La eduación y la ética, no está reñida, con los comentarios que todos podemos hacer libremente. A ver si somos coherentes y dado que nos brindan una oportunidad aprovecharla, con respeto. Perdon, a mi lo que me preocupa, es que pese a la prepotencia, arrogancia,desafio a la autoridad, no está aún en la cárcel Ana Míguez. Voltaire, así, con sentidiño, está en deuda conmigo, por lo de Redondela.

Anónimo dixo...

Sabemos que Médicos do Mundo e o Día que celebrábamos, non son tan importantes como algún Blog de “opinión” e como os comerciantes de Principe que pensan que “la calle es mía”. As veces é fácil falar sen coñecer os feitos, de todas formas todo se aclarará no seu momento e no lugar adecuado.

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo, aínda que o teu comentario no se entende moi ben, supoño que te refires a que a importancia -que non se puxo en dúbida neste post- de MdM e a causa que defende, e coa que traballa cada día a prol da mellora da calidade de vida dos toxicómanos, xustifica que poida actuar á marxe das normas que nos afectan a todos (aínda que MdM, neste caso, pouca culpa ten, pois alguén lles dixo que abondaba cunha mera autorización de mesa de sinaturas para montar un espectaculo na rúa)
Pero non falamos das boas causas nin dos comerciantes do Príncipe, meras anécdotas que acompañan ao que queremos salientar nos posts publicados: a nula cultura democrática dalgúns dos nosos corporativos que confunden o mandato popular de representación coa arbitrariedade, e descoñecen o abc dos principios de actuación das administracións públicas. Poñámonos noutro suposto na rúa que non sexa a prol dunha "boa causa", no que un grupo de xente desenvolvan unha acción claramente ilegal: poñamos por caso, un grupo de fachas que fan unha apoloxía do nazismo ou do racismo cunha performance na rúa do Príncipe; poñamos que a policía local actúa da mesma maneira que o fixo con MdM; supoñamos que pasa por alí un concelleiro de extrema dereita que afea a conducta do policía e que o concelleiro fai valer os seus supostos galóns. Tal vez, nese caso, algúns defenderían a actuación policial.
¿Por que crés que o cabo da policía local que actuou en Príncipe, actuou como actuou? ¿crés que lle tiña xenreira aos de MdM? ¿Pensas que tiña especial intención de fastidiar a María Méndez? ¿Consultou cos seus superiores se MdM estaban autorizados para facer o que facían? ¿Debía, neste e en calquera outro caso no que apareza polo medio un concelleiro, passar de todo? ¿Debía haber collido o teléfono que lle pasaba unha Méndez cabreadísima, decindo que estaba Calviño ao aparato para darlle ordes?...
¿Que parte dos feitos que describimos crés que non se corresponden coa realidade? ¿Ou máis ben será que non estás de acordo coa nosa interpretación?

Para a túa tranquilidade, infórmámosche que, nin neste caso, nin noutros, cando publicamos, falamos de oídas. Cos limitados medios dun blog, contrastamos a información. E publicamos o que nos parece oportuno, que non é necesariamente todo o que sabemos. Non facemos, por exemplo, como La Voz de Galicia, que publica a información "oficial" que lle dá María Méndez, sen contrastala.

Anónimo dixo...

Me parecen bien los razonamientos expuestos. Pero lo que dijo Anónimo quizás no vaya desencaminado. Todo se verá.
Lo que sí es cierto es que no creo que un comandante se niegue a recibir una llamada de su general o del jefe del ejercito, en este caso El Rey. De la misma forma que cualquier policía nacional no se negaría a recibir las ordenes del ministro del interior, aunque sean por teléfono, puesto que ellos son herramientas del ejecutivo que es quien tiene el poder delegado por el parlamento en el presidente y este en el ministro de turno. Si mete la pata para eso están los juzgados de guardia.
En el caso de la policía municipal depende del alcalde y en este caso el responsable máximo, por delegación de este, es el concejal de Seguridad y Tráfico. No podemos negarnos a sus órdenes a no ser que vayan contra la Constitución y las leyes orgánicas que la desarrollan.

Pablo Eifonso dixo...

Esquces un detalle: o teléfono móbil polo que María Méndez dicía que estaba Calviño ¡era o de María Méndez!... imaxínaste a El-Rei dando ordes a un subordinado a través do móbil dun amigo que di "que te poñas, que é El-Rei". Xa dixemos que Calviño, se quería chegar ao policía local para darlle unha orde tíñao tan doado como chamar á xefatura da PL e transmitir as súas ordes. ¿Por que nono fixo así?: porque sabía que o policía tiña razón, pero non quería que MM se cabrease máis... que isto do bi-goberno depende ás veces de todo tipo de equilibrios, mesmo dos psicolóxicos.

Anónimo dixo...

Puede que el teléfono de la concejala fuera privado. No obstante lo dudo por que todos los concejales tienen teléfono móvil del Concello y lo usan, sobre todo cuando se dirigen a clausurar un acto. Acto que fue denunciado por un miembro de los comerciantes de Principe, igual que cuando los vecinos solicitan la presencia de la policía en el Arenal, la diferencia es que en esa zona el 092 no “aparece” y los que montan la bulla no tienen ningún tipo de permiso, MdM sí.

Marcos Andion dixo...

Anónimo que dices que "puede que el teléfono de la concejala fuera privado":
La cuestión es si la actuación de la concejala fue o no correcta. La prueba de que la forma no lo era es lo que ha dicho Pablo Eifonso: la Policía Municipal tiene sus canales de comunicación, orgánicos y jerárquicos, que no pueden saltarse. ¿Por qué la Méndez no dirigió su consulta a la cadena de mando orgánica que, por la vía que tiene establecida podría "poner en su sitio" al agente? Pues por la sencilla razón de que MdM no tenía autorización (legal y reglamentaria) para llevar a cabo la "performance" en la calle del Príncipe. Eso lo sabía la concejala y el agente hizo bien en no ponerse al teléfono porque el sistema elegido por MM era irregular y, presumiblemente, arbitrario.
En cuanto a lo que dices de que la PM responde con celeridad a unos y con desidia (si responde) a otros, estoy completamente de acuerdo y sería materia para otro debate. Pero eso no hace al caso, porque la forma de actuar de la concejala, y la supuesta entrada al trapo de Calviño, lo que revelan es que para algunos los cauces establecidos carecen de relevancia y están convencidos de que la ley, el principio de legalidad, es algo sometido a las conveniencias políticas.
A todos nos interesa que las normas se cumplan, con independencia de si los que reclaman el cumplimiento de la ley nos resultan más o menos simpáticos. ¿Te imaginas que las normas pudieran saltarse sólo con el argumento de que estos me caen bien o estos otros mal?
Si hubiese el permiso que la concejala ha dicho que existía, lo razonable era poner en marcha el mecanismo interno de actuación y que el jefe de la PM advirtiese al agente de tal circunstancia. Pero el caso es que el citado agente sí se había puesto en contacto con sus superiores, quienes le confirmaron que el permiso para MdM no incluía la realización de la "performance" que dio origen al follón.
Eso es lo relevante; que MdM haga una labor encomiable, o que la concejala pretendiera proteger su actividad, para nada afectan a la correcta actuación del agente en cuestión. Y eso es lo que nos importa a todos.
En fin, que María Méndez sabía de qué iba la cosa y pretendió defraudarnos a todos, con pleno conocimiento de lo irregular, incluso ilegal, de su proceder. De eso se trata, y no del color del cielo, del estado de la mar, de lo buenos que sean unos y lo malo que sean otros. La Méndez engañó, verbalmente, a los ingenuos representantes de Médicos del Mundo, pretendía engañar al agente, aprovechó que Calviño prefería dejarse engañar para tener la fiesta en paz y, finalmente, engañó como a incautos a unos medios de comunicación que acabaron por confundir a todos, a pesar de que su obligación es contrastar las informaciones, en lugar de dar crédito a la interesada versión que recibieron.
Y así nos va.

Pablo Eifonso dixo...

Marcos, para min o que é pior é o "desprazamento" que fai MM cara ao axente da policía local, tratándoo de convertir en chivo expiatorio da súa ignorancia e frustración. En lugar de deixar as cousas como estaban, tal e como fixo o policía que cubríu as denuncias regulamentarias e se marchou, o seu interese máximo foi "castigar" a "insoportable" falta de submisión á súa "autoridade" do axente, e "obrigar" a Calviño a abrir dilixencias, sob ameaza de crise no goberno. Perante semellante advertencia, os do PSOE nin o pensan un minuto: hai que ter contentos aos socios, non vaia ser que lles dea o siroco e se acabe o chollo que teñen montado entrambos.
Por outra banda, os que coñecen e aturan ao tenente Domínguez e a María Méndez saben que tales comportamentos "autoritarios" e fóra de ton, cada vez son máis a regra e menos a excepción. De libro.

Anónimo dixo...

No voy a seguir. Última intervención en este caso. Lo que tenga que ser lo dirá quien lo tenga que decir y con arreglo a la Ley y a los datos veraces. Hombre desde la perspectiva que Vds. exponen, los motivos de sumisión al mandato son los que otorgan validez legítima a un orden y a la democracia y por otro lado podría interpretarse que con la actuación del agente es políticamente libre quien aún estando sometido, lo está solamente a su propia voluntad o a la de su inmediato superior y no a la ajena legal, aunque esta represente el poder legitimado en las urnas, pero bueno quizás así surge la idea de la democracia.

La Policía es una institución del Estado, en este caso de Derecho y, también, Local, que debe estar sometida a las leyes y a la Constitución y bajo el poder político legítimo. Si esto se respeta no se producirían casos de apremios ilegales y confusiones, en algunos casos por el mal funcionamiento administrativo. Lo de siempre ¿Dónde está aquel papel, que lo necesitan para mañana, donde lo metiste,…? En definitiva, este caso tiene una mala digestión por que el Estado, y sus representantes, no pueden declinar su responsabilidad en el control del uso legítimo y proporcionado de la fuerza y la policía tiene que conocer y obedecer a los representantes legales y legítimos del poder político, siempre y cuando sus órdenes no sean anticonstitucionales. Luego si no está de acuerdo que emita un parte a su superior o una denuncia en el Juzgado de Guardia. Podría entrar un poco más en profundidad pero como está pendiente el expediente prefiero guardar un prudente silencio y sólo tocar la parte “filosófica”, por no estar en un Estado policial.

Marcos Andion dixo...

Lo siento mucho, Anónimo, pero creo que no has entendido nada. ¿María Méndez no está sujeta a las normas que, libre y democráticamente, nos hemos dado? ¿Qué pinta aquí lo del "estado policial"? ¿Dónde ves tu inveracidad en lo que hemos dicho? ¿Quién dijo algo de sumisión y de mandato?
Se mire por donde se mire, un concejal, al igual que cualquier ciudadano, está sometido a las normas que exigen disponer de un permiso (que no depende de la peculiar visión del concejal) específico para ocupar la vía pública (pública, no corporativa) de un modo determinado.
Si el permiso para la "performance" existía (que no es el caso), la concejala tenía que haber puesto en marcha el mecanismo jerárquico que garantiza que las normas no están sujetas a veleidades ni a interpretaciones particulares. Si el permiso no existía (documentado, que es muy fácil de demostrar), la actuación de la concejala resulta ser fruto de su ignorancia o de su arrogancia. Lo demás son ganas de darle vueltas al asunto a ver si se le encuentra algún encaje de conveniencia.
Tu peculiar visión de la libertad y la democracia parece incluir que el mandato de las urnas es omnímodo y sirve para todo. Pues deberías saber que no hay autoridad por encima de la ley. Y la ley (democrática), en este caso, exige la exhibición del pertinente documento que autorice la ocupación de la vía pública en los términos exactos. Pero el tal documento no existe, y no hay concejal que tenga autoridad para saltarse la norma, de igual modo que no puede, por mucha autoridad derivada de las urnas que tenga, mandar a por café, o a por tabaco, a uno de sus subordinados. En eso estriba, precisamente, el sentido democrático del Estado, que es lo contrario de un estado autoritario, ¿te suena? Sólo faltaría...
¡Jo!..., mira que aquí hemos puesto de vuelta y media a la Policía Municipal. Pero en este caso resulta que la actuación del agente ha sido impecable; la de María Méndez, impresentable.

Anónimo dixo...

Topeivos por casualidade. Está animado este Blog, este Post, os comentarios, … e ata os anónimos.

Creo que todos os que interviron na “trifulca” son “inocentes”. As peticións para permisos de tráfico, seguridade, electromecánicos, vías e obras, …, pasan pola alcaldía e últimamente e un desastre. En realidade sólo funcionou ben durante os dous ou tres meses do final do ano 2007 e os dous ou tres de comenzo de este, pero agora é una desfeita, non nos chega nada, non me refiro o departamento de tráfico e seguridade, senón a outro que tamén recibimos da alcaldía, mellor dito recibíamos. Por iso creo que tanto MM coma MdM pensarían que a súa solicitude había sido tramitada. Algo pasou para que MM, que non é tonta e que ten os seus estudios e coñecementos, se dirixise nesa forma e cá certeza de que tiñan un permiso amplo. ¿Qué vai pasar?. Cá Lei n aman….

Un currante.

Ramón Barrientos dixo...

Coñecendo como actúa o gabinete da alcaldía, cun incomptetente David Regades como cabeza (por dicir algo), non sería de estrañar algo así como o que supós. A súa obsesión compulsiva por controlar todo e a ignorancia manifesta do funcionamento da administración, pode perfectamente levar a interferir nos procedementos ata o punto de xerar problemas onde, normalmente, nonos debería haber.
Caballero vive nunha nube de adulación que lle impide ver que os seus maiores enemigos tenos moi pretiño, mesmo a carón do seu despacho. Os concelleiros como Calviño admiten posiblemente esta práctica de control previo continuado, o que lles leva a quedar en demasiadas ocasións co cú ao aire.
Neste sentido, Santiago Domínguez coida máis as cousas pois, consciente -cada vez menos- das súas limitacións obxectivas, dá un pouco máis de xogo aos seus concelleiros.

Ocasionalmente en Zamora dixo...

Todo esto parece bastante simple, tal y como lo expones en el post.Este ayntamiento está dejado, o no saben lo que hacen, o no hacen nada. Hoy aparece esta nota en la web del Concello" Esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas que saiban nadar e de entre 16 e 20 anos no momento da actividade", explica a concelleira de Xuventude, a nacionalista Iolanda Veloso" Pero hace unos días que la concelleira está de baja, En La Voz de Galicia,esta semana," En la de la concejala Iolanda Veloso, que ayer fue madre por segunda vez. Icía, que así se llama la recién nacida, llegó de madrugada (aún no habían dado las siete) y lo hizo sin complicación alguna. Pesó 3.440 gramos y demostró enseguida que tiene buenos pulmones. Iolanda aparcará durante un tiempo sus cometidos municipales para atender lo que más importa ahora en su particular orden del día. Si acaso, asistirá a algún acto puntual, pero lo primero será lo primero. Como tiene que ser. Felicidades" ¿?

Anónimo dixo...

Normal David R. solo esta a ver si caza el mejor negocio al ser consciente de que le queda poco tiempo a el y a su mujer

Aqui los enchufes van por familias enteras.

Anónimo dixo...

Perdonar que escriba un sábado por la tarde. El resto de la semanada no puedo hacerlo desde el Conc.... Tienes razón pero nadie se atreve a demostrar lo que muchos conocen.
No sólo eso.
Quizás algunos de los miembros de Vigo Blog lo puedan hacer.

Vigoblog dixo...

Lembrámosvos as indicacións para participar en VB que se poden lér no marco da dereita do noso blog.
Grazas.

Olongoadeus dixo...

Os mafiosos (policía local e vigo-blogueiros) deféndense entre eles. E aos representantes do capital -comerciantes de Príncipe, enfadados porque los yonquis dan mala imagen-, de paso.

Todo o poder aos soviets.