IX ÉPOCA

9.12.10

Non confundir controladores con depuradoras ou si?

No lio este dos controladores ponse de manifesto a gran vulnerabilidade dos servizos fortemente centralizados. Ao tráfico aéreo se lle esixe un máximo de seguridade. O espazo aéreo distribúese en rutas e corredores que deben ser fortemente controlados. Por razóns non exclusivamente técnicas o persoal controlador foi seleccionado e agrupado formando un colectivo pequeno en número pero cun grande poder negociador. Resultado: un mal funcionamento do colectivo pon en perigo un servizo público básico.
O abastecemento eléctrico dependente da subestación de San Pedro falla un fin de semana e deixa as escuras durante horas ao Morrazo.
Centralizar fainos máis vulnerables que diversificar. Se ninguén o remedia e gane quen gane as eleccións locais, a depuración de augas de Vigo vai estar a cargo de unha única instalación que, caso de fallar, provocará danos importantes. Logo botarémonos as mans á cabeza vendo sair merda na ría durante dias e chamarán á unidade militar de emerxencias.

1 comentario:

Anónimo dixo...

E o que van tardar en construíla...