IX ÉPOCA

8.10.12

Obxectivo: botar a Feijoo?

É botar a Feijoo o programa que temos que votar o próximo 21?  Desde logo que atendendo a un primeiro impulso parece unha medida de hixiene desfacerse do PP en todos cantos gobernos se poida. O que pasa é que  a estas alturas non chega con unha reacción sinxela. Conviría pensar e ir máis aló. Existe algún programa que nos garanta unha forma distinta de facer política sen corrupción e con respecto á democracia? Hai candidaturas que polas súas biografías respalden esta forma de actuar? Hai ideas para enfrontarse aos ataques contra as conquistas sociais? Coñecemos as respostas do PSOE e do BNG e tamén coñecemos aos seus candidatos. En realidade só nos ofrecen o programa mínimo: botar a Feijoo para logo enfrontarse  con Rajoy mentras se fan catro apaños ( unhas beirarrúas, un plan eólico, unha lei de normalización) para ir tirando. Dos recen chegados (perdón pola ironía) AGE coñecemos algunhas biografías e 34 propostas (por qué 34?) . As primeiras  non son das que non nos arrastran ás urnas e as segundas son francamente boas. Poida que teñamos programa pero non organización e menos aún movemento social que o soporte. (Non sei se será isto o que chaman idealismo, ou sexa ter moitas ideas.)
Volvemos tapar o nariz e votamos o programa mínimo en calquera versión ou adicamos os nosos esforzos a construir algo distinto?

1 comentario:

Marcos Andión dixo...

Sigo insistiendo, querido Lorenzo, en que, habida cuenta de que sólo nos dejan elegir entre quienes están ahí para apuntalar el sistema, entreguemos el voto a cualquiera de los que aún no tienen representación, por si se ven impelidos a hacerlo bien, incluyendo lo de dotarse de aparato.

La verdad es que es muy sencillo: si convenimos en que los que hay lo han hecho mal, habrá que buscarse otros; y que ellos lo sepan.

Ni voto en blanco ni escaño vacío ni abstención: votemos a otros para decirles a los que quieren seguir que así no es.

Y que sabemos donde viven.