Finca do Conde. Como se come isto? Partamos do trile de que Chema Figueroa recoñece que tiña informes tanto para dar a licencia como para non dala, con "risco" parecido de xuridicamente equivocarse. Se non daba a licencia, o maior prexudicado sería ING Real Estate, multinacional holandesa que xoga forte dende hai anos co PERI Finca do Conde e que ameaza con monopolizar as nosas vidas coa súa cor laranxa e os seus empurronciños. Xa dende tempos de Manolo Pérez leva a multinacional perdido nos tribunais todas e cada unha das veces que as aprobacións do planeamento foron recorridas e foron sentenciadas (e que sistematicamente foi recurrindo, para gañar tempo e pasara o que pasou). Se Figueroa non daba a licencia, podería ocorrer que ING fose aos tribunais e estes fallasen, no pior dos casos (raramente, con tres sentenzas en contra do planeamento que substentaba a licencia), contra o Concello, que se enfrontaría a unha posiblemente máis que leve indemnización e á obriga de concedela despois, no improbable caso -como xa se demostrou- que o Tribunal supremo dese a razón a ING nos seus recursos contra as sentenzas do tribunal superior de xustiza de Galicia. Pecata minuta. Sen embargo, a decisión de concedela nestas circunstancias SÓ podía prexudicar aos intereses públicos xerais e SÓ podía beneficiar ao interese privado.
SÓ hai unha resposta posible a tan extraño comportamento: perante a dúbida, Figueroa (e o BNG coa súa transcendental e sorpresiva abstención en xullo de 2003) optou -paradoxicamente nun representante dos intereses xerais- por arriscarse A FAVOR da parte privada e CONTRA os intereses públicos. SÓ hai unha resposta posible para que un representante público opte, en caso de dúbida, por favorecer unha operación privada que moverá, a favor da multinacional, moitos millóns de euros no seu beneficio: que representa realmente os intereses desa empresa privada.
A música patética a todo isto, e da que neste blog dimos comprida e desglosada información, pona o curiosísimo convenio secreto asinado por C.Porro e ING para o patrocinio da Volvo e que, a estas alturas, segue sen ser desvelado polos actuais gobernantes. Case o 50% do total aportado por ING, foi parar casualmente ás contas das empresas Significantia e Abano, relacionadas con Mapi Egea, xefa de gabinete da Porro e do "proveedor de oportunidades" Pedro Costas, socio da "sogra de Mapi". Isto é, lévanse 677.625,60 euros do millón e medio aportado, en concepto aínda non se sabe de que "servizos" publicitarios e de comunicación. Ou sexa, 100 millóns das antigas pesetas para un lado e o resto, para os gastos, que algo farían... que a estes exipcios gústalles sempre redondear.
É a obriga dos actuais gobernantes ensinarnos a tódolos cidadáns tamén, ademais dos informes técnicos que agora amosan, os documentos do convenio secreto de Corina e Mapi que, cando estaban na oposición, reclamaron pública e reiteradamente. Como é a súa obriga reclamar as responsabilidades que correspondan, e non só as "políticas".
Dende Vigoblog, aportamos o noso gran de area á recuperación da memoria neste asunto: non hai máis que clicar na nosa etiqueta temática. Que ninguén se escaquee agora con mentiras ou con silenzos. As actas da Xerencia de Urbanismo están aí para avergonzalos.
25N.- Galicia sae á rúa para pedir a fin da "barbarie" machista e as
políticas que a ampara
-
Miles de persoas esixen en Galicia o fin da violencia machista e "que a
vergoña cambie de bando". Reclaman máis recursos e pór freo ao negacionismo
que pon...
5 comentarios:
Dalle... machiño, non arrugare.
Algunos por dignidad deberían de salir de la vida pública ya.
Su itinerario es bochornoso. A mí se me caería la cara de vergüenza
Queda por esclarecer o paple de Carlos Soto na redacción do convenio con ING. Este funcionario que, polo visto, goza da confianza dun goberno tras outro debería explicarse.
Iso non é nada co que pasa en Redondela, que levan o diñeiro en efectivo da caixa municipal, por centos d millons, Voz de Galicia, de hoxe.
Xa que fala de Redondela, parece, ser que os convenios urbanísticos, firmados, onde a edificabilidade chega os 0,85% unha verdadeira atrocidade, agora, non aprobaron o Pegou no tempo marcado. A Xunta, di que ó 40% ten que ser de precio tasado, non saen as contas, quen vai perder, hai un mar de fondo, entre promotores i concelleiros, que as ondas non deixan ver a Peneda. Soto vas ter que deixar de ir montar a cabalo con Mapi a La Alpujarra.
Publicar un comentario