IX ÉPOCA

18.6.13

Por que non estaremos na Porta do Sol

De facer caso das cuñas publicitarias radiofónicas, para mañán estamos convocados por un ente anónimo que se erixe en defensor único da cidade a unha concentración na Porta do Sol “polo de Peinador”. Se nos guiamos polas fotos da prensa hai unha nebulosa de institucións, asociacións e persoas que apoian tal evento; uns de forma vergoñenta e outros, como o comite de empresa do Concelllo, cun comunicado que parece dictado desde al  alcaldía.
Nos, sen embargo, non imos ir á Porta do Sol. Para empezar porque  estarmos cabreados é o estado normal que compartimos dia a dia na cidade e non vemos razón para facer unha quedada de cabreados se xa nos vemos no choio, no bus, no mercado e no bar. Ten algún obxectivo a concentración? O alcalde di que se trata de defender a libertade de mercado ou, en todo caso, que de haber axudas ás compañías aéreas  que as fagamos todos. Este ir e vir entre o liberalismo salvaxe e o estado protector dí ben pouco dun alcalde versado na economía. En todo caso, o alcalde  non vai máis alá de empurrar a PP e BNG  buscando o seu apoio para subvencionar desde o Concello. Non ten nengunha proposta que englobe Peinador dentro do gran problema das comunicacións de Vigo , por exemplo, de cal vai ser a relación entre comunicación aérea e o deficitario servizo do AVE?  
Pero ao alcalde  non lle interesa un tratamento integrado do problema. O seu relato é de curto recorrido como no caso de Caixanova que, por certo,  tamén foi obxecto dunha concentración semellante. Visto o comportamento de Gayoso, o funcionamento das preferentes e a febleza estructural da caixa atreveríase hoxe a convocar outra concentración en defensa de Caixanova? O alcalde sen maior plan estratéxico que dobregar a PP e BNG aproveita as evidentes contradiccións dos seus adversarios políticos para situar a confrontación no fácil terreo da cidade perseguida, ou sexa, do localismo máis retrogrado. O curioso é que á mesma concepción é compartida polo PP que é incapaz desde a Xunta de ofrecer un plan que abranga a toda Galicia. Preso dos seus caciques locais reforza así a política do alcalde de Vigo.


Non estaremos na Porta do Sol  porque dubidamos que as subvencións sexan unha forma equitativa de repartir cartos de todos. Non estaremos na Porta do Sol porque sabemos que a loita entre cidades, ou sexa, entre os poderes locais, sempre perxudica aos mesmos. É posible que da mesma maneira que a crise impulsa ao capitalismo a desmontar os servizos públicos para atopar novos “nichos” de negocio, non dubiden en empobrecer unhas cidades para aumentar os seus beneficios noutras. E neste xogos sempre perdemos.
 E ademáis non estaremos na Porta do Sol porque por enriba seguro que chove.



Este texto podese atopar en versión para imprimir no seguinte lazo

2 comentarios:

Ataturk dixo...

Cualquier vigués con cabeza no puede pasar por aceptar los argumentos de un alcalde populista y que está en el disparadero electoralista jugando con los intereses de Vigo solo a su interés y de su grupo.
Ya está bien Don Abel, que somos gente a la que no es fácil engañar.
Todos los que le siguen son los de las subvenciones y las prebendas del Concello.
Todo demasiado falso e infantil.
Empezar a servir a los vigueses y basta de política partidista que ya está bien.
Saludos.
Ataturk.

A dixo...

Se me olvidaba.
Animo a Vigoblog por ir contra la corriente populista y poner las cosas en su sitio.
Que no es fácil.
Ataturk