De
facer caso das cuñas publicitarias radiofónicas, para mañán estamos
convocados por un ente anónimo que se erixe en defensor único da cidade a
unha concentración na Porta do Sol “polo de Peinador”.
Se nos guiamos polas fotos da prensa hai unha nebulosa de institucións,
asociacións e persoas que apoian tal evento; uns de forma vergoñenta e
outros, como o comite de empresa do Concelllo, cun comunicado que parece
dictado desde al alcaldía.
Nos,
sen embargo, non imos ir á Porta do Sol. Para empezar porque estarmos
cabreados é o estado normal que compartimos dia a dia na cidade e non
vemos razón para facer unha quedada de cabreados se xa nos vemos no
choio, no bus, no mercado e no bar. Ten algún obxectivo a concentración?
O alcalde di que se trata de defender a libertade de mercado ou, en
todo caso, que de haber axudas ás compañías aéreas que as fagamos
todos. Este ir e vir entre o liberalismo salvaxe e o estado protector dí
ben pouco dun alcalde versado na economía. En todo caso, o alcalde non
vai máis alá de empurrar a PP e BNG buscando o seu apoio para
subvencionar desde o Concello. Non ten nengunha proposta que englobe
Peinador dentro do gran problema das comunicacións de Vigo , por
exemplo, de cal vai ser a relación entre comunicación aérea e o
deficitario servizo do AVE?
Pero
ao alcalde non lle interesa un tratamento integrado do problema. O seu
relato é de curto recorrido como no caso de Caixanova que, por certo,
tamén foi obxecto dunha concentración semellante. Visto o comportamento
de Gayoso, o funcionamento das preferentes e a febleza estructural da
caixa atreveríase hoxe a convocar outra concentración en defensa de
Caixanova? O alcalde sen maior plan estratéxico que dobregar a PP e BNG
aproveita as evidentes contradiccións dos seus adversarios políticos
para situar a confrontación no fácil terreo da cidade perseguida, ou
sexa, do localismo máis retrogrado. O curioso é que á mesma concepción é
compartida polo PP que é incapaz desde a Xunta de ofrecer un plan que
abranga a toda Galicia. Preso dos seus caciques locais reforza así a
política do alcalde de Vigo.
Non
estaremos na Porta do Sol porque dubidamos que as subvencións sexan
unha forma equitativa de repartir cartos de todos. Non estaremos na
Porta do Sol porque sabemos que a loita entre cidades, ou sexa, entre os
poderes locais, sempre perxudica aos mesmos. É posible que da mesma
maneira que a crise impulsa ao capitalismo a desmontar os servizos
públicos para atopar novos “nichos” de negocio, non dubiden en
empobrecer unhas cidades para aumentar os seus beneficios noutras. E neste xogos sempre perdemos.
E ademáis non
estaremos na Porta do Sol porque por enriba seguro que chove.
Este texto podese atopar en versión para imprimir no seguinte lazo
2 comentarios:
Cualquier vigués con cabeza no puede pasar por aceptar los argumentos de un alcalde populista y que está en el disparadero electoralista jugando con los intereses de Vigo solo a su interés y de su grupo.
Ya está bien Don Abel, que somos gente a la que no es fácil engañar.
Todos los que le siguen son los de las subvenciones y las prebendas del Concello.
Todo demasiado falso e infantil.
Empezar a servir a los vigueses y basta de política partidista que ya está bien.
Saludos.
Ataturk.
Se me olvidaba.
Animo a Vigoblog por ir contra la corriente populista y poner las cosas en su sitio.
Que no es fácil.
Ataturk
Publicar un comentario