IX ÉPOCA

4.8.11

O autobusito de Santi

Como non podía ser doutra maneira, o autobusito eléctrico de Santi Domínguez foi retirado do seu ridículo itinerario no Casco Vello. Era unha cara acción pre-eleitoral do BNG vigués que non soportaba  a máis mínima análise seria sobre as necesidades da mobilidade no Casco Vello vigués, nin estaba contemplada en ningún plan previo para o barrio. Xa o dixemos no post en Vigoblog publicado con motivo da súa inauguración: a mobilidade norte-sur na cidade soluciónase con medidas que reformulen as liñas regulares de Vitrasa, reforzando as que, pasando polos bordos do barrio histórico -Carral, Cánovas, Porta do Sol, Elduayen, Paseo de Alfonso e mesmo Torrecedeira-, comunican con Camelias, o Castro (no cumio) e Praza de España. Calquera que non fora inxenuo ou interesado, sabía que a miniliña interna polo Barrio vello, unha vez que deixase de ser gratuita, non a ía utilizar ninguén, como así foi.
O despilfarro coa ocurrencia do autobusito (500.000 euros do Plan-E) é xa unha mera anécdota do brutal e irresponsable despilfarro que a daquela Tenencia de Alcaldía "investíu" no que quixo considerar como "territorio liberado" dun BNG que actuou ao marxe da legalidade do PEPRI do Casco Vello e do máis elemental sentido común. Caras medidas cun contido meramente publicitario, demagóxico e cortopracista,  que conlevaron o destrozo dos pavimentos tradicionais do barrio -inxustificadamente renovados cando había poucos anos que foran rehabilitados con criterios arquitectónicos e históricos-, o derroche na adquisición sospeitosa do edificio para a Pinacoteca, o gasto inxustificado e insostible a medio prazo da construcción deste suposto equipamento cultural (por certo, que acaban de pechar, supoño que para sempre), a posta en marcha de servizos innecesarios, como os "coidadores de barrio" (que serviron, en xeral, para colocar a amigos e familiares dunha domada e acrítica asociación de veciños, controlada polo BNG), ou os amagos de servizos de mobilidade como as vistosas bicicletas eléctricas, descontextualizadas de calquera outra medida e para a que non foron quen nin de articular un funcionamento operativo normal e un sistema de cobro mediante a obrigada ordenanza.
Os responsables de semellante desfeita quedan impunes -incluido o alcalde, que apoiou por activa ou por pasiva, e por exclusivo interese partidista, as accións do su "socio" de goberno- e unha importantísima cantidade de diñeiro, necesario para investimentos realmente productivos no barrio histórico, foi botada polos sumidoiros. Tampouco o PP vigués, fondamente desmomoriado,  lembra que cando se puxo en marcha o minibus, calaron a boca, por se tal, e agora vén a apuntarse ao carro. Indignante.
Esperemos, polo menos, que o bonito e caro microbús eléctrico, sexa recolocado canto antes, nunha liña do transporte publico que cumpra realmente co interese dos veciños de Vigo e sexa económica e socialmente rendable e sostible.

Non podo evitar, finalmente, referirme ao papelón que está a cumprir La Voz de Galicia (do Faro xa nin falo, porque é o voceiro oficioso do alcalde actual, como xa o foi de todos aqueles rexidores que lle deron un trato de absoluto, lucrativo e descarado favor): a mestura entre información e opinión raia xa o ridículo; a incapacidade de establecer unha crítica equilibrada, descargada da fobia a Caballero (fobia que ten a súa orixe, nonos enganemos, na marxinación práctica e económica deste medio por parte do alcalde), faille, por inercia, continuar a defender sen fisuras a infumable actuación do BNG no Casco Vello vigués. Pero axiña se lembrarán de que o BNG xa non poderá seguir sendo o elemento de apoio institucional que compensaba as perdas cando era parte do goberno e manexaba un importante orzamento publicitario. Daquela voltarán a posicionarse cos que lles traten ben na cidade: a Deputación, a Xunta de Galicia e o Porto de López Chaves. Mágoa! todos lembramos que A Voz foi, para moitos de nós, non hai tanto tempo, esa referencia de profesionalidade que nos permitía almorzar cun periódico local sen necesidade de gomitar diante do Faro de Vigo. Aquel periódico valente que soubo manternos informados con obxectividade e con opinión non domada, sobre a catástrofe do Prestige ou de denunciar o acoso e derriba de Ventura Pérez Mariño por parte do PP e do BNG.

11 comentarios:

Ramón Barrientos dixo...

Resultan enternecedoras as declaracións da Asociación de Veciños do Casco Vello, pedindo que se conserve ese servizo tan necesario... o curioso é que o teñen nas súas mans: que o utilicen os seus asociados, polo menos. Se cadra así se superan os 24 pasaxeiros (parécenme moitos, pois nunca vin a niguén -dende que non é gratis- subir neste bus) diarios que seica o utilizan. A miña proposta é que lles poñan un taxi gratis: aforraríamos tódolos vigueses moitísimo diñeiro

claudioataturk dixo...

La crítica de P.Eifonso, no solo está documentada, sino que marca lo que debiera ser una información veraz e interesante para los que necesitamos un Vigo mejor.
Saludos.
Ataturk

Marcos Andión dixo...

Y mira que se lo tenemos dicho. Si, como se explicaba ya hace tres años aquí mismo, para alertar con lo del funicular, o teleférico, o monta cargos (sic) del Casco Vello, se hubieran ido al mercado de ocasión, podríamos tener ahora no menos de CINCO Rolls Royce (a 60.000 eurillos cada uno), transportando turistas por allí.
El post en el que lo decíamos data de noviembre de 2008. Echen cuentas y verán qué bien podríamos haber quedado con aquella milonga.

http://vigoblog.blogspot.com/2008/11/ponga-un-rolls-royce-en-su-vigo.html
Así nos luce el pelo y nos gastan los cuartos, por ausencia total de imaginación.

ines dixo...

Bueno, aparte de que os do CASCO VELLO somos uns fodidos aproveitados decideme algo sobre o trofeo CIDADE DE VIGO

Anónimo dixo...

Inés: usas ese Bus? coñeces a alguén que o utilice habitualmente? paréceche un servizo prioritario para o barrio?

ines dixo...

Non, non uso ese bus, pero pareceme que criticades moito o tema do CASCO VELLO. Vos aseguro que ao mellor os temas hai que vivilos. O casco histórico desta cidade ten algo moi especial e os "pelotazos" eses dos que falades -Onde están? Eu estou disposta ao soborno. (ja, ja.Publicademe este comentario por favor que si aparece alguén para o próximo deixo o telefono.

Anónimo dixo...

E o fiscal xefe de Vigo, que ten pensado co tema da pinacoteca entre outros?

ines dixo...

Pero que pasa coa pinacoteca? Parece que vivo en Madrid, non me entero de nada. A ver, si tedes algunha proba contra Santi ou alguén non sería o máis lóxico que presentarades unha denuncia?

Leo con atención o voso blog, porque ao principio me parecía que facíades unha crítica seria, pero me temo que os estou perdendo un pouco o respecto, iso pasa cando aparece nos miolos un paxariño que comeza a repinicar dicindo..."algo se agocha, algo se agocha" ou o outro maís serio...Algo cheira a podre e Dinamarca

Marcos Andión dixo...

Inés, ¿quieres saber dónde están las pruebas de lo de la pinacoteca?
Verás: en la columna de la derecha de esta blog, donde dice "Falamos de", prueba a pinchar en la etiqueta "Pinacoteca", lee detenidamente y verás de qué manera, con qué argumentos y con qué trapacerías, el bueno de Santi regaló UN MILLÓN de euros al socio de su asesor Francisco Janeiro.
En cuanto a lo de la denuncia, realmente lo lógico sería que fuesen los citados en las informaciones quienes, en defensa de su honor y de su buen actuar, se querellasen contra nosotros por injurias y/o calumias. ¿Por qué no lo hacen y permiten que estas cosas sigan dando la vara? Pues es tan sencillo como que todas ellas son ciertas, y la información va acompañada de las referencias probatorias de lo dicho.
Y, por favor, no sigas con la historia esa de qué hay detrás, sin haberte asegurado antes de que lo que hay detrás lo hemos exhibido hasta la saciedad.
Mira, Inés, creo que sufrimos una sociedad abducida por quienes sacan provecho de adormecer nuestras conciencias.
En resumidas cuentas: Santi decidió (y anunció en la prensa que lo había hecho) comprar tres edificios ruinosos, por varias veces su valor real de mercado, antes de que tal decisión fuera adoptada por el órgano legal comeptente; encargó dos tasaciones a la carta (mintiendo por omisión sobre la realidad de los inmuebles) para tratar de ajustar la tasación al desembolso que con tu dinero y el de todos había decidido ya.
Las irregularidades y las ilegalidades cometidas son tan claras que resulta escandaloso que alguien, tras leerse lo que publicamos, pueda seguir albergando dudas al respecto.
Finalmente, como hemos repetido hasta la saciedad, nada nos obliga a incoar acciones judiciales. Nuestra intención es la denuncia de lo que comprobamos. Y nos da igual si las irregularidades las cometen unos u otros.
Y consideramos también que es obligación de todos los ciudadanos (al menos es su derecho) fiscalizar la acción de sus representantes. Otra cosa devendría en un despotismo demasiado parecido al que sufrimos, por culpa de quienes no son capaces de ver una crítica honesta sin referirla a oscuras intenciones, personales o político partidistas.
En todo caso, gracias por tu participación y dile al pajarito que también lea un poco, aunque no sea más que para enterarse.
Salud.

ines dixo...

Moitas grazas pola información. Coño! (perdón) Como estraguei a miña vida! Seica a forma de conseguir dar bos pelotazos e meterse en política. (é broma, xa o sabía). Hoxe mesmo tiven esta discusión na casa. Para min a moral e a ética son o que di o diccionario, pero hai quen opina que iso é moi relativo. Resulta que si te aproveitas do cargo iso se chama MELLORAR. A persoa que mo dicía ao mirar a miña cara apampanada aclarou "MELLORAR NON E MALO"...E quen así falaba, seino moi ben, non é capaz de aproveitarse nin da súa nai. Conclusión: nun mundo de ética moi dubidosa o que pensa que as cousas deberían ser doutro xeito parece que quedamos moi anticuadas.

Paz é amor irmáns (o que digo, anticuada)

ronsell dixo...

Muy acertado Marcos, más claro que el agua.