IX ÉPOCA

27.7.05

Benvida á enerxía solar




O último pleno do Concello ven de aprobar a ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo. Hai que se felicitar, xa que logo, que o criterio de sostibilidade apareza nas decisións do concello.

A ordenanza toma como modelo á que levou adiante a cidade de Barcelona no ano 2000 dentro do seu Plan Enerxético. Según unha avaliación realizada a principios do presente ano, a implantación da ordenanza permitiu aforrar 19 625 MWh/ano (uns 15 700 000 de euros) e o que é máis importante se cadra, unha reducción de emisións de CO2 de 3 451 toneladas. Por outro lado, o custo das instalacións son relativamente baixos: un edificio de 18 vivendas precisaria uns 40 m2 de captadores presupostadas en 21 000 euros dos que aínda hai que deducir as axudas e subvencións. Sobre a fiabilidade da instalación nada que obxectar pois trátase en tódolos casos de instlacións mixtas solar-gas ou solar-gasoleo.
A falta dun estudio pormenorizado da ordenanza que nos de máis pistas sobre o seu alcance, habería que completar o traballo en matería enerxética coa elaboración dun Plan Enerxético que enmarcara as actuacións municipais. Fanse necesarios criterios para planificar alumeados, calefaccións e refrixeracións e, sobre todo, o problema do transporte (¿ten algún futuro a rede de aparcamentos proposta?)
O concello, por outro lado, debería promover actuacións emblemáticas neste terreo. A instalación de captadores solares nas instalacións educativas, por exemplo, terían un doble efecto: o aforro e a sensibilización mediomabiental. Agardemos que as novas autoridades da xunta e os concelleiros de Vigo perseveren neste camiño.

Mais información: Axencia da Enerxía Barcelona

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Más que nada por respeto al buen gusto (y de paso al ahorro, claro) que empiecen apagando las lucecitas de las camelias de las calles entre Montero Ríos y la Alameda, POR FAVOR!!...
y de paso, que apaguen la iluminación hortera de colorines del antiguo Banco de España, del edificio social de Caixanova, de la biblioteca central, del antiguo Ayuntamiento...
y ya que estamos en ello, que apaguen la tarta de cumpleaños permanente en la cumbre del Monte Alba... por tener un gesto, más que nada.
¡Ah! Ahora que me acuerdo: que apaguen los focos del edificio del Ayuntamiento (cada vez que veo para él por la noche con un círculo de gaviotas chillonas sobre sus terrazas sueño con "Los Pájaros")...
Así nos lo creeremos un poco en este reino de la publicidad y la incoherencia.

Felicidades, por este inédito, fresco y valioso VIGOBLOG!!

Bolsa para novatos dixo...

A enerxia solar non só é algo que permite eliminar contaminación do medio ambiente. Se non que permite chegar máis facilmente a xente a fin de mes. Aforrando ca enerxia solar térmica, ata un 60 70 % da factura do gas, gasóleo, ou xenerando un beneficio moi alto se se instala paneis fotovoltaicos, cunha recuperación de inversión menor a 10 anos.
Non é a panacea pero axuda. Coñezo o tema porque traballo neso. Traballo en Ilumina Enerxia Alternativa.

www.redeilumina.com

Se alguén quere mais información que se poña en contacto con nos.
678635933