IX ÉPOCA

7.12.09

"Esta ciudad parece fantasma"


Le decía, esta mañana, un turista a una turista: «Esta ciudad parece fantasma». ¿Por qué sería?
(Yo, seguí fotografiando.)

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Pues va ser verdad, en la calle Baiona, frente la gasolinera, hace cuatro días que las pusieron y hay un tramo que ya tienen un color verdoso.

Anónimo dixo...

Que alguien me lo explique:
¿Cómo es posible que un nacionalista prefiera la piedra de la China al granito de Porriño?.
¿Cómo es posible que un nacionalista rechace lo autóctono y aborrezca o noso?

Lalo (de volta das vacances) dixo...

Un nacionalista non, calquera!!..., a pedra do Porriño no chan das rúas sería un horreur!
En Madrid están poñendo desa mesma gris da China ou de onde sexa e están todos convencidos que é da do Porriño.
A gris que poñen no chan a pesares de ser fea de carallo ainda é preferibel a rosada de Atios, oh!
A ver se sabemos de qué falamos!

Anónimo dixo...

Se habla de ciudad fantasma y vuelta a hablar de Santi, la piedra chinesa y no sé que más. NON DESCANSADES.
Esa sensación de ciudad fantasma viene dada porque hay muchos de Ourense y Lugo que no se empadronan en Vigo, se manifiestan durante toda la semana pero, curiosamente, al llegar el fin de semana, desaparecen y se van al Alcampo, huy, quiero decir al campo.

Ramón Barrientos dixo...

O granito máis común nas rúas do Casco Vello é o chamado rústico, de tons algo dourados, procedentes de canteiras próximas. Nunca foi o gris alba... nin moito menos o rosa Porriño. Pódense distinguir ben os dous tipos de granito (o máis propio dos pavimentos do barrio e o recén colocado nas últimas "humanizacións") na praza da Princesa onde deixaron algo máis da metade co existente e o resto (cara a Carral), gris alba.
O ton máis cálido do granito rústico contrasta menos coas fachadas e fainas destacar ao non competir con elas, como fai o de ton máis claro. Ademais, ao ter un corte e unha buxarda industrial, pérdense tódlos matices, as luces e as sombras. O resultado das pavimentacións que acaban de facer (en moitos casos substituíndo pavimentos tradicionais en perfecto estado) producen unha sensación plana, acrescentada polo espallamento "anárquico" de tapas de rexistro.
En definitiva, unha pésima execución, sen criterio arquitectónico ningún, feita a machamartelo.

Remo dixo...

"Ramón", coido que ninguén discute (agás o "Voltaire" que a quere de Porriño ou Atios) que a pedra do chan das rúas viguesas procedía das canteiras próuximas (e non tan próuximas xa que a de Castrelos era máis fina pra labrar e está en moitas edificacións) aínda que o nome non é "rústica", que iso é polo piconado a pico e pode ser "Albero" ou de calqueira outro tipo. O nome é "silvestre morena" (polos ocres e dourados dos compoñentes de ferro e en contraposición a branca) e procedía maiormente das canteiras da Pasaxe que xa poucas quedarán. Por iso digo eu, en caso de empregar pedra autóutona -que sería o ideal- de onde ían a tirar tanta pedra como están empregando?..., xa que a única canteira que está en exprotación na actualidade nos arredores de Vigo e dá ese tipo de pedra é a de Chandebrito onde lle chaman "Silvestre do Alba" e xa levan máis de medio monte desfeito.

Ramón Barrientos dixo...

Efectivamente, o nome de "rústico" púxenllo eu asociando -cousas da idade, je je- o silvestre ao campo...
A selección da pedra é unha cousa moi importante na pavimentación. Non só por cuestións estéticas, senon fundamentalmente por funcionais: resistencia, dureza, porosidade (que condidiona a aparición de verdín...). A elección do gris alba e dun corte e acabado simétrico e expresamente industrial é -non hai máis que ver os resultados- claramente inaxeitada. Sinxelamente non percuraron a canteira axeitada e tiraron do/s mesmos proveedores cós que utilizaron para as novas pavimentacións do Ensanche... eles saberán o por que!. Canteiras doutro tipo de pedra más acorde coa tradicional do barrio debe haber (son consciente que non nas canteiras xa abandoadas próximas) porque a rúa Poboadore, dende o cruceiro ata San Vicente, a praza da Princesa, a praza de Pescadores, que eu recorde, foron pavimentadas hai poucos anos cunha pedra silvestre e pouco porosa (non aparece verdín que eu vexa dende aquela). Ou sexa, que esa pedra existe e é asequible. Por outra banda, se nos fixamos nas rúas que acabo de dicir, a pavimentación non ten nada que ver coa actual feito co Plan E, pois respecta formalmente o pavimentado tradicional, o corte e o acabado da pedra.
É ademáis inexplicable que se gastase tanta pedra en repavimentar rúas que estaban en perfecto estado, mesmo con outro tipo de pavimentos tradicionais: os lastros de Poboadores -subida-, a chapacuña de Ferrería. Unha auténtica desfeita, dende o meu punto de vista.

Remo dixo...

Olá!!
Niso non podo opinar porque aínda no tiven ocasión de pasar por Vigo dende que están con esas obras. Non cabe dúvida que a algún tratante de pedra veu-lle caralluda esta crise ou recesión ou o que sexa.

Saúdos!!

Lalo (de tarde) dixo...

Só concordo en que algún estáse facendo de pedra, digo de ouro!..., pro xa dixen que en Madrí están poñendo miles de metros cadrados desa mesma pedra e din que é do Porriño. Non vaiades pensar que é só cousa destes daquí.

Non sabía que os barcos usasen camisa, agás as dos pistóns do motor.

Anónimo dixo...

Pois claro que os barcos levan "camisas" dos pistóns dos motores e antes se fundián en Vigo, pero agora o parecer se fan en China e se venden dende Vigo