Dado que non houbo miragres durante a visita do Sr. Ratzinger, tampouco podemos esperar que se produzan nos próximos meses. O que quere decir que NCG vaise convertir nun banco cunha maioria de accionariado formada polo FROB e os fondos privados. Máis adiante estes mesmos fondos acapararán todo o que liquide o FROB xa veremos a que prezo. Por tanto, a actual NCG convertida en Fundación terá que manter a Obra Social cos beneficios obtidos da súa participación minoritaria. E decir, a Obra Social deixará de existir tal e como a coñecemos. E, antes da nada, vou decir que me alegro. Este chiringuito benéfico-cultural-educativo mantiña o espellismo dunha institución pública cando -e hoxe non temos nengunha dúbida- trátase dunha montaxe privada que funciona con regras e criterios privados. A xestión cultural do Sr. Brea , o Colegio Hogar ou a Escola de Negocios son exemplos claros do que decimos.
Entón que vai facer a Xunta cando se lle veña enriba todo este conglomerado de servizos, edificios e empregados?
En primeiro lugar, debería tomar a precaución de que nengunha das propiedades correspondentes a obra social poida ser vendida para capitalizar NCG. Supoño que non o podería facer pero por se acaso..
En segundo lugar, todolos servizos que teñan o seu correspondente público deben ser absorbidos pola rede pública (institucións educativas, universidade, dependencia,etc) valorando a necesidade da súa existencia.
En terceiro lugar, o resto de elementos deben poñerse no mercado co obxecto de constituir un fondo que permita o mantemento do emprego.
Con esta perspectiva habería que ir pensando nunha planificación eficaz a medio prazo que coordinara as necesidades futuras co potencial sen uso da obra social unha vez que a inútil guerra de prestixios entre CaixaGalicia e Caixanova ten rematado. Por exemplo, en Vigo, a existencia de tres grandes auditorios non casa coa necesidade dunha biblioteca.
En todo caso, nunha das plantas do Centro Cultural debería instalarse un Museo da Desfeita donde ademáis de bustos en bronce de Gayoso, Méndez, Feijoo e outros, se reproduciran os billetes de 50 euros que nos custou esta coña.

2 comentarios:
Non hai problema ¿Cando saímos á rúa os trescentos mil vigueses co Señor Alcalde?
El problema primero es que no hay 300.000 vigueses.
El problema segundo es que el 'sistema' nos tiene desactivados.
El problema tercero es que estamos encantados de que nos hayan desactivado.
El problema cuarto es que a nada que tengamos cuatro euros ahorrados nos vamos de turismo rural para desactivarnos socialmente.
El problema es que nos viene dando exactmente igual todo aquello que nos es común. El caso es que nos pongan unos buenos pinchos con la cañita.
Gerardo (inmigrante)
Publicar un comentario