A imaxe da esquerda costoulle a vostede máis de 360.000 euros. A regata de grandes trimaráns, programada dentro dos actos de Galicia2005 que argalla a Fundación Deporte Galego da Xunta co entusiasmo finxido dun comparsa Concello de Vigo, desembarcou na ría, ante a indiferencia da poboación e gran despregue de espectáculo. Non hai más que ver na foto o espigón do RC Náutico para comprobar que se contan cos dedos dunha man os espectadores. Dariamos por ben investidos estes cartos se despois deste evento algo quedase na cidade. Pero este negocio é só de Royal Productions, das tripulacións, patrocinadores estranxeiros e adláteres, xerosamente subvencionados pola Xunta de Galicia para que trouxeran aquí o seu espectáculo pseudodeportivo. Claro que con menos deses cartos teriamos, por exemplo, unha magnífica escola de deportes náuticos para achegar ós nosos cativos ó mundo do mar e educalos no seu respecto. Pero iso deixa pouco diñeiro, xa se sabe.
Hoxe domingo coincidían a unha escasa milla de distancia, a regata de trimaráns-circo e a Bandeira Corte Inglés de Traineras. Viva imaxe do paradoxo: para ver a primeira había 15 persoas no peirao de trasatlánticos e uns cantos iates na ría. Para a segunda, unhas mil persoas colgaban os seus corpos do espigón do Náutico mentres un helicóptero da TVG peneiraba durante máis de dúas horas sobre Montero Ríos enxordecéndonos. Eses motores e unha desafortunada megafonía impedíronos escoitar o son das pás sobre o mar e os berros do timonel marcando o ritmo do suor, pois é sabido que o realmente importante é a imaxe que acompaña ó anuncio, non a realidade. Pero non hai queixa.
Regata de Trimaráns e de Traineras marcan a diferencia entre o timo-negociete e o racional uso dos recursos, entre un falso circo-marketing e o deporte-espectáculo.
¿Parecéronlles moito os 240.000 euros para o espectáculo privado dos veleiros?. Nos se alteren, o próximo programado neste negocio puramente mediático da Volvo Ocean Race é unha proba de motonáutica (como se sabe de gran tradición en Galicia) que nos costará 300.000 euros. Infelizmente, non teremos o atractivo que daquela tiñan estas probas, cando Stefano Casiragui xogaba coa morte para tristeza de Princesas soñadas. Teremos que conformarnos cuns minutos de cheiro a gasolina, máis ruido e certa escordadura de pescozo.
Claro que isto é un suma e segue. En Vigo todo comezou co masivo espectáculo de carrociñas por Montero Ríos montado hai uns meses por Reixa-Caixanova, tamén pagado pola Xunta e seguido por non máis de 200 persoas e que nos costou outros 300.000 euros e unha invalorable vergonza allea.
Suma e segue de case 850.000 euros no tempo que tarda unha motora de competición en pasar por diante dos nosos pasmados e confiados ollos de contribuíntes.
As inormes velas dos trimaráns tiñan hoxe o color do diñeiro, ese que tanto suor de animoso remeiro nos costa gañar cada día para engordar ós que din que nos gobernan.
"Negras sombras" e "lingua proletaria", o galego como novo campo de batalla
entre PPdeG e BNG
-
O Bloque aposta por políticas de inmersión lingüística, ser propositivo a
nivel lexislativo e apoiar as plataformas sociais en defensa da lingua. O
PPdeG a...
2 comentarios:
Lo del helicóptero, por cierto, una cruz que deslució la regata de traineras, tan bonita.
Está claro polos que dis que os paquetes de subvención so de 300.000 en 300.000 euros, 60.000 arriba, 60.000 abaixo. O derroche é realmente escandaloso e o beneficio, sen dúbida, só para algúns. Abraia pensar a alegría coa que se gastan la pasta de todos... e a incapacidade de resposta social que lograron.
Gracias pola vosa magnífica información, creo que é unha boa maneira de ir articulando unha resposta razonable a tanto desatino nesta cidade.
Publicar un comentario