IX ÉPOCA

22.7.08

Deseñe o seu AVE

Non o sabiamos pero resulta que deseñar o trazado dun AVE é un xogo. Según informacións aínda non contrastadas por Vigoblog, está a piques de sair "AVEDESIGN", xogo multiplataforma para PS, Wii e Gameboy advanced. No ministerio de Fomento, na Asociación Provincial de Empresarios, na UGT-transporte, e na alcaldía teñen xa designadas as persoas que se desprazarán a uns coñecidos grandes almacens para facer cola e lograr asi os escasos exemplares que se van comerciar.
Vigoblog, sempre preocupado por defender ós cidadáns, ven de deseñar un kit a 2 euros que pemite participar no xogo e mesmo tomar un café mentrás deseñas centos de itinerarios para o AVE. Non imos permitir que haxa discriminacións por razóns económicas ou de alfabetización tecnolóxico-cibernético. Vexan a foto promocional e convénzanse.

A Comisión de eventos diversos ten xa ultimada a convocatoria do I CONCURSO "META O AVE POR DONDE NIN DIOS PENSABA QUE ÍA PASAR" dotado cunha viaxe Vigo-Coruña (I/V) nun Regional.

E que, xa me dirán vostedes, pero un aínda pensaba que as decisións que moven millóns e millóns de euros, tomábanse despois de serios estudios con equipos multidisciplinares pero polo visto non é así. A democracia participativa está chegando a alturas insospeitables.

Pois nada, a xogar!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Avisade cando o poñades a venta nos "General Stores" da Gran Via do Generalísimo.
Si aceptades suxerencias, eu trocaría o "nin dios" do nome por "nindiola", non sexa que certas mentes puras e castas síntanse feridas.
¿O mapiña da foto é das colonias portuguesas na India? jajajajaja podería ser unha boa alternativa. Postos a parir chorradas, qué mais da.
Por favor, que alguén avise a "menestra" Maleni que Fernandez Alvarito encabeza o "grupo de presión" o "proyeto"
Cagadinños de medo deben estar alá por Madrid.
¡¡Qué tropa!!

Marcos Andión dixo...

El Alvariño parece que no da colocado ni una. Claro que como sigue empeñado en parecer un empresario pues la emprende con cosas como lo del puente y lo del ¡AVE, AVE, AVE María! "A VE" si cae algo.
Lorenso, estás descubriendo el verdadero sentido de esta ciudad: el juego. ¿Te acuerdas de que ya forma parte de la colección del "monopoly"?
Lo que no sé es por qué decayó aquella "genial" idea de instalar un Casino, creo que era en el edificio del Hotel Universal, supongo que ante la caída en picado de los trepecientos bingos que salpican la ciudad.
Habrá que ir con los tiempos y diseñar uno de esos juegos de rol en el que se podría obligar al jugador a moverse entre los centenares de trampas viarias que proporcionan aparcamientos subterráneos, humanizaciones, tráfico descontrolado, aparcamientos XER, y lo que te rondaré morena.