As áreas do BNG no Concello de Vigo contrataron entre 2007 e 2009 coa axencia Anónimo Publicidad, 1.719.470 euros
Esta empresa foi a que realizou a campaña eleitoral de Santiago Domínguez nas municipais de 2007
Santiago Domínguez saíu elixido nas municipais de 2007 despois dunha campaña eleitoral cun impresionante despregue de medios, máis alá do que correspondería a unha formación eleitoral que, en teoría, non se movía na abundancia. Globos aerostáticos e carpas hinchables do trinque; botes de red-bull serigrafiados coa cara do candidato repartidos a milleiros entre os participantes do botellón, folletos a toda cór e bandeirolas a eito. Unha campaña que debeu costar moitos miles de euros e que foi contratada (?) en Vigo á empresa Anónimo Publicidade.
Vigoblog tivo acceso aos datos da contratación con esta empresa, entre os anos 2007 e 2009, nas áreas do BNG no Concello de Vigo (a chamada Tenencia da Alcaldía). Parece que Anónimo se cobrou ben a campaña eleitoral de Santi: nada menos que, entre os anos citados, as áreas do BNG no Concello de Vigo contrataron 1.719.470 euros (lén ben: máis de 286 millóns das antigas pesetas) con esa empresa publicitaria, na súa práctica totalidade de xeito directo, sen publicidade nin concorrencia, a base de contratos menores sucesivos e con evidentes prácticas de fraccioamento do contrato coa finalidade de eludir os fórmulas legais de concurso; ou mesmo mediante recoñecementos extraxudiciais de crédito (é dicir, fixeron gasto sen consignación nin contrato que logo tivo que ser recoñecido -dando conta da súa irregularidade, pero pagando- polo Pleno municipal).
Os datos de "contratación" por anos son os seguintes:
Ano 2007.... 166.554 euros (hai que ter en conta que acceden ao goberno en maio deste ano)
Ano 2008 ... 740.000 euros (aqui xa colleron carrerilla)
Ano 2009 ... 812.916 euros (toda unha xeira de consolidación)
A estes números haberá que sumarlles posiblemente o que se pagaría a Anónimo Publicidade con motivo da candidatura viguesa á Universiada e que escapou ao control municipal ao utilizarse a maior "flexibilidade" para o gasto da Fundación Vigo Deporte, coa que asinou un convenio, aportando o Concello un 1 millón de euros que escaparon á fiscalización máis "dura" da intervención municipal.
A contratación desta empresa non é ningunha casualidade. A relación do BNG con Anónimo Publicidade vén dos tempos nos que era alcalde Lois Pérez Castrillo, que só no período 2000 a 2003 contratoulles a frioleira de 2.479.626,60 euros (sí, lén ben), na súa maior parte tamén, claro, a base de contratos directos sen publicidade nin concorrencia, con contratos de menor coantía sucesivos e descarados fraccionamentos.
Ano 2000 .......... 511.283 euros
Ano 2001-2002 ... 1.437.590,94 euros
Ano 2003 .......... 530.752,70 euros
Por se isto fose pouco, para que sirva de xugosa anécdota, Anónimo Publicidade tivo o descaro de solicitar en 2010 a subvención da Tenencia de Alcaldía (Comercio) convocada por Santiago Domínguez para compensar os efectos da crise económica e das obras na cidade.
A relación do BNG con Anónimo Publicidade consolídase en lazos aínda máis fraternais cando en 2003 o BNG, asfixiado nun pequeno local nun piso da rúa Marqués de Valladares, "decide" cambiar de sede e... alhop! mércalle (?) a Anónimo Publicidade o seu local daquela situado na rúa Celso Emilio Ferreiro, 3 -baixo, actual sede do BNG local. Claro que tamén Anónimo Publicidade, ben fornecida polos contratos millonarios de Castrillo, poido facer daquela unha considerable mellora: un gran chalet na rúa Camelias, 17-19 nas mesma ladeira do Castro.
Ver mapa más grande
Cal é a relación que existe entre a Campaña eleitoral do BNG en Vigo e os pagamentos millonarios a Anónimo Publicidade nos períodos 1999-2003 e 2007-2010 nos que o BNG gobernou na nosa cidade con acceso a coantiosas partidas para gastos publicitarios?
A sospeita de que os contratos de publicidade son un dos principais xeitos de financiamento ilegal dos partidos que parasitan as nosas institucións, non só é unha constatación na trama Gurtel (por certo, con imputados por cuestións de aínda menor coantía cá dos gastos que estamos a denunciar). Só con darse un pequeno paseo polos datos publicados en Vigoblog dende o ano 2005 sobre os gastos en publicidade do BNG, PSOE e PP, fai que a sospeita se transforme nunha cuasicerteza.
Paulo Carlos López, Sumar: "Ante os que dicían que eramos flor dun día,
aquí estamos"
-
Verónica Martínez Barbeiro e Paulo Carlos López, elixidos por unanimidade
para liderar Sumar Galicia. Co apoio de Yolanda Díaz, comprometéronse a
implantar...
18 comentarios:
Esta información vaime ser valiosísima. Grazas.
Non, pero alguns da UPG non perdoan estas cousiñas nen as amenazas de dimisión.
Din fontes internas, que a noite electoral si o Santi non pasa de tres, ¡Que non vai pasar! Vanlle cortar o pescozo na misma porta da sala de festas e xa non tendra que dimitir e de paso xa ocupa o seu lugar Olaia Veloso como eles querian.
Perdon.
Iolanda, Iolanda Veloso que e a que lle impuseron de segunda na lista tras o dimisionario Santi.
Unha estratexia suicida
Mira que sodes nuliños e non vos enteirades. Anónimo non era propietario de tal local en Celso Emilio Ferreiro 3, basta con ir ao rexistro da propiedade, os propietarios son os das fotocopiadoras do nº1, teñen os baixos todos do 1 e o 3.
E o chalé de Camelias é sede de empresa e vivenda do dono, todo xuntiño, e todo hipotecado.
Faciliño todo de comprobar, se hai interese por tal facer.
Que si, Carlangas, que son todo casualidades, e o resto, pois que hai moito mal pensado ...
Así vai o país, cheo de interesados e atontados.
Por certo, ¿comprobaches tamén as cifras que aportan os "nuliños"?, porque se son certas, menuda panda de cacos -galegos, eso si, aínda que o seu lider local fale unha variante bastante española do idioma propio, pero cacos ao fin e ao cabo-.
E a estes, que se supón que non son os outros, debemos esixirlle algo máis no seu comportamento como xestores públicos, porque se non, qué máis ten ...
Carlanga, e logo non seran testaferros como Pancho o cervezas ex asesor de Santi no Concello e xerente do grupo cintia?
Prejunto
O local é alugado, non o teñen en propiedade, listillos.
Carlangas, debo dicirche que o chalé de Camelias non é vivenda do dono todo xuntiño. Dígocho eu que estiven alí dentro, e estaba todo moi ocupado de despachos e non había sitio para dormitorios, salóns e armarios empotrados.
Pois iso, igual eles foron uns nuliños co local do BNG, pero ti fuches un nulazo diciendo que o chalé e sede da empresa e vivenda do dono...
Ah claro, que ías entrar ata o salón da casa...
Moi doado de comprobar, ídevos ao rexistro da propiedade, celso emilio ferreiro 1 e 3, e camelias 17-19...
O local do BNG non é mesmo que o que tiña Anónimo, ese está ocupado polos donos, os das fotocopias.
Hai que contrastar a información antes de deitar a letras!
Carlangas, é adorable o teu empecinamento en desviar a atención do principal:
1. Castrillo iniciou unha "fructífera" relación coa empresa Anónimo Publicidad, "contratando" só entre 2000 e 2003 preto de 2,5 millóns de euros. A maior parte desta cantidade contratouse sen publicidade nin concorrencia. ¿tes tanta información ao respecto como sobre onde quedan os cuartos do chalet? Isto non nono atoparás no rexistro da propiedade, pero como vexo que tes doado acceso aos rexistros oficiais, consulta, por exemplo, na delegación de facenda, nos servizos económicos do Concello ou presgúntaslle, en confianza, a Castrillo ou a Toba.
2. Xusto antes de deixar a alcaldía Castrillo, o BNG cambia o seu local en Vigo e pásao a un local no mesmo enderezo que tiña Anónimo. Solprende este cambio, pois o local elixido nin está ben situado nin é un bo local para un partido político con presenza no goberno. Se cadra colleuno porque saíalle barato, penso eu.
3. Casualmente Anónimo Publicidade faille a campaña a Santi en 2007. ¿sabes canto costou? A que non se che ocorre por que se elixíu a Anónimo...?
4. O que as Concellerías do BNG se gastaron en Anónimo, repásao máis enriba. Que che confirmen os datos que viven no chalet do Castro, pode ser que nos confundísemos nun par de euros ou nalgúns céntimos.
En calquera caso, non te preocupes, hai máis datos que gustosamente poderemos proporcionarche amablemente. Só tes que pidir.
Carlangas;
Non, non entrei ata o salón da casa, como moito entrei ata a miña mesa e o meu ordenador. Entendes? Eu estiven traballando nesa empresa, estiven alí dentro, e pode que no rexistro da propiedad poña que tamén é a súa vivenda, pero non é así. O chalé non é a vivenda do dono, só é a sede da empresa. Se queres un día entras, e cando atopes o salón ou o seu dormitorio (vamos, a cama onde durme todos os días segundo ti) volves e escríbenos.
¿ Quien está detrás de Anónimo Publicidad ? Claro que es muy importante saber y saber donde está la corrupción y financiación de los partidos, pero principalmente de los que se financian con dinero público.
Muy buena vuestra investigación ya que la prensa y medios no ponen nada de su parte pues les vale con parte o casi todo el pastel.
Por favor seguid así y que al menos tengamos información que nadie desmiente.
Saludos.
Ataturk
Ver como recolle a información o diario El País
Eu me parto con vos os "libeleiros".
Poñedes como fonte ao xornalista de El Pais que vos colle como fonte a vos. Canto rigor...
O rexistro da propiedade é público, non está restrinxido, e se queredes coñecer propietarios de Celso E Ferreiro 1-3 e Avd. Camelias 17-19 só tedes que ir, comprobalo e rectificar.
Pero iso non vai ocorrer, verdade?
Eu non teño nin idea de canto gastou o Santi con Anónimo, iso está nas contas do concello, é doado de ver.
É moi curioso a relación que facedes coa campaña, e os gastos. Xa que tedes a info publicadea... senon o facedes será porque é o que é isto "un libelo".
Logo Anónimo debeu quedar a dúas velas despois da ruptura con Ventura e o paso á oposición. E non pecha a empresa, pero non dependía tanto... e logo como sobrevive catro anos, será que ten actividade mais aló d o que fai para o Concello... non me cadra nada do que contades.
O BNG mudouse a primeiros de 2002, e as eleccións foron en maio de 2003.
Antes andaban por un pisiño cochambroso de M. de Valladares polo o que o propietario ourensano lle cobraba unha pasta, e liscaron a un sitio ben máis digno e salubre.
E os medios de comunicación encantados, máis accesíbel e agradábel....
O que pagan nin idea, pregúntalle aos propietarios: Grupo NEA.
Vai ser que descobrestes a pólvora...
"Eu non teño nin idea de canto gastou o Santi con Anónimo, iso está nas contas do concello, é doado de ver": ese traballo xa o fixemos nós por ti, non tes máis que lér o post. Esta información, nin a publicada polo País foi nunca desmentida polo BNG, só -faltaría máis- descalificada.
Publicar un comentario