Chama a atención a irresponsabilidade con que son tratados alguns problemas da cidade. O caso da depuradora é paradigmático. Unha instalación moderna presenta ós poucos meses do seu funcionamento unha cantidade de fallos tal que obriga ós veciños da zona a seren realoxados en hoteis. Fanse auditorias, falan de cambios na xestión da planta pero a día de hoxe as autoridades responsables parecen non ter outra opción que mudar ós veciños ofrecendo o cambio de vivenda permanente. Se cadra este tipo de medidas serían axeitadas no caso dunha catastrofe natural (unha inundación ou un cataclismo) pero estamos a falar dun artefacto técnico que ten uns responsables da construcción e do seu funcionamento. A depuración de augas non é unha capítulo novo e contase con coñecementos e tecnoloxía suficiente como para solucionar problemas e non contentarse con declaracións de zonas catastróficas.
Pero non son só as autoridades “irresponsables” as que amosan ese fatalismo preguizoso. Fora dos implicados directos o resto do vecindario compadece pero non é solidario. Por exemplo,a Federación de Asociacións de Veciños non lle presta a mínima atención e as accións reinvidicativas non son apoiadas.
Na vella estrada á Camposancos hai uns carteis artesanais que piden “Vigo axúdanos”. Os que `pasamos por ali subimos a ventaniña do coche para non cheirar... a nosa propia merda. ¿Non é isto alarma social?
A Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras terá ao galego Iván
López como novo presidente
-
A súa elección foi por unanimidade de todos os membros de ICFA, que
representan a asociacións pesqueiras de 24 países de todos os continentes,
e releva no ...
2 comentarios:
Es así, fectivamente: cuando pasamos cerca de esa depuradora... suvimos la ventanilla, y algunos nos preguntamos: ¿por qué gobierna el PP con 10 concejales frente a los 8 del PSOE y los 7 del BNG? Nos preguntamos ¿cómo entra el concejal del BNG a formar parte de la directiva de Zona Franca en lugar del concejal del PSOE tal como correspondeería? ¿Por qué el Sr. Toba cueta con el apoyo del PP? Son muchas las preguntas, pero ¿a quién dirigirlas?
Vigo sigue siendo una ciudad tremendamente descohesionada, me atrevería a decir que, pese a la asistencia masiva a la procesión del Cristo de la Victoria, Vigo es muy calvinista. Los que tienen algo de voz —y un poquito de pasta— se retiran a los ayuntamientos limítrofes y se dedican al romántico cultivo de los pimientos, por ejemplo, y sus 'interreses' acaban en donde acaba el muro de su casita decimonónica. Hay algo de diglosia habitacional en esta 'linda' ciudad. Buen porvenir para la psiquiatría.
O da depuradora é unha metáfora da cidade. A merda sae para fóra. Maquíllase, énchese de florciñas, paviméntase, pónselle música, pero os mínimos, eses que establecen que o prioritario son as cuestións hixiénico sanitarias, esas, agáchanse baixo a alfombra ata que o xudre reborda e temos que apartar ós paisanos para que non se luxen. Hai máis de un ano encargouse unha auditoría que establecería as causas dos malos cheiros. Dos seus resultados só soubemos que se encargaron unhas millonarias obras de reparación que -a pesar de estar xa rematadas- nada solucionaron.
¿Saben unha cousa?: eles SABEN a causa pero non se atreven a contárnola porque poría ó descuberto a inorme irresponsabilidade dos que controlan e dos que xestionan a rede de saneamento da nosa cidade e que está a provocar non só os malos cheiros no contorno da EDAR, senon -o que é aínda pior- a grave contaminación dos fondos da ría alimentados por un emisario, gomitorio do que a estación depuradora non dá tratado convenientemente.
¿Alguén vai preguntar realmente cales son as causas? ¿alguén vai pedir responsabilidades? ou ¿non haberá ningunha causa nin ningunha responsabilidade? Se cadra todo é culpa da merda e o que debemos facer os cidadáns é non cagar. Perdonando.
Publicar un comentario