IX ÉPOCA

14.2.10

Trapalladas Domínguez

A Alameda de Vigo é un dos xardíns urbanos históricos máis antigos e bellos de Galicia. É dunha inorme fraxilidade e delicadeza e está catalogado con protección integral dentro do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo
Debe ser por iso polo que estas mentes sensibles e cultas o tratan así nestes días de Entroido:




Debo confesar, en todo caso, a miña debilidade por "Palcos y Carpas Bouzón", polo coidado e a fina estética do material.

11 comentarios:

renlon dixo...

LAMENTABLE!

Y como veo la fuente central del parque sigue sin funcionar. Cuanto tiempo lleva sin funcionar??? es penoso.

Por cierto ya que hablas de cagadas y parques se podria hablar por las atracciones que parecen abandonadas instaladas por alcaldia en Castrelos.

Pero que respesto se le da a nuestros parque??? ya respondo yo ninguno. En fin lo dicho lamentable.

Chato de Candean. dixo...

Bos días rapaciños!!!

Pablo Eifonso, Sempre concordo cos teus finos e afiados "post" ou artículos pro neste, só concordo no do "coidado e a fina estética do material" de "Palcos y Carpas Bouzón", que non é moito pior que o aspecto que ofrece (e durante todo o ano) esa papeleira e o bordiño que se ve no angulo dereito da segunda fotografía, a veira das "plumas" da propaganda da "Tenencia" que aínda estaban no chan. E polo menos, seguro que eses palcos resultarán máis baratos que aqueloutro que se ve ao fondo (que semella pintado coa bandeira de España) e que xa foi vendido outra volta o ano pasado, (o mesmo que a "Comparsa Rexia" e a carroza, que tamén é a mesma que a do ano pasado só que sen o do estandarte que abría o desfile. Esperemos que alomenos foran vendidas máis baratas que o ano pasado ao ser de "segunda man".

Penso que a Alameda de Vigo, o mesmo que todas as alamedas, é pra o desfrute da xente, e ahí neses días xúntanse miles de persoas cos nenos. De se rspetan os "parterres" e as prantas é cousa da formación e sensibilidade de cada un, senón, taamén poderíamos poñer en solfa o da "Feira do Libro" e os casetiños que alí montan.

Ata outra, que teñades unha boa tarde!

Pablo Eifonso dixo...

O da Alameda é un problema de "capacidade de acollida". Este concepto, moi usado en avaliación de espazos naturais, serve tamén para este espazo. Vén sendo o "nivel de uso dunha zona por parte dos seus visitantes que se pode tolerar con niveis elevados de satisfacción e impacto escaso". Isto significa que hai espazos que soportan ou non segundo que actividades sen poñer en perigo os seus valores propios (neste caso os botánicos e históricos que xustifican a súa catalogación como xardín histórico). A Alameda non é unha "zona verde", e un legado urbano que debemos conservar, con usos compatibles -que son moitos-. A ninguén se lle ocurriría montar unha feira así no Retiro de Madrid (onde agás a Feira do Libro -e esta con reticencias e forte control- están prohibidos usos deste tipo- nin nos xardíns do Pazo de Castrelos.

Moito me temo que a capacidade de acollida da Alameda non dea para este tipo de uso intensivo con ocupación masiva e colocación de chiringuitadas de dudoso gusto. Para iso hai espazos que aturan mellor esa presión, sen ir máis lonxe, As Avenidas, aí ao lado.

Gamela dixo...

Polo que se ve SantiDominguez segue empeñado en convertir Vigo na súa Aldea. Xa nas festas de Agosto tivo varias actuacións semellantes, polo CUTRE e non dá aprendido !

Pero seguramente os cartos pagados son unha verdadeira fantasía...

Festas no Castro

Gamela dixo...

Pablo se queres colaborar con VigoDenuncia as dúas primeiras fotografías serían un bo documento gráfico dun VIGO INDECENTE !

VigoDenuncia

Este grupo está aberto a cantos queirades colaborar na denuncia de tódalas MISERIAS que soporta esta Cidade, por culpa dos seus noxentos xestores.

Saúde.

Gamela dixo...

Esquecíame de reseñar outra resposta intelixente do tandem SantiDosio S.L.

Preguntei ao TenenteAlcalde sobre o procedemento para Repoboar o CascoVello, aquí tedes a súa "intelixente" resposta:

En canto a túa pregunta a respecto dos edificios, direixe que a maioría son do Consorcio do Casco Vello que como saberás agora está presidido pola delegada da Xunta en Vigo. No anterior mandato, cando o BNG xestionaba a Consellería de Vivenda e puxo en marcha a rehabilitación de edificios do barrio, a finalidade era que esas vivendas se destinaran ao alugueiro a través da bolsa de vivendas que xestionaba a Consellería. Agora estamos agradando a que a Xunta defina se quere seguir con ese proxecto ou ten outros plans. http://blog.santidominguez.com/opina/#comment-3924


E novamente sobre o tema da Pinacoteca volve responder que vaiamos ao xulgado se hai probas do que se afirma en VigoBlog:

http://blog.santidominguez.com/opina/#comment-4002

Estaría ben facerlle caso !

Marcos Andion dixo...

Lo que no entiendo muy bien (o sí) es por qué Santidominguez no sigue su recomendación y acude al juzgado para denunciarnos por injurias, calumnias o lo que se le ocurra.Nos encantaría defendernos en tal caso.
Nosotros estamos protegidos por dos principios jurídicos básicos que nos eximen de culpa: el "animus informandi" y la "exceptio veritatis". O sea, sólo pretendemos informar, y nos respalda la verdad.
¿Puede Santi decir lo mismo sin mentir?

CELESTE dixo...

Un aviso para el topo de VB, tengo una compañera de parque infantil que cobró del concello de Vigo una factura de un restaurante de Santiago de Vigo que no daré el nombre para no hacerle publicidad; esta mujer tiene las ayudas al consumo por renta baja y madre monoparental que da el departamento que dirige el BNG y que tanto alardea el concejal Santiago Dominguez.
Pues resulta que la asociacion de hosteleros y comerciantes Santiago de Vigo solo están los bares y el restaurante que es propietario el gerente que es asesor del concejal Santiago Dominguez, el famoso Pancho el cervezas, el que tambien está metido en el edificio de la Pinacoteca.
Sospecho que hay outra manera de financiar al asesor y sus empresas distintas a la compra de los edificios.
Bueno querido TOPO ponte a trabajar y seguro que descubres un escandalo mucho mayor que el de la pinacoteca.
Un aviso para navegantes.

Vigoblog dixo...

Gamela, sentímolo pero non temos conta en Flickr. En todo caso, as fotos e contidos orixinais de VB están baixo licencia Creative Commons e se poden utilizar sen problema citando procedencia.

Gamela dixo...

Gracias.

Subireinas a VigoDenuncia, e co voso permiso plaxiareivos o titular que está fantástico:

Trapalladas Domínguez !

É unha lástima que non participe máis xente no grupo, animádevos a abrir unha conta en Flickr !

Saúde

Anónimo dixo...

Isto ocurre pola pouca capacitación dalguns dos nosos políticos. O Santi podería ser, apurando un pouco, concelleiro dalgunha parroquia, se o queren. O que é inconcebible que esté decidindo nunha cidade da categoría de Vigo. Calquera visitante que pasaren pola Alameda eses días se levaria unha imaxe de "cutrez" da nosa cidade. Pero pensaría que estamos tolos se se entera que que o Santi é o concelleiro de Turismo. Turismo, cutrez e horterada non mixturan ben, así nos vai.