IX ÉPOCA

19.12.10

Finca do Conde volve á palestra

Unha vez máis o caso Finca do Conde -no que están implicados por acción os concelleiros do PP e por omisión os do BNG do Concello de Vigo que gobernaban ou estaban no Consello da Xerencia de Urbanismo antes e cando se concederon ilegalmente as licencias neste ámbito urbanístico- volve á actualidade, sen que ninguén presente no xulgado, para a súa investigación, os múltiples indicios de actuacións conscientemente ilegais que poden supoñer, para os petos dos vigueses, millonarias indemnizacións das que serían beneficiarios, aínda por riba, os propios inductores do pelotazo.
Desde Vigoblog, que leva cinco anos denunciando, con todo tipo de datos, as irregularidades e documentando as sospeitas de financiamento ilegal, seguimos reclamando, en defensa dos intereses públicos, xustiza.
E seguiremos querendo coñecer, tamén, pola súa posible íntima relación coa concesión das licencias, o contido do convenio de financiamento da Volvo Ocean Race, asinado por ING Real Estate e Corina Porro, polo cal a promotora do Centro Comercial Finca do Conde aportou 1,5 millóns de euros, dos que case a metade foron a parar á caixa de dúas empresas de publicidade vinculadas coa xefa de Gabinete na alcaldía de Corina Porro -Abano e Significantia-, tal e como informou Vigoblog.
Animamos aos nosos lectores a participar nos comentarios á noticia sobre Finca do Conde publicada hoxe no Faro de Vigo.

Ningún comentario: