No lio este dos controladores ponse de manifesto a gran vulnerabilidade dos servizos fortemente centralizados. Ao tráfico aéreo se lle esixe un máximo de seguridade. O espazo aéreo distribúese en rutas e corredores que deben ser fortemente controlados. Por razóns non exclusivamente técnicas o persoal controlador foi seleccionado e agrupado formando un colectivo pequeno en número pero cun grande poder negociador. Resultado: un mal funcionamento do colectivo pon en perigo un servizo público básico.
O abastecemento eléctrico dependente da subestación de San Pedro falla un fin de semana e deixa as escuras durante horas ao Morrazo.
Centralizar fainos máis vulnerables que diversificar. Se ninguén o remedia e gane quen gane as eleccións locais, a depuración de augas de Vigo vai estar a cargo de unha única instalación que, caso de fallar, provocará danos importantes. Logo botarémonos as mans á cabeza vendo sair merda na ría durante dias e chamarán á unidade militar de emerxencias.
Alberto Vaquero, sobre a reforma do financiamento autonómico: "O que non se
debería formular é un financiamento singular para ninguén"
-
O profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Vigo defende
unha reforma integral do sistema que recoñeza o sobrecusto de prestar
servizos pú...

1 comentario:
E o que van tardar en construíla...
Publicar un comentario