A incompetencia no deseño urbano. Unha das máis singulares perspectivas urbanas, a visión do Sireno co fondo do edificio Simeón dende a rúa Carral, mutilada por unha ridícula parada de bus.
A quen se lle ocorre poñer así unha das paradas del transporte urbano máis significativas? como é posible que eliminasen a gran marquesina da praza da Princesa para situar esta parada no pior lugar posible e o menos axeitado para que o seu uso produza sinerxias positivas para a rexeneración do Casco Vello?
A reforma da Porta do Sol, un proxecto sobre o corazón histórico da cidade, ten que ser o resultado dun traballo de reflexión complexo e de calidade. Ao final, os resultados son os previsibles dun proxecto elaborado nun mes por unha enxeñería e executado en tempo récord baixo a dirección dos capataces de obra.
Se cadra, a execución do encontro da Porta do Sol con Carral sexa o máis ilustrativo dun deseño e execución baseado na improvisación e a mala práctica constructiva. A solución das complicadísimas escaleiras e da rampa aportouna... o albanel de garda. E, a verdade, solucionoulle un problema irresoluble aos sesudos enxeñeiros de combate "autores" do proxecto (?).
Pero, nunha cidade como a nosa, unha reflexión así éche moito pedir.
Migrantes expulsados, sen rede de apoio e cunha difícil solución xudicial
-
As expulsións de migrantes de centros de acollida poderían continuar.
Migrantes de países como Senegal e Mauritania, que non se consideran en
guerra, tería...
5 comentarios:
Aquí protestamos moito pero onde hai que protestar é nas urnas. Como alguén puido crer na eficiencia de Caballero como alcalde tendo en conta o seu pésimo currículum como político? Como ministro,buaf. Como candidatoá Xunta,buaf....
Lembra que NON gañao as elciones.
Xa esta localizado o diseñador e constructor dos maceteiros peligrosos que amenazan con deixar mais dun mutilado na cidade.
Os mesmos foron tratados diante de unhas botellas de tinto por parte de Isaura Abelaidas, concellal de obras. Non podía ser de outra forma.
O ferreiro que as diseñou e fai, ten o taller en Vigo, moi preto de donde vive a concellala.
Seguiremos informando.
Ya lo dice el refrán:
de un hortera solo salen horteradas
de un paleto solo salen paletadas
de donde no hay no puede salir nada
Muy interesante vuestro trabajo y lo de los maceteros metálicos merece una investigación económica y de intereses políticos pues huele a cazo y desde luego a mal gusto y riesgo, sin contar el mantenimiento. esto último permitirá más beneficio para los encargos digitales.
Preparemos las elecciones y separemos a todos estos ínútiles del Concello.
Saludos.
Ataturk.
Publicar un comentario