IX ÉPOCA

22.1.10

Isto non encaixa

Neste asunto das caixas pasa como nos equipos de futbol. De ser institucións pegadas a un territorio cunha relación cercana coa xente pasan ser empresas con accionistas e sistemas de xestión privado. O malo é que tratan de manter a súa capacidade de representación simbólica colectiva apoiadas polos poderes políticos e de comunicación que a cambio ven favorecidas as súas iniciativas e negocios. Por tanto para os que non somos empresarios ( da construcción, de industrias culturais, de clubes de futbol ou de telecomunicacións de mercado reducido) o tema das caixas só nos afecta como amigos ou familiares dos empregados, como clientes ou como cidadáns.

Xa deixou claro, M Andión máis abaixo, que para salvar os buracos dunha xestión aventureira hay que cobrar o fondo do FROB e , por suposto, cerrar oficinas e botar persoal. Desto xa sabemos moito na cidade: trátase dunha reconversión que virá con fusión ou sen fusión. O capitalismo “emprendedor” ó final non sabe facelo doutra forma: axudas públicas e traballadores ó paro. Sen embargo, os xestores do desastre non renderán contas nin enfrontarán as súas responsabilidades.

Para os cidadáns a mensaxe é a importancia da obra social. Remexendo neste blog podemos atopar varias mostras do descontento ca xestión cultural das caixas. Pero o máis grave é que seguen mantendo institucións que se foron necesarias nalgunha época aparecen hoxe como unha rede privada, competindo coa rede pública que garante un acceso igualitario. Falamos dos colexios, residencias da terceira idade, as escolas deportivas, estudios universitarios etc. Os argumentos da obra social son semellantes ós utilizados pola igrexa católica para seguir recibindo enormes subvencións publicas que xestionan como lles peta.

Como clientes xa hai tempo que non notamos moita diferencia con outros bancos e, agás algún “impositor” entusiasta, non sentimos un vencello especial e moito menos ser participantes na xestión. Estamos nunha etapa máis dun proceso de bancarización. O control político que introduce a nova lei de Feijoo e Guillerme, lonxe de prefigurar a banca nacional coa que soña o segundo, prepara o camiño para colocar xestores afíns que poidan enfocar o inevitable proceso de privatización de acordo cos intereses do Partido Popular. Vaise repetir a historia da Caixa Postal, institución de servizo público, que despois foi Argentaria (con directivos amigos) e acabou no BBVA.

Así que vai ser dificil apoiar manifestación algunha pedindo a fusión ou a non fusión. Apoiaremos , iso sí,

- a destitución dos responsables da desastrosa xestión das caixas empezando por Gayoso e Mendez e seguindo polos seus equipos.

- o mantemento dos postos de traballo

- o cambio da obra social por impostos sobre a actividade financieira que fagan chegar os fondos hoxe xestionados por institucións non democráticas (as caixas) a gobernos e concellos.

- a transparencia, sempre a transparencia

9 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Cheguei, lin e...concordei!

Incluso na reiterada petición de transparencias; que aquí, como na moda, tamén se lles saca partido (visual).

Saúde e saúdos

Oleiros dixo...

De acordo co 100% do que dis. Especialmente polo sentido común que amosas.
"que para salvar os buracos dunha xestión aventureira hay que cobrar o fondo do FROB e , por suposto, cerrar oficinas e botar persoal."
Tal cual. Estamos a ler algunhas barbaridades que asustan, populismo a esgalla.
Dende Oleiros unha aperta

Marcos Andion dixo...

Todo comienza con una fantasía: los ahorros y los empeños, bajo custodia municipal, servirían para redistribuir la renta social.
Entonces eran Cajas de Ahorros y Monte de Piedad bajo control del Ayuntamiento de que se tratase.
Pero hace años que se comportan como simples bancos, han ido alejando el control público y, finalmente, se han convertido en plataformas de poderes locales personales, que manejan los fondos de miles de ahorradores con fines casi nunca proclives a los dueños del dinero (los clientes).
Mientras se mantenga la ficción de que las Cajas no reparten beneficios entre sus responsables, las llamadas Obras Sociales seguirán secuestrando políticas culturales y sociales públicas, a base de convertirlas en ocurrencias personales, gustos particulares, y batallas por la relevancia social y económica de quien sea frente a quien sea. Los réditos particulares pueden encontrarse ahí, los económicos directos están prohibidos, pero los indirectos derivados del control del dinero ajeno, no.
La ficción del control público de las Cajas ha sido dinamitada por la capacidad de quienes, privada o públicamente, las dirigen para comprar voluntades en los consejos de administración de esas entidades.
En pocas palabras: las Cajas de Ahorros, en ningun caso sirven a los intereses de los ciudadanos de su ámbito, sino que son un magnífico instrumento de desclasamiento y promoción social (y económica) de advenedizos, expertos en la dinámica interna de esas entidades.
O sea que importa poco si se fusionan unas con otras, otras con unas o todas con todas: son la última línea de defensa de un sistema que premia lo privado (aunque deprede) en detrimento de lo público, y en esa deriva se encuentran.
¿Donde estaba Caballero, o cualquier otro alcalde, cuando la ciudad reclamaba un auditorio público hace años? ¿Dónde, cuando la política cultural era secuestrada por Caixanova y encomendada a ese "genio" de los aforos llamado Guillermo Brea? ¿Dónde, cuando se apuntala ese secuestro con la entrega (a la carta) del Auditorio a Gayoso?
Como bien dices, Lorenzo, lo de cambiar gestores privados por otros partidariamente controlables no se ve que pueda ser avance alguno (si es que no existieran ya sinergias actuantes en tal sentido).
Pues eso; que se dejen de zarandajas, de victimismos, de megalomanismos y de mentiras y se vayan yendo para donde deban irse.
¡Uf!, medio desahogado quedé.

Anónimo dixo...

Nuevamente un acierto vuestro post, que fáciles sería muchas cosas y que dificiles son. Fundamental cambiar estos peces gordos que llevan manejando a su antojo las caixas=capital=finaciación= ,....,....

Luis Viqueira dixo...

Yo sigo con mi teima, sin animo de ser pesado: independientemente de lo que digan Feijoo and company. A mi nadie me garantiza que a pesar de la fusión de la dos cajas la entidad resultante no vaya a ser absorvida por otra caja aún mayor. Del resto Pardavila: chapeau

mar de Lempicka dixo...

non teño claro que a fusión nos beneficie (entendidos nós como galegos) Acabarán nas mans dunha entidade de fóra e os poucos recursos que investían aquí vannos deixar de investir en obra social.Finalmente, a sede social emigrará da comunidade e limitaranse aquí a recoller beneficios sen que estes sexan produtivos aquí pero si en Madrid, Bilbao ou Barcelona. Nunca metín os meus cartos nunha caixa. Non me sinto afín a elas pero a historia repítese sempre: U. Fenosa, Fadesa... E aínda por riba eliminan postos de traballo e hai que subvenciona-la fusión. Por que?

ines dixo...

Ante un auditorio empresarial y político en el Club Financiero de Vigo, y en presencia del presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, y del director general de Caixa Galicia, José Luis Méndez, el gobernador negó también que apostase por las fusiones interregionales. «Lo único que queremos es que sean suficientemente sólidas y solventes, nos da igual que sean regionales, interregionales o mediopensionistas», ironizó.

MEU COMENTARIO- As cousas están asi: FUSION OU FUSION e non queda outra...entón ¿Cal é a mellor solución? O resto é pura DEMAGOXIA

BarbarosCeltas dixo...

http://www.youtube.com/watch?v=vYyP6WWVEKY

Luis Viqueira dixo...

Uffffff Voltaire tus comentarios rayan la esquizofrenia. Por partes, para empezar nadie te obliga a cobrar la pensión en Caixanova. Hay otras ofertas en el mercado. Yo tengo la nómina en un banco que me ofrece un servicio que no me da la caixa. Y luego vuelves a hablar sin saber y te vuelves a equivocar. Seguro que cobras la pensión el 27,el 28 o el 29. Es un dinero que te adelanta Caixanova, ya que luego esta segura de que lo va a recibir de la tesoreria general de la seguridad social. Con lo que, lo creas o no, con "tu" dinero, directa o indirectamente Caixanova sí hace negocio. Por favor no hagamos demagogia: Gayoso puede ser un gestor desastroso pero el negocio sirve para pagar nóminas por ejemplo.....